Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A esperada OpenSuse 10.1 ve a luz 
escrito por mancomun.org o Venres, 12 de Maio do 2006

Logo de moita espera, lánzase a distribución OpenSuse 10.1, "Agama Lizard" con moitas novidades que fan de esta "distro" un dos referentes importantes dentro da comunidade.

Está dispoñible para a descarga nas plataformas x86, x86-64, e versións ppc - desde o ftp oficial ou os mirrors de bittorrent. É preferible que se descargue a través de bittorrent e así a comunidade aproveitarase destas descargas.
Ler máis...


IES Chan do Monte: Caso de éxito con Software Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 11 de Maio do 2006
Logo IES Chan do Monte O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software.
Ler máis...


Estándar de correo-e móbil de código aberto: M-IMAP 
escrito por mancomun.org o Xoves, 11 de Maio do 2006
Logo IETF O grupo IETF (Internet Engineering Task Force) e a Open Mobile Alliance (OMA) están traballando conxuntamente nun estándar baseado en protocolos abertos para o correo-e móbil.
Ler máis...


Segue crecendo a Rede de Administracións Públicas para o Software Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 11 de Maio do 2006
Logo La Farga O Goberno de Aragón e o Concello de Zaragoza incorpóranse á Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Durante o pasado mes de marzo, a Xunta de Galicia xa se incorporara a esta rede, a través da  Consellería de Innovación e Industria.
Ler máis...


Iniciativa estandaresabiertos.org 
escrito por USC o Martes, 09 de Maio do 2006

Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas.

Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de  representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas.



Nace mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre 
escrito por mancomun.org o Mércores, 10 de Maio do 2006

Actualización: Descarga (odt , pdf) da presentación da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez.

A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”.

Segundo a galipedia (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns....

Neste sentido, "mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre" nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria.

   


Open Document aprobado polos membros da ISO/IEC 
escrito por mancomun.org o Luns, 08 de Maio do 2006

OpenDocumentO día 1 de maio remataba o prazo para a votación sobre a adopción do formato ODF pola ISO. Á medianoite anunciose internamente que o ODF fora aprobado polos membros da ISO. A votación tivo unha ampla participación e ningún voto en contra aínda que si houbo abstencións...

Ler máis...


A USC aposta polo Software Libre para modernizar a súa xestión orzamentaria 
escrito por mancomun.org o Domingo, 07 de Maio do 2006
Logo da USC A Universidade de Santiago semella estar apostando por dúas cousas á hora de encargar proxectos tecnolóxicos para si mesma: polos mozos empresarios galegos e máis polo Software Libre...
Ler máis...


A UDC porá en marcha unha oficina e un portal de Software Libre 
escrito por mancomun.org o Sábado, 06 de Maio do 2006
Logo da UDC O rector da UDC, José María Barja, anunciou que a UDC ten previsto crear de xeito inminente unha Oficina de Software Libre, un portal web institucional e máis a personalización dunha distribución GNU/Linux adaptada ás necesidades dos alumnos e profesores da UDC no idioma galego. ...

Ler máis...


O Goberno galego incorpórase á rede internacional de administracións públicas para o Software Libre. 
escrito por mancomun.org o Venres, 05 de Maio do 2006

Durante o pasado mes de marzo, reuníronse na Consellería de Innovación e Industria a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, o responsable da Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre, Marcelo Branco, e representantes da Secretaría de Telecomunicacións i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya...

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2817 - 2832 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...