Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Curso de formación avanzada de eBox 
escrito por Mancomún o Venres, 21 de Novembro do 2008

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza - Mancomún, en colaboración con AGASOL, organiza un curso de formación avanzada de eBox, destinado a profesionais de empresas TIC galegas interesadas en ofrecer servizos de implantación sobre esta plataforma.

eboxeBox é unha aplicación de licenza libre que ten por obxectivo facilitar a administración dunha rede corporativa. Foi concibida e desenvolvida co obxectivo de ser sinxela, de diminuír a curva de aprendizaxe para os administradores da rede e permitirlles aforrar tempo automatizando moitas das súas tarefas de administración diaria.

A plataforma eBox leva 4 anos en desenvolvemento, e co lanzamento, a mediados do mes pasado, da versión 1.0 pódese considerar alcanzado o estado de madurez da aplicación.

Outra das súas características interesantes é que inclúe un completo framework de desenvolvemento que permite a adaptación de xeito doado ás necesidades particulares de cada implantación.

Ler máis...


Ciclo de conferencias sobre software e hardware libre en Salamanca 
escrito por touriño o Venres, 21 de Novembro do 2008

Os vindeiros días 24, 26 e 27 de novembro terá lugar un ciclo de conferencias sobre hardware e software libre na Facultade de ciencias da Universidade de Salamanca:

O luns 24 de novembro, a xente de Golem Group explicará que é o hardware libre e falará dun proxecto no que participan: Ardabasto (unha evolución de Arduino cara a un sistema multiproceso distribuído).

O mércores 26 de novembro preséntase Factoría Viré, un novo espazo virtual libre para o desenvolvemento e/ou adaptación de ferramentas interoperábeis de creación de contidos e actividades en mundos interactivos. Será impartida por Daniel González, un dos desenvolvedores do proxecto.

O xoves 27 de novembre, David Vaquero falará de Factoría Pegaso, un espazo de produción multidisciplinar de software libre, no que colabora no seu desenvolvemento.

Ler máis...


A web de complementos de Mozilla alcanzou a cifra de mil millóns de complementos descargados 
escrito por Mancomún o Venres, 21 de Novembro do 2008

Nun blogue dun desenvolvedor da Fundación Mozilla, anuncian que a web de descarga de complementos para os seus produtos, alcanzou a cifra de mil millóns de descargas, unha cifra incrible, que pon de manifesto as indubidables vantaxes do modelo de desenvolvemento aberto.

 

http://blog.mozilla.com/addons/files/2008/11/totaldownloads.png

As descargas só están contabilizadas da páxina de Addons.Mozilla.Org aínda que moitas extensións se poidan descargar doutros sitios. Ademais fan mención especial a aplicacións como Thunderbird, Sunbird, etc... que xunto con Firefox fixeron que se puidera alcanzar esta cifra.


As empresas implantadoras propoñen solucións libres empresariais 
escrito por Mancomún o Xoves, 20 de Novembro do 2008
O encontro, baixo o título “Xornada de traballo sobre a implantación de solucións libres para a PEME”, reuniu a representantes de preto de 20 empresas galegas
Inauguración evento DVD Peme
 Xornada de traballo

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, reuniuse o pasado xoves cos representantes das empresas TIC galegas para definir as prioridades que deben establecerse na promoción das tecnoloxías e os estándares abertos de cara a súa implantación efectiva entre a pequena e mediana empresa de Galiza. A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, acompañada do coordinador de Mancomún, Xesús Manuel Benítez Baleato, presidiu a xornada de traballo, na que os asistentes tiveron ocasión de avaliar os resultados acadados co compilación de ferramentas informáticas de licenza libre “DVD Ferramentas Informáticas para a PEME”, creada por Mancomún hai xa un ano; así como de valorar a necesidade de reorientar algunhas das aplicacións recollidas neste.

Helena Veiguela inaugurou o acto facendo balance do produto e demostrando con cifras que o “DVD ferramentas informáticas da PEME” é unha iniciativa que está a superar amplamente os obxectivos marcados inicialmente. Segundo indicou a directora xeral, no ano de existencia repartíronse máis de 6.000 unidades a petición de distintos colectivos empresariais, de centros de formación ou mesmo de usuarios finais. Cifra á que se suman os centos de descargas realizadas por programas dende a páxina de peme.mancomun.org.

Ler máis...


Lista a imaxe do CD co OpenOffice.org 3.0.0 en galego 
escrito por Mancomun o Xoves, 20 de Novembro do 2008

OOo3.0.0 Tras a publicación do OpenOffice.org 3.0.0 en galego , xa está dispoñible para todos dende a nosa web a imaxe do CD coas distintas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.

 

Neste CD pódese atopar:

  • OpenOffice.org 3.0.0 para Windows , GNU/Linux e Mac OS X:
    • Para Windows temos a versión completa e máis o paquete de idioma.
    • Para GNU/Linux hai a versión en formato "deb" e "rpm".
    • Para Mac OS X atoparás a versión para a plataforma Intel.
    • Para outras versións consultar a nova orixinal da publicación do OpenOffice.org 3.0.0 en galego
  • O corrector ortográfico de galego versión 3.0 preinstalado nas versións en galego do OpenOffice.org. Tamén está dispoñibles o instalador por separado.
  • CD autoexecutable.

Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou na ligazón da imaxe que acompaña a esta nova.

Ler máis...


OKI desenvolve drivers das súas impresoras para LinEX 
escrito por mar o Xoves, 20 de Novembro do 2008
A empresa OKI desenvolveu os drivers para as súas impresoras para o sistema operativo LinEX. Grazas a isto as consellerías da Junta de Extremadura poderán utilizar dende agora todas as funcionalidades dos seus equipos de impresión baixo LinEX no seu labor diario dentro da administración pública.
Estes drivers foron desenvolvidos en colaboración co “partner” de OKI sito en Extremadura, Megasoft Profesional Systems.
Esta acción enmárcase no plan de migración a LinEX de toda a infraestrutura tecnolóxica da Junta de Extremadura, como partre do obxectivo de migrar paulatinamente” todas as súas Consellerías ao sistema operativo LinEX nos próximos meses, aínda que xa comeza pola Consellería de Economía, Comercio e Innovación.
Ler máis...


Xornadas para achegar as aplicacións web de software libre á PEME 
escrito por touriño o Xoves, 20 de Novembro do 2008
USCA AulaTIC-Pemes da Universidade de Santiago de Compostela instruirá a pequenas e medianas empresas e asociacións sobre as posibilidades que abre o uso de aplicacións web baseadas en software libre a través de dúas sesións que terán lugar este xoves e o vindeiro día 27 no Centro de Estudos Avanzados en horario de 18:00 a 21:00 horas baixo o lema As aplicacións web de software libre para Pemes e asociacións.

As Xornadas están orientadas a:
  • Xestión de Contidos e Portais Web con Spip - Solucións de éxito: Xestión de Intranets e Teleformación, Xestión Documental, Relacións cos Clientes ou Asociados, Xestión de Contidos e Portais Web.
Ler máis...


AGASOL continúa co seu periplo de promoción de solucións tecnolóxicas de SwL por Galiza 
escrito por touriño o Mércores, 19 de Novembro do 2008

A Asociación de empresarios presentou onte as súas propostas na Confederación de Empresarios de Ourense

OurenseA Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) presentou onte, por terceira ocasión, a sesión informativa “Software Libre contra a crise”, co que o colectivo empresarial vén recorrendo as principais cidades galegas para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes das tecnoloxías abertas. A xornada, que transcurriu nesta ocasión na  Confederación de Empresarios de Ourense, reuniu a máis de 40 persoas procedente do tecido empresarial ourensá, así como de entidades locais vencelladas ao sector.

O encontro, enmarcado no programa de actuacións previsto por Agasol en virtude do convenio subscrito coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, foi presentado por Emilio González Iglesias, directivo da Confederación de Empresarios de Ourense, quen agradeceu a actividade de Agasol como “vehículo impulsor e referente tecnolóxico para ofrecer solucións ás PEMES ourensás”.

Ler máis...


Preséntase o primeiro TA para galego e inglés 
escrito por Mancomún o Mércores, 19 de Novembro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/1227096076opentrad.jpgA empresa Imaxin Software, co financiamento da Consellería de Innovación e Industria, desenvolveu durante os últimos meses o longamene demandado tradutor directo para o par de linguas inglés e galego.

O servizo aínda se encontra na fase de prototipo e non coñecemos todos os detalles pero segundo confirma a empresa, baséase nun novo desenvolvemento en volta do motor Opentrad.

Este proxecto contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Segundo dixo o director de márketing de Imaxin, Diego Vázquez, contar cunha ferramenta deste tipo é de vital importancia para o desenvolvemento do país, pois fai accesíbel a información escrita en inglés, que xa se converteu en lingua franca, e ao mesmo tempo pon os contidos en galego ao dispor do resto do mundo.

O responsábel do proxecto, José Ramom Pichel, explicou que, dado o afastamento que existe entre o galego e o inglés, é máis complicado conseguir programar un tradutor automático que ofreza resultados á altura dos tradutores galego-castelán, por exemplo. Porén, dixo que o prototipo, ao quedar liberado para a súa modificación e desenvolvemento pola comunidade, por ser de código aberto, irá mellorando constantemente.

Ler máis...


Pedro Figueras: “Co SwL partimos dunha produtividade e dunha competencia do produto mellor" 
escrito por Mancomún o Mércores, 19 de Novembro do 2008
Figueras

Deseñador e programador de renome, Pedro Figueras foi o gañador do Premio Eganet á mellor web corporativa do ano 2008 polo deseño de A Nosa Terra Diario, un sitio baseado integramente en tecnoloxías abertas.

Pero a súa vinculación ao Software Libre non queda aí. Da man do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre en Galiza, Pedro Figueras ten contribuído en numerosas ocasións á difusión da imaxe de Mancomún. O seu último traballo, sen ir máis lonxe: o deseño da nova identidade corporativa.

Mancomún falou con el para que nos dese a súa visión entorno ao Software Libre e a súa aplicación no mundo do deseño gráfico e multimedia.

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 113 - 128 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...