Menu Content/Inhalt
» Inicio
Erros e correccións no OpenOffice.org en galego 
escrito por mancomun.org o Luns, 22 de Maio do 2006

Nesta primeira compilación do OpenOffice.org detectamos algúns problemas coa instalación en determinados sistemas operativos. Algúns erros xa están solucionados, outros aínda non, pero esperemos que en breve si que o estean, ademais de un novo paquete moito máis fácil de instalar.

Erro detectado e corrixido:

 - Non instala en Windows 98, Me e 2000. A mensaxe de erro é a seguinte: "El idioma de este paquete de instalación no está admitido por el sistema".  Xa está arranxado e xa subimos os ficheiros sen ese erro ao servidor o pasado día 18. Para aqueles que están tendo problemas de instalación, por favor, volvede a descargar os ficheiros da instalación.

Erro detectado:

- Non instala nunha ruta diferente a "C:\Archivos de programa\OpenOffice.org 2.0" en Windows.  A mensaxe de erro é a seguinte: "Erro interno 2870. InstallChangeFolder, NewFolder, Crear novo cartafol". Estamos revisando o paquete e esperemos que pronto se arranxe o problema.


Se detectades máis erros relacionados co OpenOffice, publicádeos nos foros.

mancomun.org



 
Sun lanza solucións de código aberto 
escrito por mancomun.org o Luns, 22 de Maio do 2006
Sun Microsystems, ante o compromiso feito hai poucas semanas de unirse á filosofía da programación de código aberto, lanzou o que será unhas das súas novas estratexias de negocio, os compoñentes de Java Enterprise System.
 
Este lanzamento consiste na plataforma de infraestructura SOA aberta e baseada en tecnoloxías Java clave.
Ler máis...


 
KDE únese á alianza ODF 
escrito por mancomun.org o Luns, 22 de Maio do 2006

Logo KDE A posición do OpenDocument Format (ODF) acaba de ser reforzada, aínda máis, por "K Desktop Environment ", ao unirse á ODF Alliance .

KDE únese así, xunto con outras grandes compañías e institucións como Oracle, SUN Microsystems, Mandriva, IBM e a Junta de Andalucía na promoción do OpenDocument Format como o lider de mercado en intercambio de ficheiros...

Ler máis...


 
Xa se pode descargar a primeira película feita só con Software Libre 
escrito por mancomun.org o Venres, 19 de Maio do 2006

"Elephants Dream", a primeira película feita integramente en software libre xa está dispoñible para a súa descarga dende a web dos creadores do proxecto. Ademais distribúese baixo unha licenza creative commons.
Se se quere contribuir ao proxecto, pódese encargar un DVD cun coste de 35 €  que inclúe a película en alta calidade, os subtítulos en 34 idiomas, o "making of" da  película, onde mostran o proceso de creación, e todos os arquivos fonte da mesma.



 
Xa se poden pedir CDs da nova distribución de Ubuntu 
escrito por mancomun.org o Venres, 19 de Maio do 2006

Xa se poden pedir os CDs da vindeira Ubuntu 6.06 (Dapper Drake) para recibilos gratis no enderezo que se indique. É preciso dispor dunha conta en Launchpad para facer as solicitudes.
Nesta ocasión, pódense pedir CDs de Ubuntu, Kubuntu e Edubuntu. Polo momento a cantidade limítana a 10 pero probablemente máis adiante eliminarán este límite como aconteceu en anteriores ocasións. 

Fonte: Agnix 


 
Curso de verán sobre Coñecemento Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 18 de Maio do 2006
A Universidade de Estremadura oferta un curso de verán co título de "CONOCIMIENTO LIBRE - FLOK (Free/Libre & Open Knowledge) ". Desenvolverase en Cáceres entre os días 10 e 13 de Xullo. É válido por 3 créditos de libre configuración. Está aberto tanto a estudantes da Universidade de Estremadura como de fora.
Entre os seus obxectivos atópanse a difusión do coñecemento libre, fomentar a colaboración en contornos libres ou a aplicación de licenzas libres ás diferentes expresións da cultura. ...
Ler máis...


 
Xornada de achegamento ao Software Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 18 de Maio do 2006
Logo AgnixO sábado 27 de maio a partires das 10 hs e ata as 14 hs, na asociación veciñal de Valladares (Estrada Xeral de  Valladares, 233 -36315 Vigo), AGNIX dará un relatorio de 'Achegamento ao Software Libre' e un obradoiro de instalación do GNIX cun percorrido polas principais aplicacións dun escirtorio GNU/Linux. Nos vindeiros dias darase máis información na web de AGNIX (www.agnix.org).


 
38 proxectos de Software Libre presentados ás axudas PROFIT 
escrito por mancomun.org o Xoves, 18 de Maio do 2006

A convocatoria 1/2006 de axudas do PROFIT na área de Tecnoloxías da Sociedade da Información destinaba 12 millóns de euros a proxectos de software de código abierto, 3 para subvencións e 9 para préstamos. Ao peche da convocatoria presentáronse 38 proxectos de Software Libre, o que supón un 3% do total de proxectos presentados, por un total de 10 millóns de euros. ...

Ler máis...


 
Lotus Notes incluirá o formato Open Document 
escrito por USC o Mércores, 17 de Maio do 2006

Na reunión anual do grupo de usuarios de Lotus Notes en Alemaña, IBM afirma que os usuarios da próxima versión de Notes poderán crear, editar e salvar documentos nativamente no formato OpenDocument, recentemente aprobado pola ISO. A nova versión entrará en beta pública este outono.



 
Motorola lanza opensource.motorola.com 
escrito por USC o Xoves, 18 de Maio do 2006

Logo de MotorolaMotorola lanza o portal http://opensource.motorola.com, un novo recurso para a compartición de código fonte, novos proxectos e intercambio de información e ideas entre desenvolvedores de código open source.

Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2193 - 2208 de 2300

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement