|
escrito por Mancomún
o Venres, 05 de Decembro do 2008 |
|
Mancomún intervirá no encontro cunha presentación do metapaquete Araos Os amantes da informática teñen este fin de semana unha cita inexcusable na cidade de Lugo, onde, dende esta tarde e até o vindeiro 8 de decembro, terá lugar a Ludus Party .Net 2008. A terceira edición deste encontro prevé reunir na Feira de Mostras e Exposicións de Lugo a preto de 650 persoas, as cales poderán participar dos obradoiros, xogos, concursos e conferencias preparadas pola organización. O software libre, como en anos anteriores, terá un apartado de especial relevancia. O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza participará no encontro para impartir unha charla sobre oa adaptación de Ubuntu GNU/Linux do araOS. Óscar García, técnico e desenvolvedor de Mancomún, achegará aos asistentes as características técnicas do produto, pero sobre todo o seu valor de usabilidade. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Xoves, 04 de Decembro do 2008 |
|
Cidadanía é unha empresa cooperativa que integra a profesionais do ámbito das ciencias sociais. O que en principio semellaba unha molestia para os vinte traballadores que conforman ese colectivo derivou nun aumento da produtividade sen apenas incidencia no día a día.
Segundo TEGNIX, a empresa tecnolóxica que os acompañou no proceso, seducíalles aforrar o custo das licenzas, pero non estaban seguros de renunciar ao sistema operativo e aos programas que usaban a cotío ía repercutir na calidade do seu traballo. “Como sempre ocorre con todo os cambios atopámonos con persoas máis convencidas ca outras”, lembran tanto desde a cooperativa como desde TEGNIX. “Quizais a clave do éxito dun proceso así é que debes de vincular a migración coa formación.” |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Xoves, 04 de Decembro do 2008 |
|
Visto en Agasol.org:  "O líder do sector panadeiro en Galicia exemplifica que non é excluínte a utilización de solucións baseadas en s oftware libre con aquelas propietarias que requiren o pago dunha licenza. Dentro dunhas poucas semanas a vida será máis sinxela para os traballadores de Ipasa-Sanbrandán, a firma líder a nivel galego na elaboración de pan e empanada que conta cunha ampla rede de distribuidores. Desde o seu departamento de informática están a piques de implementar unha ferramenta que mellorará o control da produción en tempo real, o que redundará nun mellor servizo ao cliente. Tras esta pequena revolución está Wireless Galicia, unha das compañías que conforman a Asociación Galega de Empresas de Software Libre. Fai uns meses recibiron un encargo desde Ipasa-Sanbrandán, empresa que modernizara o seu fluxo interno de información nas oficinas cun software de xestión ERP e quería facer o propio nas súas plantas de produción e na conexión destas cos distribuidores..." |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
O curso será impartido polo profesor Manuel Morán entre o 13 de xaneiro e o 03 de febreiro no IES Francisco Sánchez en Tui. Entre os contidos abordaranse estratexias para a migración a software libre do parque informático dun centro educativo e se informará sobre sistemas e aplicacións multiplataforma que propicien o coñecemento das tendencias de innovación e dos últimos desenvolvementos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
A Axencia de Comunicacións Educativas e Tecnoloxía británica (Becta), que vén sendo o corpo de goberno coa misión de xestionar "aprendizaxe fundamental para a próxima xeración" por primeira vez incluíu empresas provedoras de código aberto na súa lista de software oficial e de provedores de servizo para as escolas do país. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
Sun Microsystems acaba de liberar a versión final do seu sistema operativo libre derivado do código de Unix System V, que inclúe algunhas das características de calquera distribución GNU/Linux. OpenSolaris, desenvolvemento dirixido por Ian Murdock, fundador de Debian, libérase baixo licenza aberta Common Development and Distribution License Version 1.0 (CDDL). Segundo esta licenza, o código fonte está dispoñible e pode ser utilizado, copiado e redistribuído coa definición de software libre, aínda que non se plasmou de momento o uso de licenza dobre, que, coma se está a rumorear, afectaría á GPLv3 . |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
Btrfs Está a piques de chegar xa ext4, a nova versión do sistema de ficheiros máis estendido no mundo GNU/Linux. No entanto, ext4 segue sendo un sistema de ficheiros "da vella escola" e non ofrece novas características como os "snapshots" en liña, versionado e máis cousas. Estas novas características si que son ofrecidas por ZFS pero non é unha opción para contornos GNU/Linux por motivos de licenciamento. Btrfs é un novo sistema de ficheiros que si prové estas características e que moitos desenvolvedores do Kernel de Linux piden que se inclúa no mesmo para acelerar o seu desenvolvemento. Durante o próximo ano espérase que se estabilice o formato de sistema de ficheiros e que publiquen unha versión beta para probas. oVirt oVirt é unha pequena imaxe dun servidor que prové servizos libvirt e que fornece máquinas virtuais. Ademais posúe un sistema de xestión baseado en web. O obxectivo deste proxecto é proporcionar ás empresas un servidor de máquinas virtuais listo para funcionar e que sexa capaz de manter desde grandes clústers cunha grande cantidade de máquinas virtuais ata configuracións moito máis simples... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
Semella que a longa historia de demandas por parte da empresa SCO ao mundo linux achégase ao seu fin. O 7 de marzo do 2003, unha compañía chamada SCO Group fixo público que ían demandar a IBM por considerar que o xigante azul fixera contribucións ao núcleo de Linux con código da súa propiedade. En maio dese mesmo ano, os dirixentes de SCO comezaron a enviar cartas ás 1.500 corporacións máis importantes do mundo para advertirlles de que si utilizaban algunha distribución de GNU/Linux poderíanse ver involucrados en problemas legais con eles xa que estarían a atentar contra os seus dereitos de propiedade intelectual sobre o código orixinal de UNIX. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por itouriño
o Martes, 02 de Decembro do 2008 |
O martes día 2 de decembro, ás 13 horas no Salón de Actos do Centro de Investigación Biomédica (Campus da Saúde) terá lugar a presentación oficial da nova Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, despois de varios meses en funcionamento. Ao acto asistirán o vicerreitor do Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde (PTS), Ignacio Molina das Infantas; o xerente do PTS, Jesús Quero Molina; o delegado do Reitor para TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), José Luís Verdegay, e o director da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, o profesor Juan Julián Merelo Guervos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Martes, 02 de Decembro do 2008 |
|
Nesta páxina podemos atopar un interesante diagrama representando as diferentes capas e funcións do kernel. Dende aí, facendo zoom, e movéndonos polas partes que máis nos interesen, teremos ocasión de navegar por varias ligazóns, que nos levarán directamente a un sistema de navegación e busca no que poderemos consultar o código de linux, liña por liña, con abundantes ligazóns. |
|
Ler máis...
|
|