2.71
407 Trasno anunciou o pasado día 6 no seu web o lanzamento de KDE 4.10. E como non, infórmannos que está dispoñible completo na nosa lingua!
Parabéns unha vez máis ao proxecto Trasno, e concretamente ao grupo de localización de KDE ao galego, coa coordinación de Marce Villarino e as traducións de Adrián Chaves, Xosé Calvo, Xabier Villar e Miguel Branco.

Segundo recollen no seu anuncio, este novo lanzamento trae canda si unha grande cantidade de novas funcións e aplicativos. O espazo de traballo Plasma 4.10 mellora a interacción con dispositivos móbiles e recibe melloras no deseño gráfico e visual. Os aplicativos de KDE melloran a súa usabilidade e rendemento. Finalmente de cara aos desenvolvedores, a nova plataforma de desenvolvemento KDE 4.10 incorpora máis APIs a QT Quick.
Trasno aproveita tamén para falar sobre os recentes lanzamentos da suite ofimática Calligra e do reprodutor de son Amarok, por suposto tamén integramente en galego.
[Ler máis]
2.91
430 A través da lista de guls soubemos que o Centro Social Novacaixagalicia pon en marcha en Vigo un novo programa de obradoiros dirixidos a profesionais e outras persoas con inquietudes formativas. Este programa consta dunha serie de accións formativas que preténden axudar, reforzar e cubrir as necesidades específicas e especializadas de formación a profesionais, traballadores en activo ou en busca de emprego, recén licenciados e a poboación en xeral. Segundo recolle a nota de prensa da Fundación Novacaixagalicia, os centros na Coruña e Santiago sumaranse proximamente a esta oferta formativa.
Dentro deste programa, un dos bloques está adicado á formación en novas tecnoloxías, web e redes sociais, no que o software libre ten unha forte presencia: Moodle, Linux, Drupal ...
Obradoiro Moodle para docentes. Nivel básico. Obradoiro de 10 horas de duración repartidas nos martes e xoves pola tarde, de 19:15 a 21:15 horas dende o 5 ata o 19 de febreiro.
[Ler máis]
2.78
594
Hai uns días informábamosvos de que a versión 3.5 de Wordpress estaba xa dispoñible coa interface de usuario en galego. Hoxe, o grupo de localización de WordPress ao galego avísanos que a nova versión 3.5.1 está xa dispoñible 100% en galego, incluíndo os menús de administración que quedaran pendentes na anterior ocasión.
A versión 3.5.1 é a primeira versión de mantemento da 3.5, na que se corrixiron 37 bugs. Tamén é unha versión de seguranza para todas as versión antigas de WordPress.
O grupo informa que continúa traballando a reo para dispor deste aplicativo líder na publicación de blogues. Con todo, recoñecen que o traballo non acaba aquí xa que é preciso corrixir os posibles erros na tradución así como estar pendente da versión 3.6 en desenvolvemento na que poden aparecer novas liñas para traducir. Tamén hai outros proxectos relacionados con WordPress que necesitan ser traducidos. Por todo isto solicitan a colaboración de todos os interesados en dispoñer de Wordpress en galego.
Os interesados en coñecer o detalle dos cambios que achega esta nova versión poden consultar a nota publicada polo grupo de Wordpress en galego, ou directamente a lista de tickets e o changelog.
[Ler máis]
2.23
437
Dende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux.
O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.
O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 17 de marzo de 2013 cunha duración de 30 horas repartidas en horario de luns a mércores de 15:00 a 17:00 horas.
O programa do obradoiro é o seguinte:
[Ler máis]
2.46
447 Mañá 23 de xaneiro celébrase en Madrid o Primeiro Encontro de Software de Fontes Abertas e Reutilización (SFA) dirixido o Sector Público. Este primeiro encontro está organizado conxuntamente por CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en Fuentes Abiertas) e red.es.
O obxectivo do encontro é dar a coñecer as principais experiencias nacionais e internacionais en materia de liberación de código e migración a software libre, así como as iniciativas de reutilización de software nas administracións públicas.
O evento reunirá a responsables das institucións organizadoras así como outras entidades colaboradoras e representantes dos gobernos das comunidades autónomas de Extremadura, Valencia, Andalucía e da Xunta de Galicia. Contarase tamén coa presencia de importantes personalidades internacionais neste ámbito como Carlo Daffara, investigador no campo da economía TI, Maria Antonia Brovelli, do proxecto WorldWind da NASA ou Malcolm Bain de Id law Partners.
Entrevistas previas aos participantes
Como anticipo á xornada os distintos participantes responden nunha serie de entrevistas ás preguntas de CENATIC sobre os aspectos máis destacados a tratar no evento.
Carlo Daffara, cofundador da consultora CloudWeavers, nos seu estudo sobre a Economía do Software libre, afirma que “a economía europea está aforrando 450.000 millóns de euros anuais utilizando Software Libre, y que a vantaxe do seu uso radica na posibilidade da súa reutilización e a alta calidade que proporciona”. Durante a entrevista concedida a CENATIC ademais estima que de todo o software utilizado nos últimos 5 anos en Europa, o 35% provén directamente do código aberto.
[Ler máis]
2.11
416 O pasado mes de decembro publicábase Wordpress 3.5 e esta semana, como podemos ver no portal de Trasno, grazas á comunidade de tradución de Wordpress ao galego xa podemos desfrutar desta última versión na nosa lingua.
Como podemos ler na páxina da comunidade galega de Wordpress, a tradución desta aplicativo á nosa lingua ten unha longa historia na que participaron moitas persoas ao longo do tempo, e que nas últimas versións vénse realizando a través de GlotPress, a ferramenta de tradución colaborativa de WordPress.
O núcleo de Worpress así como o novo tema Twenty-twelve están ao 100% en galego, mais a parte dos menús de administración e de administración de rede aínda non conseguiron superar o 75% da tradución polo que agradecen as achegas de todos aqueles interesados en poder empregar esta ferramenta integramente en galego. Para colaborar só é preciso rexistrarse no GlotPress cunha conta de usuario de WordPress e comezar a contribuír. É conveniente coordinarse co grupo de localización de WordPress ao galego.
[Ler máis]
2.4
770
O vindeiro 19 de xaneiro de 2013 terá lugar a V noite Drupal & GNU/Linux organizada unha vez máis polas asociacións GALPon (Pontevedra), Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e a Asociación Ociorum (A Coruña).
As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións, tomando a testemuña nas seguintes edicións a cidade de Vigo en xullo de 2011, Ordes en decembro de 2011 e A Coruña en marzo de 2012. Desta volta é a quenda de Narón como cidade anfitrioa da quinta edición da noite drupal, concretamente no local de Ada Formación, sito na rúa Santa Tecla.
A organización ten o firme convencemento de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta, polo que animan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.
[Ler máis]
2.27
377 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a colaborar co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) para liberar dous aplicativos desenvolvidos por este organismo e que están a ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Tráase do aplicativo de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativo de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.
A liberación destas ferramentas no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, permitirá crear unha comunidade de desenvolvemento e de usuarios ao redor delas, na que distintas empresas ou entidades poidan colaborar no seu mantemento e evolución, revertendo en beneficio de todos e permitindo xerar negocio.
[Ler máis]
1.71
848 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu a José Millán Soto da Universidade da Coruña o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre polo seu proxecto “Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE", proxecto que tiña por obxectivo dotar ao contorno de KDE das capacidades básicas de accesibilidade das que carecía, empregando como referencia os aplicativos Dolphin (xestor de ficheiros), Kmail (xestor de correo) e Kopete (xestor de mensaxería instantánea). Desta forma sería posible que fosen empregadas por persoas con algún tipo de diversidade funcional que lles impide ou dificulta o uso de ferramentas informáticas (discapacidades visuais, auditivas, etc.) Como consecuencia deste desenvolvemento existe un importante pulo ao redor da accesibilidade en KDE. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.000 euros patrocinada este ano pola empresa Igalia.
Ademais, a Asociación Cultural Trasno, colaboradora da iniciativa, outorgou a “Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC”, dotada con 800 euros, a Leandro Regueiro Iglesias da Universidade da Coruña polo proxecto "Terminator: aplicativo para a discusión colaborativa de terminoloxía utilizando tecnoloxías Web 2.0 e a infraestrutura de desenvolvemento web Django". Aplicativo web para a creación colaborativa de terminoloxías e glosarios multilingües que permitan realizar consultas de forma rápida e sinxela, exportar ao formato estándar para o intercambio de terminoloxía TBX (TermBase eXchange), ... Este proxecto pretende cubrir unha das necesidades específicas da comunidade galega de tradutores de software libre pero con utilidade segura para outras comunidades e idiomas. Actualmente o desenvolvedor está en contacto coa comunidade do proxecto Translate toolkit & Pootle para incluír a súa ferramenta en dita comunidade.
2.39
481 O equipo de desenvolvemento de LibrePlan infórmannos da recente publicación da web adicacada á nova adaptación sectorial de LibrePlan orientada á xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais: LibrePlan Audiovisual.
Este proxecto naceu da necesidade detectada no sector audiovisual de dispoñer dunha ferramenta que permitira estandarizar a creación de orzamentos de forma colaborativa e que facilitase o control dos desvíos sobre a estimación inicial, tanto en tempo como en custo, frecuentes na elaboración de produtos audiovisuais, solucionando problemas derivados do uso doutras ferramentas non específicas.
Así, Igalia e Wireless Galicia, coa colaboración do Cluster do Audiovisual de Galicia CLAG e cofinanciado con fondos públicos, puxéronse mans á obra. Tomando como base de partida o xestor web de proxectos LibrePlan, traballouse na súa adaptación co obxectivo de cubrir todas as etapas relacionadas coa definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos.
Logo de meses de traballo, o produto xa é está dispoñible a través da sección específica para o Audiovisual dentro da web do proxecto LibrePlan.
Ademais hoxe 23 de novembro, no Edificio Ágora de A Coruña estarán presentando o seu produto participando no VII Pitching "I+P Ideas para producir", xornada de exposición de proxectos e entrevistas one to one entre empresas e participantes individuais do sector audiovisual, organizada polo Cluster do Audiovisual de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de A Coruña.