RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Obradoiro sobre como converter os datos do Catastro en mapas para o OpenStreetMap

    Publicado por Mancomún
    Venres, 4 de Maio de 2012
    • Valoración 2.57
    • Lecturas 725

    Logo de xeoinquedosHoxe, 4 de maio, a partires das 16:00 horas na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, a asociación Xeoinquedos impartirá un obradoiro sobre como empregar a ferramenta cat2osm para a partir da información cartográfica descargable dende a sede do Catastro convertela en ficheiros .osm que posteriormente poden subirse ao proxecto OpenStreetMap. O obxectivo perseguido é introducir toda a información posible dentro deste proxecto.

    cat2osm é unha ferramenta, desenvolvida por Ander Pijoan de DeustoTech Energy e distribuída con licenza libre.

    A finalidade do obradoiro é o achegamento aos participantes aos procesos de importación da información mediante cat2osm. Explicarase dun xeito práctico todo o proceso, dende a descarga dos datos da web do Catastro, para o que é preciso dispor ou ben do e-DNI ou ben dun certificado emitido pola FNMT, ata a creación do ficheiro .osm co que poder traballar.

    [Ler máis]
  • Programa definitivo das Xornadas Multimedia de GPUL

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Maio de 2012
    • Valoración 3
    • Lecturas 422

    Cartel das V Xornadas MultimediaEste sábado 5 de maio de 16:00 a 20:30 horas celébranse na Facultade de Informática da Coruña (Aula de Graos, andar 2 / Salón de Actos, andar 0) as V Xornadas Multimedia das que xa vos falamos cando abriron o prazo de remisión de propostas.

    Durante a tarde do sábado todas aquelas persoas con interese no campo da multimedia en software libre terán unha excelente oportunida de achegarse a este interesante campo ao redor de charlas, obradoiros e concursos con contidos de corte multimedia.

    O programa destas xornadas é o seguinte:

    [Ler máis]
  • O Proxecto Trasno ofrécenos a nova Ubuntu 12.04 en galego

    Publicado por Mancomún
    Venres, 27 de Abril de 2012
    • Valoración 2.2
    • Lecturas 715

    Logotipo de TrasnoO Proxecto Trasno presenta no seu web un dos grandes fitos do software libre en galego: a nova versión 12.04 LTS de Ubuntu.

    Trátase da nova versión con mantemento de longa duración, polo que terá actualizacións durante os vindeiros 5 anos, relevando así á Ubuntu LTS 10.04. Para os tradutores vinculados ao Proxecto Trasno, esta versión supón o peche dun círculo de ampliación e mellora constante da presenza do galego na máis popular das versións de GNU/Linux.

    A tradución de Ubuntu é unha das máis transcendentes obras colectivas de tradución de software de Galicia, xa que nela conflúen moitos dos esforzos de varios dos aplicativos en galego máis populares (Firefox, Thunderbird, Gnome, KDE, LibreOffice, etc), todos eles coordinados pola comunidade galega de tradución de software libre, vinculada ao Proxecto Trasno.

    Así unha vez máis felicitamos ás persoas que conforman dita comunidade pola súa espectacular labor, o seu esforzo totalmente altruista a prol do fortalezemento da presenza da nosa lingua nas novas tecnoloxías así como ao asentamento da nova terminoloxía na nosa lingua.

    Nesta nova versión o galego mantense nun máis que digno 18º posto na lista de linguas que acadan un maior nivel de adaptación e localización malia o pequeno número de voluntarios incorporados ultimamente a este esforzo, o que impide completar o proceso dese 96% actual ata o óptimo e desexable 100%.

    Dende Trasno aproveitan a ocasión para facer un chamamento público a todos e todas os  que cun pouco de interese e constancia poderían supoñer o necesario relevo para manter o galego neste privilexiado nivel.

    Todo o necesario para axudar nesta encomiable labor é poñerse en contacto con eles a través da súa lista de correo ou das súas canles en Facebook ou Google+ por exemplo e gustosamente servirán de compañeiros e guías ou, mellor aínda, directamente na comunidade de tradución ao galego de Ubuntu.

    [Ler máis]
  • Pensar en software libre é pensar en eficiencia e eficacia

    Publicado por Mancomún
    Venres, 20 de Abril de 2012
    • Valoración 2.61
    • Lecturas 598

    Alejandro Escobar, presidente de AGASOLAlejandro Escobar Díaz, presidente de AGASOL publica un artigo de opinión na sección iMit Opina que reproducimos a continuación.

    Pensar en software libre é pensar en eficiencia e eficacia no investimento en tecnoloxías da información: máis e mellores servizos a menor custo

    O actual contexto económico está a promover con máis intensidade ca nunca a adopción de solucións que sexan economicamente rendibles, pero que ao mesmo tempo estean preparadas en eficiencia e calidade para competir nun mercado cada vez máis especializado e esixente.

    No ámbito do software libre en particular, esta filosofía da eficiencia económica e a calidade do produto é un trazo de identidade que sempre estivo presente, sen agardar á variación do momento económico. Mais é neste momento cando se fai máis visible a idoneidade de “pensar en software libre” á hora de planificar solucións de soporte informático tanto a pequena como a grande escala.

    A Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre -AGASOL- vén fortalecendo o tecido empresarial do software libre desenvolvendo proxectos que promoven as tecnoloxías opensource non só como alternativa por economía, senón por adaptabilidade e versatilidade dos produtos, e aplicacións de calidade. Esta promoción do software libre plásmase en catro eixos principais:

    1. a mellora da xestión
    2. a formación
    3. a internacionalización e colaboración internacional empresarial
    4. a aplicación a novos campos (o terceiro sector,...)

    Como ferramenta para a mellora da xestión empresarial, AGASOL deseñou un aplicativo web de software libre para a xestión de proxectos -Navalplan- nun estaleiro e en dúas empresas auxiliares. Isto foi posible ao abeiro dun convenio de colaboración que a asociación asinou coa SXMIT, encamiñado á promoción e desenvolvemento do software libre e o uso de estándares abertos en Galicia.

    No eido da educación, AGASOL é colaborador imprescindible do proxecto Abalar, que coordina a Consellería de Educación, e que consiste na integración das TIC no eido educativo implementando software libre nos equipos portátiles do alumnado e o profesorado, así como nos servidores dos centros educativos, para o cal é precisa unha constante formación en contidos dixitais, na que tamén participa AGASOL.

     

    [Ler máis]
  • O CPEIG presenta o estudo “Open Data e RISP, xerando valor social e económico”

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 18 de Abril de 2012
    • Valoración 2
    • Lecturas 397

    Portada do libro sobre Open Data do CPEIGO CPEIG, co apoio da Xunta de Galicia, vén de editar un estudo pioneiro que leva por título Open Data e RISP, xerando valor social e económico. Transparencia e innovación na eAdministración e que ao longo de 158 páxinas, analiza o contexto actual da iniciativa Open Data, desde as súas orixes e conceptos, o réxime xurídico da iniciativa Open Data, pasando pola opinión dos principais referentes do sector, e concluíndo cunha serie de reflexións e análises sobre o futuro da reutilización da información do sector público.

    O libro será presentado hoxe no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no contexto da Xornada Open Data, Oportunidades de Transparencia na Era da Información organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización de Galicia (Amtega).

    [Ler máis]
  • Google selecciona o proxecto galego e-cidadania para o Google Summer of Code

    Publicado por Mancomún
    Martes, 17 de Abril de 2012
    • Valoración 2.74
    • Lecturas 541

    Google organiza cada ano o Google Summer of Code, un programa internacional que conta entre os seus obxectivos tanto a integración de estudantes no mundo do desenvolvemento do software libre como colaborar con proxectos libres de interese xeral.

    Para isto, nunha primeira fase, Google selecciona de entre todos os proxectos libres que se presentan aqueles de maior interese e nunha segunda fase os estudantes solicitan colaborar nos proxectos que máis lles atraen. Finalmente, feito o emparellamento entre proxectos mentores e estudantes, estes traballarán durante 3 meses, coincidentes co período estival, subvencionados por Google para sacar adiante algunhas das ideas sobres as que traballar no proxecto escollido.

    Imaxe da plataforma e-cidadanía

    A empresa Cidadanía, membro de AGASOL, presentou o seu proxecto “e-cidadanía” e foi seleccionado entre as 180 organizacións participantes da edición GSOC12.

    Para AGASOL, “este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego”. O software libre galego terá voz propia, por vez primeira, no programa internacional que Google organiza cada ano marcando un novo fito das TIC galegas da man do software libre. Dende AGASOL felicitaron aos autores do proxecto e á empresa Cidadanía -a última incorporación á lista de socios de AGASOL- polo bo traballo desenvolvido e a senda de futuro aberta con este recoñecemento.

    [Ler máis]
  • Petición de contribucións para o Obradorio de Criptografía, privacidade e seguridade organizado por GPUL

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Abril de 2012
    • Valoración 2.22
    • Lecturas 494

    Logo de GPULDende GPUL abren o prazo de presentación de contribucións para participar no Obradoiro de criptografía, privacidade e seguridade, que se celebrará entre os días 14 e 16 de maio no que se tratarán temas relacionados co ámbito da privacidade, da seguridade e da cifraxe, sempre por suposto en torno ao software libre os estándares abertos ou mesmo a cultura libre. 

    Dende a organización abre hoxe o prazo para que calquera persoa interesada en realizar unha charla, un obradoiro ou algunha outra idea de colaboración poida remitirllo ao comité organizador.

    Aqueles interesados en achegar as súas propostas poden facelo ata o vindeiro día 28 de abril a través do formulario habilitado na plataforma de xestión de contribucións, previo rexistro no evento, atendendo ás seguintes instrucións.

    [Ler máis]
  • Trasno publica novas memorias de tradución dos proxectos que coordina

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Abril de 2012
    • Valoración 3
    • Lecturas 367

    Logotipo de TrasnoO proxecto Trasno acaba de facer públicas varias memorias de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) correspondentes ás traducións máis recentes realizadas por varios do proxectos de localización que se desenvolven ao abeiro do proxecto Trasno entre os que se atopan Mozilla Firefox e Thunderbird, LibreOffice ou GNOME. Estas incorpóranse á lista de memorias de tradución do Proxecto Trasno que inclúe xa máis de vinte memorias de tradución de diversos proxectos de software libre.

    Destacar que as novas memorias inclúen os cambios realizados para reflectir os últimos acordos de terminoloxía adoptados nas Trasnadas impulsadas polo Proxecto Trasno.

    Segundo explican dende Trasno, “Ao longo dos moitos anos de traballo do Proxecto Trasno traducíronse multitude de programas e proxectos de software libre, o que implicou a localización de centos de miles de cadeas de texto. Dado que ese gran número de traducións pode ser de grande axuda, desde o Proxecto Trasno queremos poñer á disposición de todas aquelas persoas interesadas as memorias de tradución en formato TMX que se xeraron para algúns dos proxectos, programas e documentación que se traduciu no Proxecto Trasno, ou noutros organismos ou empresas relacionadas co software libre.

    [Ler máis]
  • Xornada de difusión de Ainfovac en Melide

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Abril de 2012
    • Valoración 2.65
    • Lecturas 389

    Cartel das xornadas de Ainfovac en MelideA asociación Melisa informa que o vindeiro día 19 de abril terá lugar unha xornada de difusión sobre AinfoVac. A xornada celebrarase ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto en Melide, co obxectivo de dar a coñecer dita aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras. O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.

    A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra (Aula informática agraria) e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA.

    AinfoVac, como o propio José Manuel Campos explica neste vídeo, é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos produtivos, facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc. para o que conta cos módulos de:

    [Ler máis]
  • Redeiras, a nova rede social 100% software libre para o profesorado galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 10 de Abril de 2012
    • Valoración 2.4
    • Lecturas 800
    • A nova rede social será un espazo de encontro, de comunicación e colaboración entre os docentes

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de crear Redeiras, unha rede social, baseada 100% en software libre, para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc. como complemento á súa práctica educativa.

    RedeirasTrátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas