Menu Content/Inhalt
» Inicio
Informática, lingua e outras asociacións 
escrito por mancomun.org o Martes, 30 de Maio do 2006
Acabamos de engadir dous apartados á sección Movemento asociativo de mancomun.org. A primeira, Informática e lingua, fai referencia ás asociacións ou agrupacións que xa levan tempo localizando software e que teñen como principal obxectivo o galego no eido da informática. A segunda, Outras asociacións, tenta amosar aquelas agrupacións que teñen no software libre un medio natural para o seu traballo.
 
A intención de mancomun é sumar esforzos e non restalos, polo que as listaxes das agrupacións non son pechadas. Se pertences a outra asociación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto.


 
O sistema RED da Seguridade Social adáptase a sistemas GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Martes, 30 de Maio do 2006

Nunha nota de prensa do día 18 de Maio do 2006, a Seguridade Social anuncia que ven de adaptar o sistema RED de intercambio de documentación entre ela e as empresas para que poida ser utilizado dende sistemas GNU/Linux, o que ata agora non era posible. ...

Ler máis...


 
Ubuntu para músicos 
escrito por mancomun.org o Luns, 29 de Maio do 2006

Ubuntu Studio é un proxecto pensado para aqueles músicos que queiran usar Ubuntu como estudo de grabación dixital. A través da Web ubuntustudio.com podemos acceder a diferentes recursos musicais, dende librerías de sons pregrabadas (samplers), a un wiki con documentación, pasando por software de edición e grabación.

Máis información en Ubuntu Studio



 
Software Libre para servizos de información dixital 
escrito por mancomun.org o Luns, 29 de Maio do 2006
Acaba de ser publicado o libro "Software Libre para servizos de información dixital". Os contidos son: Fundamentos; Planificación, deseño e desenvolvemento de servizos; phpBB; MediaWiki; Zope; Typo3; PHP-Nuke; Plone; BSCW; Greenstone, ISIS; Moodle.
Ler máis...


 
e-Gallaecia 2006 adica unha tarde ao Software Libre 
escrito por mancomun.org o Luns, 29 de Maio do 2006
e-gallaecia Do 14 ao 16 de xuño, na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase a VI Tech Business Week que organiza o foro e-Gallaecia. O programa xa está dispoñible e o xoves 15 de xuño haberá toda unha sesión de xornadas adicadas ao Software Libre. Estarán moderadas por Roberto Santos e participarán, entre outros, os responsables informáticos da Universidade de A Coruña e da Universidade de Santiago.
Ler máis...


 
WordPress 2.0.2 en Galego 
escrito por mancomun.org o Venres, 26 de Maio do 2006

wordpress O software de xestión de blogs, WordPress foi localizado ao galego por Dorfun.

Pode descargarse da Web: http://dorfun.bitacoras.com/wordpress-en-galego .

A versión localizada é a 2.0.2, ou sexa a última dispoñible ata o de agora, con data de saída o 10 de abril deste mesmo ano...

Ler máis...


 
Nokia abre o código do seu navegador para móbiles 
escrito por mancomun.org o Venres, 26 de Maio do 2006
Esta iniciativa pretende animar á industria de teléfonos móbiles a estandarizar os navegadores Web. Nokia abriu o código fonte do browser móbil que desenvolveu o ano pasado. Os desenvolvedores poderán adaptalo para diferenciar as ofertas ao usuario final. O código está dispoñible a través de WebKit Open Source Project en www.webkit.org
 
Fonte.-  IDG.es


 
O presente de VoIP na comunidade Open Source 
escrito por mancomun.org o Mércores, 24 de Maio do 2006
Cada vez son máis as ferramentas de mensaxería instantánea utilizadas polos internautas de todo o mundo. Estas ferramentas compiten unhas coas outras ofertando novas características. Entre estas, a mensaxería instantánea escrita, transmisión de arquivos, conversacións de voz (VoIP) e a videoconferencia son as de maior aceptación.

Neste artigo imos amosar os proxectos Open Source máis importantes a día de hoxe en materia VoIP. Esto non significa que non existan máis proxectos na comunidade de Internet. Os que imos analizar son: Gizmo 2.0, OpenWengo 2.0, Ekiga 2.0. ...
Ler máis...


 
Software Libre na industria europea: A folla de ruta para o futuro 
escrito por mancomun.org o Mércores, 24 de Maio do 2006
Logo CALIBRE O pasado 5 de maio celebrouse en Madrid, no marco do proxecto CALIBRE (Coordination Action for LIBRE Software), unhas xornadas internacionais co título: Open Source Software in European Industry: A Strategic Roadmap for the Future. 
Ler máis...


 
Open Invention Network, unha alianza creada para promover e fomentar Linux e o Software Libre 
escrito por mancomun.org o Mércores, 24 de Maio do 2006

Open Invention Network é unha nova compañía de propiedade intelectual establecida para promover o sistema operativo Linux e outros tipos de software de fonte aberta. Isto realízase mediante o emprego de patentes para crear unha contorna de colaboración. A organización promove un ecosistema positivo e fértil para o sistema operativo Linux, algo que, á súa vez, impulsa a innovación e a capacidade de elección no mercado a escala mundial.

Isto axuda a garantir a continuación da innovación que tanto beneficiou ás empresas de software, aos clientes, aos mercados emerxentes e aos inversores...

Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2177 - 2192 de 2300

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement