|
escrito por USC
o Venres, 23 de Xuño do 2006 |
|
A partires de setembro do 2008 o formato OpenDocument (ODF) será o formato estándar para o intercambio de documentos dentro do goberno belga. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 23 de Xuño do 2006 |
Ao fío da nova xurdida do consorcio entre empresas para o desenvolvemento dun sistema operativo libre para móbiles co sistema operativo GNU/Linux, xa é público a empresa que vai facer posible este feito. 'A la Mobile' que así se chama a compañía, vai basear o novo GNU/Linux no kernel 2.6, integrará un navegador baseado en web 2.0 e moitas outras novidades. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Xoves, 22 de Xuño do 2006 |
|
Acábase de lanzar Xandros 4.0, a nova versión da distribución Linux Xandros Desktop baseada nunha Debian Sarge . Inclúe KDE 3.42 como contorna de escritorio. Por programas, ademais das máis recentes versións das aplicacións da familia KDE, Firefox, Thunderbird e a suite ofimática OpenOffice.org 2.0, engade novas utilidades para facilitar a migración dende Windows... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 22 de Xuño do 2006 |
|
eyeOS é unha contorna de escritorio web baseado en Software Libre, tamén coñecido como sistema operativo web ou oficina virtual. Con eyeOS podes organizarte, traballar e divertirte en calquera parte, usando o teu escritorio web totalmente personalizado... Tres xoves cataláns son os creadores deste proxecto, eyeOS, que permite escribir documentos ou escoitar cancións sin un editor de textos ou un reprodutor de música no ordenador... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 21 de Xuño do 2006 |
 Susana Sotelo acaba de liberar unha nova distribución, baseada en Knoppix, para facilitar aos lingüistas o seu traballo mediante o uso de ferramentas informáticas específicas. Entre estas ferramentas pódense atopar etiquetadores, analizadores sintácticos ou programas de análise estatística, así como aplicacións para o procesamento da linguaxe natural (PLN). |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 20 de Xuño do 2006 |
|
O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título "Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas". O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es.... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 20 de Xuño do 2006 |
|
Evolution é un incrible e versátil cliente de correo/calendario/axenda e que é denominado como o "substituto de Outlook" por unha ampla variedade de medios.
Evolution desempeña o seu papel máis importante permitindo aos usuarios de escritorios GNU/Linux conectarse aos servidores de Microsoft Exchange Server e organizar os contactos de Microsoft Outlook... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Martes, 20 de Xuño do 2006 |
|
O profesor Manuel González Regal, do IES Xulián Magariños, ven de estrear Magasi CD, un CD orientado á ensinanza secundaria, que contén aplicacións ofimáticas e específicas para a docencia; todas elas baseadas en Software Libre. O CD xa foi distribuído entre o persoal de administración e os profesores do instituto, e agora faráselle entrega ao alumnado. Outro punto de interés do software elixido foi a existencia de tradución á lingua galega, e inclusive algunha versión foi traducida polo propio Manuel G.Regal... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 20 de Xuño do 2006 |
|
Acaba de saír a versión definitiva da gnuLinEx 2006. gnuLinEx é unha distribución de Software Libre que inclúe o kernel Linux e está baseada na distribución Debian con escritorio GNOME, e tendo ao OpenOffice.org como suite ofimática, entre outras aplicacións.
Está impulsada pola "Consejería de Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico de la Comunidad Autónoma de Extremadura", sendo secundada por outros organismos públicos e privados. Na actualidade, a comunidade extremeña está ofrecendo apoio á de Andalucía na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc... |
|
Ler máis...
|
|
|
 Inicio Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Remate  
|
| Resultados 2113 - 2128 de 2300 |