1.65
864 Segundo información publicada polo CESGA, as pemes manufactureiras de Galicia e norte de Portugal terán acceso á capacidade de supercomputación grazas ao proxecto CloudPYME.
Esta iniciativa liderada polo CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP permitirá ás pemes dos sectores metalúrxicos e metalomecánicos mellorar a súa competitividade internacional coa inclusión nos seus procesos de software libre CAD, CAE e simulación. O obxectivo do proxecto é deseñar, crear e probar unha infraestrutura sustentable de asistencia ás pemes do sector manufactureiro do sur de Galicia e norte de Portugal, para impulsar a innovación a través do uso de tecnoloxías avanzadas de deseño, enxeñaría e simulación por computador.
CloudPYME axudará ás empresas galegas e do Norte de Portugal a ter acceso a ferramentas que realmente poidan impulsar a innovación nos seus procesos e produtos. O fin último do proxecto é dotar ás empresas do coñecemento; facilitarlles o acceso a ferramentas de simulación sen custo de licenza que lles permitan mellorar os seus produtos con maior eficiencia e eficacia, a menor custo e nun tempo reducido; e proporcionarlles unha plataforma de soporte para a súa utilización.
2.06
1488
PortalProgramas organiza un ano máis os Premios PortalProgramas ao Mellor software libre 2011, que van xa pola súa terceira edición. Estes premios queren recoñecer aos proxectos de software libre que máis teñen contribuído ao avance tecnolóxico durante este año. A motivación destes premios, segundo informan no propio portal, é servir de agradecemento aos esforzo e paixón da comunidade que hai detrás de cada proxecto de software libre, quen día a día adícalle o seu tempo e coñecemento.
Estes premios dende a súa segunda edición ceden o protagonismo aos propios usuarios dos proxectos, pois son quen mellor saben valoralos. Así son eles mesmos quen presentan, nunha primeira fase, os seus candidatos, que serán validados polos organizadores dos premios, comprobando que se axustan ás bases do concurso, e que posteriormente sométense a unha segunda fase de votación.
Este ano hai 8 categorías diferentes para as que os usuarios puideron presentar os seus proxectos candidatos ata o 1 de decembro: Software libre máis popular, Máis revolucionario, Maior potencial de crecemento, Esencial para a Web, Esencial para a tecnoloxía, Esencial para a comunicación, Esencial para redes de comunicación, Esencial para empresas.
[Ler máis]
1.74
691
Mañá venres 25 de novembro dende as 16:00 horas celebraranse no Centro Social Novacaixagalicia, na rúa Policarpo Sanz 24-26 en Vigo as xornadas sobre «Desenvolvemento Web, PHP, HTML5 e Symfony2» organizadas pola asociación GALPon e coa colaboración de Novacaixagalicia, Ultreia e Tegnix
Estas xornadas teñen como obxectivo fomentar o interese sobre o excelente «framework» Symfony e crear unha comunidade activa ao seu redor con vistas a celebrar “meetups” periódicas, coñecer as necesidades de empresas e profesionais respecto á súa formación nesta ferramenta, así como coñecer empresas a nivel nacional, realizar «networking» e en resumen sentar os alicerces dunha iniciativa de colaboración profesional.
Symfony2 é un «framework» de desenvolvemento web PHP, mais tamén é unha filosofía de traballo e unha comunidade próspera. Symfony2 é moito máis rápido que outros frameworks, proporcionando unha flexibilidade e escalabilidade extraordinarias. Está a espertar moito interese como demostra o éxito das xornadas en Castellón realizadas os pasados días 1,2 3 de xullo do 2011, que contaron cunha participación duns 170 asistentes, superando ás do ano anterior, así como o éxito de convocatoria destas xornadas a celebrar en Vigo que superaron todas as expectativas, e para as que houbo que pechar a inscrición aos poucos días de abrila por motivo de aforo, xa que se superaron os 50 inscritos para unha sala de 30 persoas.
[Ler máis]
2.85
796 Despois duns días de esforzos para solucionar os problemas técnicos atopados durante a fase de posta en produción da actualización do Repositorio de software libre da Xunta de Galicia, coñecido como a Forxa de mancomún, finalmente volve estar operativa cun aspecto completamente renovado e importantes melloras para os nosos usuarios tanto en usabilidade, como en calidade de servizo.
![]()
Unha das principais melloras vén dada pola migración do software sobre a que estaba implementada a Forxa , pasando do antigo GForge 4.5 ao máis recente e moderno FusionForge 5.0, proxecto que no 2009 continuou co desenvolvemento da versión libre de Gforge.
FusionForge 5.0 incorpora moitas novidades, melloras, corrección de erros,, ... posto que é froito do traballo de máis de 3 anos de desenvolvemento, entre as que podemos destacar a importante mellora no cumprimento coas directrices de accesibilidade, a inclusión de listado de todos os proxectos, a clasificación dos proxectos mediante etiquetas para xerar unha nube de etiquetas, dispoñibilidade de novas extensións que permiten traballar con distintos sistemas de control de versións, melloras no servizo de seguimento de incidencias, ...
[Ler máis]
2.38
518
Coincidindo coa celebración da Trasnada 11.1 en Vigo, Trasno fixo públicas as conclusións do Xurado dos Premios aos mellores PFC de desenvolvemento en aplicativos libres para a localización (l10n) así como o gañador do Premio, D. Leandro Regueiro Iglesias.
O Xurado estivo composto por:
Actuou como Secretario do mesmo, sen voz nin voto:
D. Miguel Anxo Bouzada, na súa calidade de Vicepresidente da «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno»
[Ler máis]
2.15
596
O equipo de coordinación do desenvolvemento de GALPon MiniNo convoca a II MiniNo DevConf para o vindeiro día 5 de novembro en Vigo. O obxectivo desta reunión de desenvolvedores e colaboradores do proxecto MiniNo é analizar a proposta de obxectivos definida para a próxima versión 2.0 da distro GALPon MiniNo.
GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux que en palabras dos seus desenvolvedores: “non pretende ser unha solución ultra rápida para equipos de última xeración, senón que busca ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixos recursos”. Aínda que as actuais versións de MiniNo cobren este obxectivo, o equipo de desenvolvemento quere poñerse mans á obra cunha nova versión na que afinar certos aspectos para facela máis sinxela, usable e fácil de manter.
[Ler máis]
2.16
592 [ACTUALIZADA: Por motivos alleos á organización, a Trasnada muda de lugar de celebración, pasando a celebrarse no local de Amigos da Terra, na rúa Policarpo Sanz, nº 17, entreplanta, Vigo]
O vindeiro sábado 12 de novembro, de 10:00 a 19:30 horas, a Asociación Trasno celebrará a terceira edición das Trasnadas, desta volta na cidade de Vigo, logo de térense celebrado as dúas edicións anteriores na vila de Ordes e en Ourense respectivamente.

A Trasnada é unha xornada de carácter cíclico, que serve de punto de encontro para os tradutores de software libre ao galego, con dous obxectivos fundamentais: fixar terminoloxía no ámbito da tradución para aumentar a calidade das tradución e servir de escaparate ao expor ao público o traballo destes voluntarios a prol da normalización da lingua galega nas tecnoloxías libres. Habitualmente resérvase tamén un espazo para a difusión e formación de novos interesados en colaborar na localización.
Os resultados destas xornadas soen ser glosarios terminolóxicos que logo son de aplicación nas traducións dos principais proxectos libres como Mozilla, Ubuntu, LibreOffice, Gnome, Kde, ...
[Ler máis]
2.78
495 A asociación Inestable de Ordes organiza un barcamp de Arduino o vindeiro sábado día 5 de novembro, co que esta asociación da un novo paso na súa relación coa temática relacionada cos robots realizando unha introdución na filosofía do hardware libre da man de Arduino.
Así, o pasado ano realizou obradoiros de programación de robots con software libre coa plataforma LeJos, e este ano xa se achegou a Arduino cun relatorio nas VIII Xornadas de Software Libre de Ordes.
O vindeiro sábado 5 de Novembro durante todo o día (de 0:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas) na Casa da Cultura de Ordes celebrarase unha xornada de introdución a Arduino co formato barcamp. Un Barcamp é unha reunión que xorde do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. Estrutúrase nu ambiente informal de forma que sexa posible a participación de xente con diversos perfís de coñecementos que sen a rixidez dun programa completamente pechado, poden intervir nas discusións, realizar demostracións, alentando en todo momento a interacción de todos os participantes.
Nesta ocasión cóntase coa presenza dos poñentes a Oscar González e a AlexTC de BricoGeek que exporán os seguintes temas:
2.29
476
Un mes despois da publicación da versión final GNOME 3.2 100% en galego grazas ao espectacular traballo de Fran Diéguez e do equipo de tradución de GNOME ao galego, a OSL da USC vén de publicar un completo informe da tradución de GNOME 3.2 ao galego.
Dentro do plan de actuación da OSL da USC figura a colaboración en proxectos de galeguización de software en resposta ao compromiso da oficina e da propia universidade co idioma galego. Así a OSL asigna parte da xornada laboral de Fran Diéguez, como técnico da mesma, a tarefas relacionadas co proxecto de tradución de GNOME ao galego. Froito deste traballo publícase agora este informe.

O informe resume os cambios, melloras e eventos que aconteceron ao longo do último ciclo de tradución. Entre outros puntos o informe relata o proceso de tradución, os cambios no proceso de revisión, estatísticas de número de cadeas traducidas ao longo das versións, capturas de pantalla do estado do proxecto no Damned Lies e finalmente as perspectivas de futuro para os vindeiros ciclos.
[Ler máis]
1.71
357 Máis de 30 técnicos da USC estanse formando no uso de sistemas de clonación con Clonezilla para mellorar a súa capacitación á hora de realizar as implantacións de arranque dual que a Oficina de Software Libre da USC está a dirixir en coordinación coa Área TIC da USC.

O plan de actuación da OSL para o fomento e difusión do software libre na comunidade universitaria ten como elemento vertebrador a distribución Ubuntu-USC. A través desta distribución, adaptada ás necesidades dos distintos colectivos da USC, a OSL está a crear os alicerces para acadar un despregue efectivo e real do software libre na USC.Nunha primeira fase do plan de implantación a medio prazo, estanse acometendo implantacións de arranque dual nas aulas de informática dos distintos centros, en estreita colaboración coa Área TIC da USC.
Un paso sen dúbida imprescindible para o éxito deste proceso é a adecuada formación aos técnicos informáticos da Área TIC para que adquiran os coñecementos necesarios tanto para xestionar e ofrecer asistencia á distribución de GNU/Linux como para realizar as implantacións de arranque dual.
[Ler máis]