SPIP 2.0 (Sistema para publicación por Internet) acaba de saír á luz tras 2 anos de desenvolvemento madurado. É un CMS con certas características que o fan diferente: nace dun movemento social solidario, igualitario, non técnico, a prol do web independente e proporciona recursos de calidade a centos de asociacións e institucións, especialmente de lingua francesa, pero tamén o podemos usar en galego, porque está 100 % traducido.
En SPIP fanse tanto webs de escolas como proxectos de arte e ensaio, pasando por webs corporativas, comerciais ou de empresa así como unha importante presenza na Administración.
Con cada nova versión SPIP faise máis doado de manexar e máis versátil tanto para as persoas que simplemente o usan para publicar coma para as desenvolvedoras. De feito é unha das súas características xa que resulta difícil atopar dous web con SPIP que se parezan.

Outra das súas mellores características é o seu enfoque cara o uso e a comunidade; a súa curva de aprendizaxe é suave de modo que permite comezar sendo un mero usuario e progresivamente ir adquirindo a capacidade de conseguir resultados absolutamente personalizados con contidos.
As novidades da versión cubren principalmente a confección dos esqueletos de presentación (templates) e á depuración do código que o van facer evolucionar máis rapidamente a partir de agora.
Se a instalación era simple, agora é aínda máis curta. Como sempre compatíbel con MySQL, PostGreSQL e SQLite. Tamén se simplifica a interface privada de xestión onde se fai uso profuso de Ajax para mellor confort do redactores. Unha vez instalado temos moito por descubrir:
- configuración de campos de contido
- restauración de copias de seguridade antigas, fusións, incrementais, parciais...
- xestión de plugins automáticos (á parte dos manuais9
- sistema de formularios de metodoloxía CVT (cargar, verificar, tratar)
- novo esqueleto predeterminado, tamén con funcións Ajax e moi parametrizábel (posibilidade de consultas complexas ás taboas da BD, adaptábel)
- utilización de varias bases de datos ou utilizar un único SPIP para múltiples webs (mutualización).
- URL personalizábeis
- Axudas visuais para o desenvolvedor de esqueletos, depuración, optimización, recálculo e tratamento de imaxes.
...
e por suposto unha comunidade multicultural e multilingüe que se encontra arredor das listas de distribución e o web de contribuíntes básico: http://www.spip-contrib.net
Outras referencias iniciais
- Webs de SPIP en galego
- Mostras de deseños