|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Xuño do 2006 |
|
Segundo a prestixiosa consultora Evans, para o ano 2007 haberá máis desenvolvedores traballando en Linux que en Windows. Concretamente, as súas predicións apuntan a unha igualdade no número de desenvolvedores nas dúas plataformas para este ano. Unido este dato ao considerable aumento no número de desenvolvedores en Linux, fai prever que pronto haberá máis programadores en plataformas libres... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Xuño do 2006 |
Visto na web de GALPon : "Esta semana fíxose entrega, na primeira convocatoria deste tipo que fai a Universidade de Vigo, dos equipos obsoletos da Universidade de Vigo que foron recuperados con Software Libre para as asociacións sen ánimo de lucro." |
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Sábado, 03 de Xuño do 2006 |
|
O "Ayuntamiento de San Roque", no campo de Gibraltar, leva xa algún tempo potenciando o software libre de xeito institucional. Agora precisan empresas que traballen en Software Libre para o desenvolvemento de aplicacións de xestión con licenza GPL. O artigo con todas as características e requisitos pódese atopar na páxina do concello. Sen dúbida este tipo de iniciativas potencian o desenvolvemento do Software Libre e son exemplos a ter en conta á hora de falar de políticas e iniciativas potenciadas dende os organismos públicos.
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
|
Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS "Dapper Drake", traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support). |
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
|
Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa . É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
A aplicación OCSng ( Open Computer and Software Inventory Next Generation), publicada baixo licenza GNU GPL, permite a automatización do inventariado de datos software e hardware dunha rede informática así como a súa actualización tamén de xeito automático. ... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
A Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla organiza o I Concurso Universitario de proxectos Software Libre, de ámbito nacional. O principal obxectivo deste concurso é o de estimular aos universitarios a participar en proxectos de Software Libre, ou a crear os seus propios. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
|
Acaban de saír as novas versións/actualizacións de Firefox e Thunderbird, o navegador e máis o xestor de correo da fundación Mozilla.
As novas versións son as 1.5.0.4 e recomendan actualizar a elas canto antes, xa que arranxan os problemas de seguridade detectados na anterior versión...
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Venres, 02 de Xuño do 2006 |
|
Hoxe discutirase unha proposición non de lei do Grupo Socialista, na Asemblea de Extremadura, que instará á "Junta" a liberar as súas producións dixitais en formato libre, empregando as licenzas Creative-Commons... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 01 de Xuño do 2006 |
 A fundación " Un computador por neno" ( One Laptop Per Child), iniciada por Nicholas Negroponte e outros membros do MIT ( Massachusetts Institute of Technology) sacará o primeiro computador de baixo custe en abril de 2007. O seu sistema operativo estará baseado en GNU/Linux. |
|
Ler máis...
|
|
|
 Inicio Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Remate  
|
| Resultados 2161 - 2176 de 2300 |