RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A Junta de Extremadura saca a concurso a versión LinEx Sector Público

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 28 de Maio de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 15

    A Junta de Estremadura anunciou que saca a concurso o proxecto de modernización da coñecida versión de LinEx que utilizan os empregados públicos.

    Desta forma, o goberno estremeño xa decidiu cara a onde orientar a evolución do LinEx SP (Sector Público), a versión da distribución estremeña de 'software' libre destinada a servir de plataforma tecnolóxica desde a que suplir completamente ao 'software' propietario nos 10.000 equipos informáticos que utilizan a diario os empregados públicos no sistema administrativo estremeño.

    O LinEx SP será, xa que logo, o que se chama 'cliente lixeiro de rede', unha versión derivada do LinEx estándar á que se alixeirou de todos aqueles paquetes de 'software' non relacionados co desempeño de tarefas de tipo administrativo...

    [Ler máis]
  • A Asociación de Empresas de SwL de Euskadi presenta o seu repositorio

    Publicado por Mancomún
    Luns, 26 de Maio de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 16

    Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi (ESLE) e a Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial (SPRI) presentarán o vindeiro xoves, 29 de Maio o novo repositorio de aplicacións libres de ESLE, co que se queren poñer a disposición de todas as empresas aplicacións de Software Libre e de código aberto, xunto coa súa documentación, creadas na comunidade autónoma vasca e dispoñibles de forma gratuita e universal. A presentación terá lugar no Parque Tecnolóxico de Zamudio.

     

    O que pretenden neste evento é dar a coñecer os servizos que ofrece o repositorio, así como os obxectivos e potencialidades do mesmo. Ademais, darán a coñecer o programa Kzlankidetza da SPRI, a través do cal se realizaron algúns dos desenvolvementos de software que poden atoparse no Repositorio de ESLE, e ao que poden adherirse as empresas e asociacións.

    [Ler máis]
  • Mancomún e Mozilla xa traballan conxuntamente

    Publicado por Mancomún
    Venres, 23 de Maio de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 71

    Tristan Nitot presidente da fundación Mozilla-europa

    Tal como ven de recoñecer públicamente Tristan Nitot, Presidente e co-fundador da Fundación Mozilla-Europa, "Mancomún, a Xunta e Mozilla traballan conxuntamente no mesmo sentido". Ratifícase deste xeito a iniciativa do Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) para coordenar oficialmente o equipo de localización ao galego dos produtos promovidos pola Fundación Mozilla. Esta proposta ven de recibir ademais o apoio da Consellería de Innovación e Industria para que o galego sexa un dos idiomas oficiais nas próximas versións do noso navegador favorito: o Mozilla Firefox.

    [Ler máis]
  • Reportaxe: Traducindo software ao galego

    Publicado por Mancomún
    Venres, 23 de Maio de 2008
    • Valoración 2.43
    • Lecturas 93

     Linux, OpenOffice.org, Firefox... falar de Software Libre e en galego xa non está só vedado aos “xenios” da informática. O fenómeno da programación libre irrompe cada vez con máis forza en todos os ámbitos e cada vez son máis as empresas e colectivos que vislumbran nesta filosofía unha nova fronte para a defensa das culturas minorizadas. Nesta ampla reportaxe analizamos qué é eso da localización de software, cal é o estado da comunidade que traduce o software que empregamos e contámolo todo sobre a recente polémica suscitada nos medios de comunicación acerca da tradución ao galego dun dos programas máis populares: o Firefox.

    [Ler máis]
  • Dispoñible para descarga Linkat 2.0

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 22 de Maio de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 36

    Está dispoñible para descarga a nova versión da distribución LinKat 2.0. Pode ser descarga desde o seu sitio web en forma de imaxe de DVD, aínda que tamén se distribúe na súa correspondiente caixa e co seu manual de usuario para todos os servizos educativos, formadores TIC e centro públicos dependentes do departamento de educación. Asemade, haberá tamén un buzón de correo a disposición de calquera outra organización ou entidade educativa que queira solicitar exemplares. 

    Entre as moitas novidades que incorpora destacan os efectos 3D do escritorio, máis de 50 novos programas dispoñibles e mellor compatibilidade co último hardware aparecido no mercado...

    [Ler máis]
  • O parque informático da ITV estremeña conclúe a migración a gnuLinEx

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 21 de Maio de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 13

    A aplicación con código aberto ITVLinEx prestará servizo para unha rede de estacións ITV pola que pasan ao ano máis de 400.000 vehículos de todo tipo

     

    A distribución estremeña de software libre, gnuLinEx, constitúe xa o soporte tecnolóxico a través do que a Consejería de Fomento da Junta de Extremadura xestiona integramente a rede de estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) repartidas polo territorio rexional.

     

    Isto será posible grazas á aplicación ITVLinEx, desenvolta no seu día por unha empresa estremeña a petición da Administración rexional.

     

    Esta versión da distribución libre estremeña gnuLinEx empaqueta aplicacións específicas para o desenvolvemento de labores orientadas tanto á xestión de tarefas administrativas relacionadas coa recollida de datos e emisión de informes dos vehículos inspeccionados, como coas que incumben aos técnicos responsables das liñas de inspección.

     

    [Ler máis]
  • Científicos europeos amosarán os avances acadados en GIS con Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 21 de Maio de 2008
    • Valoración 5
    • Lecturas 10

    Un grupo de científicos europeos amosarán os progresos acadados no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) con códigos abertos na conferencia que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Varsovia.

     

    Este conferencia está dirixida, entre outros, ás administracións públicas interesadas en aplicacións GIS desenvoltas con Software Libre e no seu uso. Con esta intención científicos búlgaros, húngaros, checos e polacos demostrarán a potencialidade e a utilidade destas aplicacións.

     

    A conferencia servirá tamén para expoñer os resultados preliminares do proxecto de investigación Cascadoss. Este estudo europeo ten como propósito a avaliación e a mellora das aplicacións GIS en Software Libre.

     

    [Ler máis]
  • O goberno rexional de Moscú migra o escritorio dos seus terminais a Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 21 de Maio de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 30

    A administración rexional de Moscú migrará centos dos seus terminais a Mandriva GNU/Linux e instalará OpenOffice.org noutros mil. Un número reducido de traballadores desta administración probará previamente a potencialidade do Software Libre para a posterior migración ao resto de computadores.

    O proxecto piloto pretende familiarizar ao persoal da administración pública coas alternativas ao software privativo. Deste xeito, tanto o persoal administrativo como os técnicos informáticos formaranse para o uso de Mandriva GNU/Linux e OpenOffice.org. A formación e o soporte técnico para a migración serán fornecidos por unha compañía rusa, Lynx, en coordinación coa delegación rusa de Mandriva .

     


    [Ler máis]
  • LinEx Lenix 2008

    Publicado por Mancomún
    Luns, 19 de Maio de 2008
    • Valoración 4
    • Lecturas 13

    A nova versión da distribución estremeña de Software Libre, LinEx Lenix 2008 será a primeira en acusar o xiro de timón que a Junta de Extremadura imprimiu ao proxecto LinEx que, a partir de agora, acentúa a súa integración e colaboración co proxecto Debian.

    A decisión adoptouse fai uns meses e quedou definitivamente perfilada en abril durante a celebración da Work Sessions Extremadura 2008 que reuniu en Mérida a unha vintena de desenvolvedores de Debian-EDU procedentes de Estados Unidos e Europa.

    Segundo afirma Daniel Campos, técnico do "Centro de Nuevas Iniciativas de la Junta de Extremadura",  o novo esquema de traballo está simplificado e facilita o desenvolvemento de LinEx 2008. "Hasta este momento dedicabámonos fundamentalmente a modificar e enriquecer coas nosas aportacións a base de Debian que tomábamos como punto de partida, cun custe tremendo en recursos de todo tipo. Debian Lenny, sen embargo, é un produto de software xa definitivo ao que só hai que incorporar as personalizacións para que resulte máis  sinxela de utilizar para o usuario medio...

    [Ler máis]
  • Dispoñible todo o material gráfico do evento ??G11n: eu traduzo o teu software?

    Publicado por Mancomún
    Venres, 16 de Maio de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 13

     As persoas que non puideron asistir á sesión de portas abertas do “G11n: eu traduzo o teu software” poden coñecer xa de primeira man todo o referente ao mesmo a través do material gráfico dispoñible no wiki do evento.

    As presentacións de cada un dos relatores poderán acompañarse de imaxes gráficas coa visualización das fotografías e os vídeos do evento facilitados por Mancomún. Todos estes vídeos están baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza 2.5

     

    Asemade, están xa expostas as propostas realizadas polos participantes na xornada de debate interno que tivo lugar o domingo 11 de maio.

     

     

     

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas