RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Desenvolvedores de Software Libre acordan unificar as versións de Debian-Edu e LinEx-Edu

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 16 de Abril de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 13

    http://www.mancomun.org/images/stories/debian.pngNo futuro non haberá novas versións de LinEx-Edu distintas ás de Debian-Edu. As versións para Educacións de ambas distribucións de software libre integrarán as mesmas aplicacións, que ademais serán desenvoltas a través de fórmulas colaborativas aínda máis afinadas. Esta é unha das conclusións que destacan os técnicos da Junta de Extremadura participantes na Work Sessions Extremadura 2008 que reuniu a fin de semana pasada na capital autonómica a dezasete dos integrantes do equipo de traballo de Debian-Edu procedentes de seis países distintos...

    [Ler máis]
  • Ecuador aproba o uso do SwL na administración pública

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Abril de 2008
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 22

    O Presidente da República de Ecuador, Rafael Correa, establece, mediante decreto, que a política pública para as entidades da administración pública central sexa a utilización do Software Libre nos seus sistemas e equipamentos informáticos. Neste decreto establécese tamén que, previamente á instalación do SwL nos equipos, as entidades da administración deberán comprobar a existencia da capacidade técnica para brindar soporte no uso deste tipo de software.

    Permiten o emprego do software privativo unicamente no caso de non existir unha solución libre que cumpra os requirimentos necesarios, no caso de risco para a seguridade nacional ou cando se trate dun proxecto nun punto de non retorno.

    [Ler máis]
  • Nova versión dos foros phpBB3

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Abril de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 38

    http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.pngA Ciberirmandade da Fala nos avisa da nova versión dun dos sistemas para foros máis estendidos, o phpBB3. Esta nova versión tamén conta con unha nova tradución ao galego revisada por eles mesmos a raíz dos erros detectados: "aproveitamos a ocasión de actualizar a tradución ao galego para facer unha pequena revisión xeral na que corriximos algúns erros da mesma, seguindo co traballo de mantemento que vimos facendo de continuo."...

    [Ler máis]
  • Publicados os informes sectoriais do uso do SwL en Galiza

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Abril de 2008
    • Valoración 4
    • Lecturas 21

    Software libre nas entidades- 2007Dentro das actividades de observación levadas a cabo por Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza destaca o estudo sobre o nivel de implantación do Software Libre na nosa comunidade. Este estudo abrangue catro ámbitos ben diferenciados: concellos, os centros de ensino non universitario, a PEME e a PEME TIC. 

    Hai algo máis dun mes publicamos o informe comparativo entre estes catro ámbitos, que nos daba unha boa idea da evolución ocorrida nestes dous últimos ano no uso do Software Libre en Galiza. Nos resultados dese informe percibíase que o aumento do uso do SwL nestes dous anos é unha constante en todos os ámbitos de estudo, deixando de ser unha tecnoloxía case exclusiva da PEME do sector TIC penetrando con forza nos demais sectores.

    Como xa comentamos entón, o máis destacable é a evolución da PEME onde se duplica o uso do SwL e dos Centros de Ensino onde se triplica. A esta evolución únese, por unha banda, que as entidades que usan o SwL están moi satisfeitas co seu uso de maneira que llo aconsellarían a outras entidades e, por outra, que a previsión de uso futuro é claramente positiva.

    Hoxe publicamos na sección do Observatorio os catro estudos individuais de cada sector nos que se presentan con maior detalle os resultados de cada un deles.

    Informe do uso do SwL na PEME
    Informe do uso do SwL na PEME TIC  
    Informe do uso do SwL nos Centros de Ensino
    Informe do uso do SwL nos Concellos

    [Ler máis]
  • O tribunal electoral de Brasil migra 430.000 terminais a GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 9 de Abril de 2008
    • Valoración 4
    • Lecturas 25

    O tribunal electoral de Brasil anunciou a migración de 430.000 terminais de votación electrónica a GNU/Linux e aplicacións abertas.

    As máquinas migrarán desde Microsoft Windows CE e VirtuOS a GNU/Linux, segundo citan co obxectivo de “cumprir os requisitos legais de seguridade e permitir auditorías”, ademais da redución do custo das licenzas. Expertos dos partidos políticos terán acceso ao software desde os meses de abril a setembro na procura de fallos e propostas de mellora.

    [Ler máis]
  • Ubuntu estará en 9000 computadores suízos

    Publicado por Mancomún
    Luns, 7 de Abril de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 38

    Desde o próximo curso, 9.000 computadores das escolas de Xenebra (Suíza) pasarán a ter Ubuntu como único sistema operativo instalado.

    O xornal “Tribune de Genève”, da devandita cidade informa que desde setembro deste mesmo ano, todos os computadores escolares que actualmente teñen instalado tanto Windows como GNU/Linux pasarán a ter instalado só GNU/Linux e usarase só Software Libre.

    [Ler máis]
  • Máis colexios catalans terán Software Libre nos seus computadores o vindeiro ano

    Publicado por Mancomún
    Venres, 4 de Abril de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 20

    Preto dun centenar de escolas de Cataluña poderán utilizar o próximo curso 2008-09 a distribución Linkat nos seus computadores, sistema ideado para o seu uso nos centros educativos e que é gratuíto.

    O departamento de Educació informou de que o uso deste programa estenderase a partir do próximo mes de setembro, despois de que no curso actual sexa posto a proba como proba piloto nunha vintena de colexios.

    [Ler máis]
  • O proxecto Decathlon busca voluntarios dispostos a traducir 10 programas nun ano

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 3 de Abril de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 23

    http://www.mancomun.org/images/stories/pootle.pngO proxecto Decathlon é un proxecto coordinado polo organización de tradución de software de Suráfrica que ten como obxectivo principal conseguir traducir 10 ou máis programas a distintos idiomas.

    Outros dos obxectivos son:

    • Crear ou asistir as comunidades de lingua a traducir software.
    • Promover as distintas linguas facendo que o software estea dispoñible nas mesmas.

    Os programas que se pretenden traducir, normalmente, terán unha cantidade de palabras a traducir entre 2.000 e 4.000. Non hai datas límites de tradución, senón o obxectivo global de lograr traducir durante este ano 10 programas a distintas linguas. O primeiro programa que comezarán a traducir será o FreeMind: http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/freemind.

     

    As traducións poderán facerse tanto de forma off-line, a través de ferramentas instaladas no computador como Kbabel, POEdit ou un simple editor de textos, así como de forma on-line e colaborativa a través dun servidor Pootle...

    [Ler máis]
  • O Ministerio de Cultura convoca axudas para a catalogación dixital mediante estándares abertos

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 3 de Abril de 2008
    • Valoración 5
    • Lecturas 19

    A Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura convoca axudas para a conservación de material cultural dixitalizado mediante repositorios, de acordo coa Open Archives Initiative. O prazo está aberto até o 30 de abril.

    A Open Archives Initiative pretende facilitar o acceso a artigos en electrónico ("e-print") e un incremento da dispoñibilidade dos mesmos para o mundo educativo...

    [Ler máis]
  • API de consulta para o Corpus de Mancomun

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Abril de 2008
    • Valoración 3.38
    • Lecturas 243

    http://www.mancomun.org/images/stories/corpus.jpg O corpus de Mancomún é un servizo que ata o de agora só se podía traballar con él facendo uso dun navegador. Agora é posible integrar o servizo dentro doutras aplicacións facilitando o traballo e realizando procuras sen ter que abrir o navegador.

    Para a integración co corpus de Mancomún desenvolvéronse dúas interfaces: unha vía XML e outra empregando XML-RPC. Deste xeito é posible facer procuras no Corpus dende outras aplicacións que fagan uso do servizo web e non limitarse a ter que utilizar o navegador web.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas