Menu Content/Inhalt
» Inicio
HP firmará un acordo con MySQL 
escrito por mancomun.org o Mércores, 03 de Maio do 2006
Logo MySQLCon esta firma HP comercializará servizos de soporte para empresas de pequeno e mediano tamaño mediante MySQL Network.
Ler máis...


 
Firefox 1.5.0.3 dispoñible 
escrito por mancomun.org o Mércores, 03 de Maio do 2006
Logo Mozilla Firefox Dispoñible a nova versión do afamado navegador Firefox da Fundación Mozilla. Esta actualización contén melloras en seguridade, polo que se roga se actualicen, ou se activen as actualizacións automáticas...
Ler máis...


 
Dispoñible on-line a documentación das Xornadas da OSLUCA. 
escrito por mancomun.org o Mércores, 03 de Maio do 2006
Durante os días 20 e 21 de Abril tiveron lugar as III Xornadas de Software Libre organizadas pola OSLUCA :Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz.
Nestas xornadas entregóuselles aos asistentes un cd con toda a documentación xerada nas xornadas, actas das presentacións, así como unha recopilación de documentación relacionada co software libre.

Agora o contido deste CD está accesible dende a súa web
 
Fonte: OSLUCA 


 
Máis Internet, máis galego, máis futuro 
escrito por mancomun.org o Martes, 02 de Maio do 2006
+Internet+Galego+Futuro A Consellaría de Innovación e Industria presenta hoxe, 2 de maio, en rolda de prensa a iniciativa Máis internet, máis galego, máis futuro. O programa de actividades inclúe a presentación o día 10 de maio de "mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre".
Ler máis...


 
Nova distribución GNU/Linux para a Xestión Empresarial 
escrito por mancomun.org o Martes, 02 de Maio do 2006
O pasado 19 de abril, a Deputación e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ciudad Real, presentaron a distribución "DijexCR, GNU/linux para la pyme".

O proxecto, promovido dende a Deputación xunto coa Asociación de Jóvenes Empresarios, quere facilitar aos novos empresarios o inicio da súa actividade. ...
Ler máis...


 
Xornada internacional sobre o Software Libre na industria europea. 
escrito por mancomun.org o Martes, 02 de Maio do 2006

Logo do proxecto CALIBREO vindeiro día 5 de Maio, terá lugar en Madrid, a xornada internacional sobre o Software Libre na industria europea, enmarcada no proxecto europeo CALIBRE.

O lugar escollido para o seu desenvolvemento son as dependencias do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, no Paseo de la Castellana, 160 na Sala F. ...

Ler máis...


 
Apache 2.2.2 dispoñible 
escrito por mancomun.org o Martes, 02 de Maio do 2006

Pluma Logo Apache O proxecto do servidor web Apache acaba de publicar a nova versión 2.2.2 do seu popular servidor web "Apache".

Ler máis...


 
Dispoñible para descarga a version 3.0.3 de Docebo 
escrito por mancomun.org o Xoves, 27 de Abril do 2006

Docebo Logo A versión 3.0.3 da suite de e-learning Docebo, alternativa a Moodle, Atutor e Dokeos, contén un CMS (Content Management System) e un LMS (Learning Management System) para cursos online, todo elo desenvolvido en PHP e liberado baixo licencia GPL...

Ler máis...


 
Bolsas da UDC para apoio e colaboración en tarefas de promoción e difusión do Software Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 27 de Abril do 2006
Logo da web da UDCO obxetivo desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para colaborar co Servizo de Informática e Comunicacións (SIC) nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre e de código aberto aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña.
 
Máis información sobre as bolsas na seguinte ligazón.
 


 
Novo evento - Linux Málaga 2006 
escrito por mancomun.org o Xoves, 27 de Abril do 2006

O fin de semana do 29 ao 30 de abril celebrarase no centro cívico de Málaga unhas xornadas de Software Libre organizadas por Linux Málaga. Son totalmente gratuitas, e entre as charlas e talleres xa confirmados destacar os que versan sobre Asterisk, Gimp, Kolab/Kontact, Drupal, Joomla, Ruby on Rails, etc.

Máis información na seguinte ligazón: axenda de eventos



 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2225 - 2240 de 2300

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement