Menu Content/Inhalt
» Inicio
Dell anuncia que o 25% dos seus servidores levan Linux 
escrito por USC o Venres, 09 de Xuño do 2006

Dell anuncia que na actualidade Linux constitúe o 25% do seu mercado empresarial. Estas cifras foron anunciadas polo seu director de comercio para servidores PowerEdge, Jay Parker. Segundo Parker, como parte do servizo de Dell xestionaron ao redor de 500 migracións de Unix a Linux.

Fonte: zdnet




 
Novas versións de Drupal 
escrito por mancomun.org o Venres, 09 de Xuño do 2006

drupal logo Acaban de saír as novas versións de Drupal. Drupal 4.6.8 e Drupal 4.7.2 están dispoñibles para descarga. Estas versións son de mantemento e solucionan varios problemas reportados mediante o sistema de xestión de bugs, ademais de 2 erros de seguridade. Actualización recomendada.

Asemade, dicir que tamén acaba de saír o Drupal E-Commerce 4.7, un proxecto de Drupal que contén sobre 30 módulos orientados ao comercio electrónico...

Ler máis...


 
Novo servizo de mancomun.org - servidor de listas de distribución de correo 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Xuño do 2006

mailman Acabamos de poñer operativo o servidor de listas de distribución de correo, ao cal pódese acceder mediante a seguinte dirección web:

http://listas.mancomun.org

ou a través do menú "Colabora!"->"Espazo colaborativo" da nosa web.

Para solicitar unha nova lista de distribución non ten máis que poñerse en contacto connosco mediante o formulario de contacto da web indicándonos a finalidade da mesma.



 
As Nacións Unidas elixen o xestor de contidos Joomla! 
escrito por UDC o Xoves, 08 de Xuño do 2006

As Nacións Unidas elixiron finalmente Joomla! coma xestor de contidos para o seu portal de información rexional para Europa occidental (UNRIC), logo de avaliar varias opcións, entre elas software privativo. Ao final, Philippe Chabot (CTO da ONU nas oficinas de Europa e Nova Iorque) decidiu apostar por Jomla!.

É previsible que esta proposta se estenda ás oficinas do sur de Africa, o que é unha boa nova para a comunidade do Software Libre.



 
Proxecto gvPONTIS: migración na administración valenciana 
escrito por USC o Xoves, 08 de Xuño do 2006

gvPONTIS é un proxecto desenvolvido pola "Conselleria d'Infraestructures i Transport" da "Generalitat Valenciana" para a migración de aplicacións da contorna administrativa da consellería á software aberto. Entre os seus obxectivos atópanse o uso de Software Libre baseado en GNU/Linux en tódolos equipos, tanto clientes como servidores, e encontrar un sustituto para cada programa comercial.

A situación actual do proxecto é ...
Ler máis...


 
Plataformas de traballo colaborativo libres 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Xuño do 2006
Logo USC Seguindo coas xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela tócalle o turno ás plataformas para o traballo colaborativo. A inscrición é de balde e pódese facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes. O relatorio será mañá día 9 de xuño na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.
Ler máis...


 
Publicado o libro "Curso de creación de distribuciones: Guadalinex v3" 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Xuño do 2006

A "Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa" Andaluza ven de publicar, baixo licenza Creative Commons, un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0.

A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex.

Lido en : Barrapunto  

Máis información: Guadalinex.org

 



 
IV foro mundial sobre coñecemento libre 
escrito por mancomun.org o Mércores, 07 de Xuño do 2006

Celebrarase entre o 17 e o 21 de outubro no "Puerto de la Cruz" en Venezuela o IV foro mundial sobre coñecemento libre. Aínda que xa foron invitados importantes relatores internacionais de áreas do Coñecemento Libre, Software Libre, Arte e Cultura Libre, os organizadores fan un chamamento para a recepción de colaboracións. O prazo está aberto ata o 31 de xullo.

Ler máis...


 
Debian obtén o CGL 
escrito por USC o Xoves, 08 de Xuño do 2006
Debian Logo

A distribución Debian 3.1 acaba de ser incluída entre as distribucións que cumpren as especificacións CGL (Carrier Grade LInux).

As especificacións CGL detallan os estándares de dispoñibilidade, escalabilidade, manexabilidade, fiabilidade e rendemento que debe cumprir unha distribución Linux para ser utilizada dentro da industria das telecomunicacións...


Ler máis...


 
Accesibilid@d, un portal adicado á Alfabetización Tecnolóxica e a Discapacidade 
escrito por mancomun.org o Mércores, 07 de Xuño do 2006
Comeza en Extremadura un Programa de Actuación sobre Alfabetización Tecnolóxica e Discapacidade cunha actuación conxunta entre a Asociación Rexional de Universidades Populares de Extremadura (AUPEX) e o Comité de Entidades de Representantes de Minusválidos da Comunidade autónoma de Extremadura (CERMIEX).

Accesibilid@d pretende informar e fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e o Software Libre entre as persoas con discapacidade, como ferramenta para informar e facilitar a integración deste colectivo.
Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2145 - 2160 de 2300

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement