Existe un amplo abano de posibilidades para implantar un servizo de tenda virtual ou de carriño da compr
a empregando ferramentas libres en función de gustos e necesidades.
Por un lado existen unha serie de complementos para os CMS se xa dispoñemos dun. Por exemplo o Virtuemart como complemento perfecto para o Joomla ou o Ubercart para o Drupal.
Doutra banda, para todo o conxunto de blogueiros que usan Wordpress e que teñen a necesidade de vender algunha que outra cousa dende o seu blogue teñen varias opcións para escoller: eShop con integración con Paypal powered store, Quick Shop para ter un carriño de compra tipo widget, para a venda rápida de produtos concretos, WP e-Commerce que permite montar un sistema de tenda virtual sobre wordpress máis avanzado, para venda de produtos tanto físicos como virtuais como mp3, pdf, etc. ou IAC para Wordpress unha solución de carriño para wordpress que converte os posts e páxinas en produtos.
Mais se o que se pretende é montar unha tenda de zero hai outras opcións máis recomendables.
Entre os máis populares están :
Outras alternativas que contan con menos popularidade son:
Fonte: Blogue de Jordi Aller