RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A OSL da UDC participa no Día da Ciencia na rúa o sábado 9 de maio na Coruña

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 1.86
    • Lecturas 291

    GalinuxA Oficina de Software Libre da UDC infórmanos:

    O sábado 9 de maio  celébrase o 14ª edición do Día da Ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita, dende ás 11 da mañá ata as 7 da tarde. A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña estará presente no evento, promocionado, informando e difundindo o software libre entre os asistentes.

    A OSL ten programado levar varios equipos informáticos cos que se asesorará a calquera persoa que mostre interese no software libre. Faranse demostracións de uso, configuración e instalación de aplicacións e de sistemas operativos libres, entre os que se destacará Galinux, do cal se repartirán CDs e trípticos entre os visitantes ao longo do día...

    [Ler máis]
  • Concurso 2009 da comunidade de SourceForge.net

    Publicado por fjrial
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 2.11
    • Lecturas 466

    sourceforge 2009Outro ano máis, SourceForge.net organiza o concurso no que decidirá que proxectos libres son os mellores dentro das distintas categorías do concurso.

    Para votar aos vosos proxectos favoritos só tedes que visitar a seguinte ligazón: SourceForge.net Community Choice Awards 2009 e votalos na/s categoría/s que desexedes.

    Este ano hai novas categorías dispoñíbeis para presentar os proxectos, aparte das xa existentes noutras edicións. A listaxe completa de categorías dos premios é a seguinte:
    ...

    [Ler máis]
  • A asociación Melisa organiza un obradoiro de Joomla en Arzúa

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 1.2
    • Lecturas 259

    Logotipo MelisaA Asociación de Software Libre de Melide, Melisa, organiza os vindeiros días 13 e 14 de maio un obradoiro de presentación do xestor de contidos web Joomla!, que terá lugar no Centro da Rede de Dinamización de Arzúa. Joomla! é un galardoado sistema de xestión de contidos que permite construír facilmente sitios web e potentes aplicativos en liña. Joomla! tamén era o xestor de contidos que usabamos en Mancomún anteriormente e que mantemos como arquivo para consultas na ligazón http://arquivo.mancomun.org.

    O curso terá unha duración total de seis horas, que se impartirán en horario de cinco a oito da tarde en cada unha das xornadas. A asistencia será de balde e os que así o desexen poderán levar o seu portátil para seguir as indicacións prácticas dende este.

    Os interesados poden inscribirse enviando un correo á Asociación (melisa.melide @ gmail.com), ou ben chamando directamente ao Centro da Rede de Dinamización de Arzúa (981 500 447), onde se tomará nota dos datos para asistir ao obradoiro.

    [Ler máis]
  • Aumenta a presenza do software libre nas entidades de Galicia

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 7 de Maio de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 379

    O Observatorio Galego da Sociedade da Información publicou en marzo, os resultados dos Estudos de implantación do software libre en Galicia correspondentes ao ano 2008. Nesta edición avaliouse, coa colaboración de Mancomún, a implantación do Software Libre nas empresas de Galicia - cun estudo específico das empresas de informática -, nos centros de ensino e nos concellos.

    O software libre en GaliciaO estudo comparativo destes catro ámbitos pon de relevo que dende o 2006 ata agora o software libre deixou de ser unha tecnoloxía exclusiva das empresas informáticas e foise incorporando ao resto de entidades.

    Así sucede no 67,6% dos centros de ensino e no 64,6% dos concellos. As empresas informáticas, onde a presenza do software libre partía xa dos valores máis altos, acada un índice de penetración do 69,3%. As pequenas e medianas empresas, cun 33,6%, seguen a ser o ámbito onde o software libre alcanza os niveis máis baixos de presenza, aínda que se rexistraron importantes adiantos.

    [Ler máis]
  • A GNOME Foundation tamén sofre os efectos da crise

    Publicado por ifreiria
    Xoves, 7 de Maio de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 232

    GNOMEEn tempos de crise económica, como os que estamos a vivir nestes momentos, case ninguén se libra de ter problemas financeiros de maior ou menor repercusión. O software libre tampouco é alleo a esta situación, ata o punto que a GNOME Foundation acaba de comunicar que precisa axuda económica a medio prazo para garantir a continuidade do bo traballo que están a desenvolver. Por isto están tratando de conseguir axudas e doazóns de toda a comunidade con iniciativas coma o caso de Friends of GNOME, onde calquera persoa pode doar 10 $ para contribuír á remuneración dos principais desenvolvedores de GNOME.

    Que a GNOME Foundation estea pasando por atrancos económicos é unha moi mala nova para a comunidade do software libre, xa que GNOME é un dos dos escritorios máis empregados nos sistemas GNU/Linux, entre eles o Galinux.

    [Ler máis]
  • Open Flash Chart, software libre para crear gráficas elegantes en Flash desde PHP, Java, Python, etc...

    Publicado por fjrial
    Xoves, 7 de Maio de 2009
    • Valoración 2.1
    • Lecturas 329

    Open Flash Chart é un aplicativo que permite a creación de gráficas en Flash dentro dos teus aplicativos e que ten bibliotecas para PHP, Python, Java, Perl, Ruby on Rails, Google WebToolkit e .Net. O aplicativo inclúe os fontes de todo o código (tamén van incluídas as do obxecto flash) liberadas baixo a licenza GPL.

    Nas gráficas poderás cargar os datos que desexes e elixir entre diversos tipos: de colores, de barras, de barras en 3D, por sectores, etc..

    Recentemente publicouse a versión 2 de Open Flash Chart, que entre outras novidades inclúe un gran cambio no esquema de desenvolvemento que fai que o aplicativo sexa máis robusto e permite unha mellor organización do código e do crecemento do proxecto. Ademais, unha das grandes novidades desta versión 2 é que usa JSON como ficheiro para a carga de datos. Con esta nova característica pódense facer cousas tales como as que podes atopar en http://code.google.com/p/ofcgwt/

    [Ler máis]
  • Melloras e novas funcionalidades en OpenOffice.org 3.1

    Publicado por meixome
    Mércores, 6 de Maio de 2009
    • Valoración 1.91
    • Lecturas 511

    OpenOffice.org

    Acaba de saír a nova versión 3.1 da suite de ofimática de referencia no ámbito do software libre.De momento só en inglés, pero OpenOffice.org xa está lista para facer felices aos seus usuarios do mundo enteiro con amplas melloras, especialmente de rendemento, novas funcionalidades, ampliacións, adaptacións locais e un gran número de correccións.

    A seguir presentamos unha reseña de todas estas melloras, segundo o anuncio oficial.

    Xerais:

    Mellora do aspecto en pantalla

    OpenOffice.org usará unha técnica chamada antialiasing para mellorar a maneira como se debuxa na pantalla (liñas, círculos, etc.) Notará unha mellora inmediata na claridade dos gráficos - principalmente gráficas - en calquera dos aplicativos de OpenOffice.org. Isto tamén supón a mellora da "xeométrica gráfica" -por exemplo, nos casos de subtracción dunha figura a outra para crear unha nova figura combinada. Máis detalles sobre isto en GullFOSS.

    Facendo o 'arrastre' dos gráficos máis doado

    Cando arrastre un obxecto nun deseño en toda a pantalla, OpenOffice.org mostra agora unha 'sombra' do obxecto, antes que só un contorno puntado. Isto fai moito máis doado colocar as imaxes con precisión cando temos debuxos complicados.

    [Ler máis]
  • Vala, unha nova linguaxe de programación

    Publicado por ifreiria
    Mércores, 6 de Maio de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 381

    Vala Vala é unha nova linguaxe de programación que pretende achegar características de programación modernas para desenvolvedores de GNOME sen impoñer requisitos adicionais en tempo de execución (máquina virtual) e sen empregar unha ABI diferente en comparación cos aplicativos e bibliotecas escritas en C. A síntaxe de Vala é similar a C# e é compatíbel coas seguintes características:

    • Interfaces

    • Propiedades

    • Sinais

    • Foreach

    • Expresións Lambda

    • Tipo de inferencia para as variábeis locais

    • Xenéricos

    • Tipos non nulos

    • Xestión de memoria asistida

    • Xestión de excepcións

    • Complementos

    Vala permite o acceso ás bibliotecas de C, sen necesidade de engadidos en tempo de execución, coma gtk# en C#, gtkmm en C++. So precisa un arquivo API(.vapi) para empregar unha biblioteca. Este arquivo contén a clase e o método das declaracións, e só é necesario no momento da compilación.

    [Ler máis]
  • A empresa galega SIXTEMA desenvolve o Noticiario Ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía

    Publicado por Mar
    Mércores, 6 de Maio de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 204

    O pasado día 25 de abril, a Sociedade Galega de Ornitoloxía  presentou o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, un Sistema de Información Xeográfica (SIX) para o avistamento de aves, desenvolvido pola empresa galega Sixtema. A principal novidade que achega esta ferramenta é a aplicación dos SIX ao campo da ornitoloxía co valor engadido de facelo empregando software libre adaptado por unha empresa galega.

    Noticiario ornitolóxico

    No acto de presentación, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou o interese xeral deste tipo de ferramentas, que permiten achegarse a un elevado número de usuarios, e serven para difundir a riqueza ambiental e de biodiversidade coa que conta a comunidade galega.

    [Ler máis]
  • 270 millóns de persoas usan Firefox

    Publicado por fjrial
    Mércores, 6 de Maio de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 269

    Firefox en galegoContar o número de persoas que usan determinado aplicativo nunca é unha tarefa sinxela, e desde a fundación Mozilla recoñecen que contar o número de persoas que usan Firefox é practicamente imposíbel, xa que non usan ningún tipo de identificador especial. Aínda así, un membro do persoal de Mozilla publica no seu blogue uns datos que indican que, aproximadamente, 270 millóns de usuarios usan o seu navegador Firefox.

    Segundo conta o desenvolvedor, a forma de facer o cálculo é a seguinte: as descargas non son exactas, xa que as descargas poden incluír a un mesmo usuario que baixou/actualizou algunha das versións de Mozilla, por iso o que fan é contar o número de conexións ao seu servizo de actualizacións (AUS, Application Update Service). O AUS é o servizo ao que o navegador Firefox se conecta automaticamente unha vez ao día para buscar actualizacións. A cifra de usuarios que se conectan cada día ronda os 90 millóns. Como parte da operación matemática, Mozilla multiplica este número por 3 (de aí que saian os 270 millóns) para tratar de obter o número máis aproximado. A multiplicación por 3 fana xa que consideran que non todos os usuarios que teñen instalado Firefox no seu computador son usuarios que están activos todos os días, polo que poden botar varios días sen conectarse.

    Ademais, tamén indican que este número é bastante conservador, xa que nos últimos días lograron cifras de 98 millóns conectándose ao servizo AUS, que si os multiplicaramos por 3, nos darían un total de 294 millóns de usuarios...

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas