Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Lanzado o primeiro conxunto de «tarballs de stage3» e CD mínimos de Gentoo 
escrito por Chamán o Luns, 22 de Decembro do 2008

Logo de GentooXa fai tempo a xente de Gentoo cancelou o desenvolvemento da versión 2008.1 en prol de centrarse nun método mais automatizado que lles permítese actualizar o seu conxunto de CD mínimos de forma semanal.

Neste momento veñen de liberar a primeira paquetización automática que, aínda de forma experimental, permitirá ter unha base sempre actualizada para facer a instalación deste sistema.

Ler máis...


O Proxecto openSUSE acaba de lanzar a súa versión 11.1 
escrito por Mancomún o Luns, 22 de Decembro do 2008
Image Inclúe máis de 230 novidades entre novas funcionalidades, melloras -especialmente para o instalador YaST- a a actualización de GNOME, KDE, OpenOffice, etc. Trátase da primeira versión totalmente construída no Servizo de Construción de openSUSE. O Proxecto aproveita tamén para incluír unha nova versión da súa licenza de marca, a liberación de tipografías e openJDK.

OpenSUSE salienta especialmente polo coidado que pon na afinación e integración de contornos de escritorio, particularmente KDE; nesta nova versión inclúe non só un senón dous contornos KDE: KDE development con KDE 4.1.3, ou o clásico KDE experience con KDE 3.5.10.
Ler máis...


A Rede de Dinamización estrea novo centro en Camariñas integramente equipado con SwL 
escrito por Mancomún o Luns, 22 de Decembro do 2008
Ademais entregouse o premio do apartado de "Maiores" do II Concurso de Iniciativas da Rede, no que se alzou co galardón "Outros fíos na Rede"

Centro de CamariñasO Concello de Camariñas dispón xa dun dos novos centros da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e cos que o proxecto da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información se achega xa ao centenar de puntos de acceso ás novas tecnoloxías da información fornecidos para a toda a sociedade galega.

O centro foi inaugurado o pasado 19 de decembro nun acto no que estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; a tenente alcalde de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Encaixe, Turismo e Traballo, Sergio Caamaño; e a edil de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, Mª del Carmen Linares.

O novo espazo, situado no Centro de Iniciativas Empresariais da rúa Do Río do Prado, s/n, no primeiro andar, está equipado coa tecnoloxía máis avanzada e integramente con software libre. Un total de dez ordenadores, unha cámara fotográfica dixital, un retroproxector, unha impresora láser, unha impresora a cor, un escáner, diversas webcams e nove lectores de DNI están desde hoxe mesmo á disposición de toda a poboación que precise e desexe utilizalos.

Ler máis...


Grecia promove unha plataforma de servizos gobernamentais para os seus municipios 
escrito por Mancomún o Venres, 19 de Decembro do 2008

Varios concellos gregos están a desenvolver unha plataforma de código aberto co propósito de ofrecer á cidadanía e ás pequenas e medianas empresas acceso aos seus servizos. Esta plataforma de servizos gobernamentais, denominada LGAF, será desenvolvida polo Unión Central de Municipios de Grecia (Kedke).

Serán un total de dezaseis cidades e municipios os que comezarán a desenvolver este proxecto, incluíndo as rexións de Imathia, Ithaca, Konitsa e Chios.

LGAF permitirá á poboación en xeral e a PEME pagar taxas e impostos, modificar os seus rexistros da administración pública e a compra de permisos e licenzas. O sistema tamén ofrecerá información sobre saúde pública, asistencia social, o ambiente, así como o deporte e as actividades culturais.

Ler máis...


Publicación de Trisquel 2.1 
escrito por Mancomún o Venres, 19 de Decembro do 2008

Trisquel nos informa:

"Hoxe publicamos a versión 2.1 de Trisquel GNU/Linux, tanto da edición doméstica coma da educativa e a de empresas. Isto supón un fito en varios sentidos: publícase a primeira versión oficial de Trisquel Edu, as tres pasan a empregar o kernel linux-libre, e incorporan centos de
pequenas melloras.

Todas estas novidades poden obterse mediante as actualizacións automáticas, sen necesidade de reinstalar o sistema."

Descargar: http://trisquel.uvigo.es/gl/descargas
Ler máis: http://trisquel.uvigo.es/gl/751-publicacion-de-trisquel-21


A Confederación de Empresarios de Pontevedra acolleu onte as xornadas de difusión de AGASOL 
escrito por Mancomún o Xoves, 18 de Decembro do 2008

CEPO convenio de colaboración asinado entre a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información por iniciativa do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), continúa a cumprir o plano de actividades previstos. Se en anteriores ocasións Mancomún xa deu conta dos encontros celebrados na Coruña, Vigo e Ourense, onte foi novamente o turno da cidade de Vigo.

Preto dunhas corenta persoas déronse cita na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra para participar na charla titulada “Vantaxes do Software Libre para as Peme: mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL“. O encontro, dirixido fundamentalmente a directivos de empresa e responsables de Tecnoloxías da Información, centrouse na exposición das vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas no sector empresarial, así como a súa viabilidade de implantación nas PEME.

Xunto ao xa habitual Roberto Brenlla, representando a AGASOL como membro de TEGNIX, estiveron o o asesor do conselleiro de Innovación e Industria, Antonio Pérez Casas, e o vicepresidente da Fundación Innovapyme Galicia, José Ramón Pais.

Ler máis...


Brasil repartirá nas escolas públicas 150.000 ordenadores con software libre 
escrito por Mancomún o Xoves, 18 de Decembro do 2008
A medida será posible grazas as tecnoloxías abertas, coas que o estado sudamericano xa leva aforrados 55 millóns de euros

O goberno brasileiro distribuirá 150.000 computadores con software libre entre 300 escolas públicas do país. Así o anunciaron onte fontes oficiais do goberno, as cales explicaron que esta iniciativa requirirá un orzamento próximo aos 30 millóns de euros e segundo os cales se adquirirán ordenadores populares ao prezo de aproximadamente 200 euros por unidade.

A escolla de tecnoloxía aberta para o software do computador foi o que posibilitou acadar esta cifra tan accesible, ao quedar excluído do montante as licenzas do sistema operativo e doutros aplicativos, aos cales que incrementarían exponencialmente o prezo final. Deste xeito, os 200 euros incluirán o prezo de cada aparato e os seus respectivos impostos, a entrega nas escolas, a garantía dun ano, o servizo de mantemento e a configuración.

Ler máis...


Alternativa a Spamhaus 
escrito por mar o Xoves, 18 de Decembro do 2008

Durante moitos anos Spamhaus foi o referente no mundo das DNSBL (Lista de bloqueo de DNS) como anti-spam, mais xa non é un servizo completamente gratuíto e aparece agora unha nova alternativa gratuíta a Spamhaus: a Lista de bloqueo por Reputación de Barracuda (BRBL), proporcionada por Barracuda Networks.

O CEO de Barracuda, Dean Drako, di que a empresa non ten plans de cobrar polo servizo no futuro. Di que “non investimos demasiado diñeiro para poñer a funcionar BRBL (pronunciado "barbell"), e creo que a boa vontade, a reputación e o entendemento de que Barracuda está a prestar o servizo faranos ben a longo prazo." Recoñece que en efecto, BRBL é un esforzo de promoción de Barracuda, por non mencionar que é algo que a empresa debe manter de todos os xeitos como apoio dos seus propios produtos de pago.

Ler máis...


Crear calendarios con imaxes personalizadas con DigiKam 
escrito por Mancomún o Xoves, 18 de Decembro do 2008

digikam.jpg Neste blogue http://www.jesusda.com/blog temos un interesante artigo de como crear calendarios personalizados usando para iso o software DigiKam.

Digikam é un programa para a xestión e organización das nosas fotos e imaxes, permitindo o etiquetado, organización, categorización, puntuación e edición das mesmas, ademais de ter unha serie de utilidades para xerar presentacións, vídeos e hasta calendarios.

Na entrada orixinal no seu blogue tes dispoñible o titorial paso a paso e con imaxes para a creación do teu calendario, ademais de poder descargar un calendario linuxeiro para o 2009 creado polo autor do blogue...



Nova versión do xestor de contidos SPIP 
escrito por Mancomún o Mércores, 17 de Decembro do 2008
SPIP SPIP 2.0 (Sistema para publicación por Internet) acaba de saír á luz tras 2 anos de desenvolvemento madurado. É un CMS con certas características que o fan diferente: nace dun movemento social solidario, igualitario, non técnico, a prol do web independente e proporciona recursos de calidade a centos de asociacións e institucións, especialmente de lingua francesa, pero tamén o podemos usar en galego, porque está 100 % traducido.

En SPIP fanse tanto webs de escolas como proxectos de arte e ensaio, pasando por webs corporativas, comerciais ou de empresa así como unha importante presenza na Administración.

Con cada nova versión SPIP faise máis doado de manexar e máis versátil tanto para as persoas que  simplemente o usan para publicar coma para as desenvolvedoras. De feito é unha das súas características xa que resulta difícil atopar dous web con SPIP que se parezan.
Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 33 - 48 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...