|
escrito por mancomun.org
o Venres, 12 de Maio do 2006 |
|
A primeira versión alpha de Gnash acaba de saír co número de versión 0.7.1. Gnash é un reproductor GPL para películas flash e un plug-in para os navegadores Firefox,Mozilla, Konqueror e Opera. Gnash soporta a maioría das características da versión 7 de SWF e ActionScript3, o que implica que terá un boa compatibilidade... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 12 de Maio do 2006 |
|
A Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a empresa de Software Libre Ándago traballan conxuntamente en Open Cities, unha iniciativa subvencionada polo programa Profit para crear unha plataforma telemática de e-Administración dirixida a entidades locales. Open Cities está orientada a procesos, documentos e servizos. A Deputación de Toledo converterase na primeira administración que adoptará un modelo de e-administración coa plataforma Open Cities.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 12 de Maio do 2006 |
|
Logo de moita espera, lánzase a distribución OpenSuse 10.1, "Agama Lizard" con moitas novidades que fan de esta "distro" un dos referentes importantes dentro da comunidade. Está dispoñible para a descarga nas plataformas x86, x86-64, e versións ppc - desde o ftp oficial ou os mirrors de bittorrent. É preferible que se descargue a través de bittorrent e así a comunidade aproveitarase destas descargas.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 11 de Maio do 2006 |
 O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 11 de Maio do 2006 |
 O grupo IETF ( Internet Engineering Task Force) e a Open Mobile Alliance (OMA) están traballando conxuntamente nun estándar baseado en protocolos abertos para o correo-e móbil. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 11 de Maio do 2006 |
|
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Martes, 09 de Maio do 2006 |
|
Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas. Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas. |
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 10 de Maio do 2006 |
|
Actualización: Descarga (odt , pdf) da presentación da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez. A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”. Segundo a galipedia (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns.... Neste sentido, "mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre" nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria. |
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 08 de Maio do 2006 |
|
O día 1 de maio remataba o prazo para a votación sobre a adopción do formato ODF pola ISO. Á medianoite anunciose internamente que o ODF fora aprobado polos membros da ISO. A votación tivo unha ampla participación e ningún voto en contra aínda que si houbo abstencións...
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Domingo, 07 de Maio do 2006 |
 A Universidade de Santiago semella estar apostando por dúas cousas á hora de encargar proxectos tecnolóxicos para si mesma: polos mozos empresarios galegos e máis polo Software Libre... |
|
Ler máis...
|
|