|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 08 de Xuño do 2006 |
 Seguindo coas xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela tócalle o turno ás plataformas para o traballo colaborativo. A inscrición é de balde e pódese facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes. O relatorio será mañá día 9 de xuño na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 08 de Xuño do 2006 |
|
A "Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa" Andaluza ven de publicar, baixo licenza Creative Commons, un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0. A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex. Lido en : Barrapunto Máis información: Guadalinex.org |
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 07 de Xuño do 2006 |
|
Celebrarase entre o 17 e o 21 de outubro no "Puerto de la Cruz" en Venezuela o IV foro mundial sobre coñecemento libre. Aínda que xa foron invitados importantes relatores internacionais de áreas do Coñecemento Libre, Software Libre, Arte e Cultura Libre, os organizadores fan un chamamento para a recepción de colaboracións. O prazo está aberto ata o 31 de xullo.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Xoves, 08 de Xuño do 2006 |
|
A distribución Debian 3.1 acaba de ser incluída entre as distribucións que cumpren as especificacións CGL (Carrier Grade LInux). As especificacións CGL detallan os estándares de dispoñibilidade, escalabilidade, manexabilidade, fiabilidade e rendemento que debe cumprir unha distribución Linux para ser utilizada dentro da industria das telecomunicacións...
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 07 de Xuño do 2006 |
Comeza en Extremadura un Programa de Actuación sobre Alfabetización Tecnolóxica e Discapacidade cunha actuación conxunta entre a Asociación Rexional de Universidades Populares de Extremadura (AUPEX) e o Comité de Entidades de Representantes de Minusválidos da Comunidade autónoma de Extremadura (CERMIEX). Accesibilid@d pretende informar e fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e o Software Libre entre as persoas con discapacidade, como ferramenta para informar e facilitar a integración deste colectivo. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
Dende a CiberIrmandade seguen a traballar por facilitar o acceso á información de ámbito galego que hai en Internet. Neste sentido, veñen de publicar varios motores de procura instalables no navegador Firefox, que permitirán acceder de xeito máis doado á Web, Buscador de Empresas, Foros, Galería de Imaxes e un motor de procura para acceder á Galipedia. A instalación é moi doada. Tan só hai que acceder a esta páxina e logo premer enriba do nome do motor que se queira instalar. |
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
Hai poucos días publicamos neste portal varias novas sobre webs adicadas á publicación de contidos web, imaxes e deseños web, pero cun matiz libre, baixo licenzas Creative Commons, Copyleft ou GNU/FDL. Howard Pitler, fala do problema engadido ao traballar con contido baixado da web, denominándoo "remixing" (remezclar). El está a estudar estes interrogantes no entorno docente, dado que é un ámbito no que se utiliza a rede para obter información e para facer documentación (exames, apuntes, charlas, cursos, etc.)
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
O pasado venres 2 de xuño de 2006, o Parlamento de Dinamarca aprobou por unanimidade unha resolución pola que ordena ao seu Goberno que, como moi tarde, o 1 de xaneiro de 2008 faga obrigatorio o uso de estándares abertos en informática na administración pública danesa. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Mércores, 07 de Xuño do 2006 |
|
Segundo se pode ler en AGNIX, a conveniencia dun Pacto Social Pola I+D+i (promovido polo grupo de traballo BRUX-GAL) ven de ser avalado polas declaracións da Comisaria Europea de Política Rexional. Danuta Hüber reiterou a necesidade de cambiar a actual estratexia inversora priorizando o gasto en formación, investigación, desenvolvemento e innovación, ademais de finalizar as infraestruturas pendentes. Resulta moi interesante o apoio dende a comisaría a un proxecto tan ambicioso coma este, que, lembremos, ten un pilar básico na defensa e na difusión do software libre. |
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Xuño do 2006 |
|
APICE, é a Asociación para a Promoción a través da Informática de Colectivos Excluídos. A súa finalidade é a integración de colectivos marxinados na sociedade facendo uso das novas tecnoloxías e do Software Libre, axudando deste xeito á redución da "fenda dixital". O proxecto desenvólvese nos barrios e distritos madrileños de: Carabanchel, Usera e Moratalaz e Villa de Vallecas, na Cañada Real Galiana. |
|
Ler máis...
|
|