En Mancomun.org acabamos de poñer dispoñible un corrector ortográfico para OpenOffice.org que inclúe soporte experimental para guionización (separación por sílabas) en galego. O de soporte experimental de guionización vén dado da natureza do mesmo, xa que é unha adaptación feita do ficheiro de guionización español.
Asemade, no Wiki publicamos un artigo chamado "Guionización: Comparativa das regras de guionización do galego e o español". Neste artigo, froito da colaboración con Imaxin|Software, publícanse as regras de guionización dun e doutro idioma para poder así adaptar este soporte experimental de guionización a unha versión xa definitiva...
Animamos a todos aqueles que teñan os coñecementos necesarios para adaptalo, a traballar neste proxecto, para o cal poden facer uso da páxina de discusión do artigo .