|
escrito por USC
o Xoves, 06 de Xullo do 2006 |
|
Microsoft está a patrocinar un proxecto open source para crear software que converta documentos de Office a OpenDocument, tralo aumento de aceptación deste formato, particularmente entre os gobernos e administracións... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 06 de Xullo do 2006 |
GCstar é unha aplicación para xestionar as túas coleccións persoais. Información detallada de cada obxecto pode ser automaticamente descargada de internet e tamén poder gardar información adicional, como o lugar onde está ou a quen llo tes prestado... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 06 de Xullo do 2006 |
Acaba de aprobarse no Parlamento Europeo unha resolución dirixida á Comisión e ao Consello na que se demanda máis investigación, máis innovación e estándares, así como que a protección da propiedade intelectual non interfira co coñecemento nin co Software Libre. O texto da resolución, en inglés e traducido ao castelán, fai referencia explícita ao Software Libre e a conceptos como a GPL e pódese descargar na páxina de Estándares Abiertos. |
|
escrito por UDC
o Xoves, 06 de Xullo do 2006 |
A Universidade de Sevilla presentou o seu novo portal Web, no que se optou pola incorporación dun Xestor de Contidos, ou CMS ( Content Management System), como medio tecnolóxico para o desenvolvemento en mantemento. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 06 de Xullo do 2006 |
O conselleiro de Industria e Tecnoloxía, José Manuel Díaz-Salazar, e o presidente da Confederación rexional de empresarios ( CECAM), Jesús Bárcenas, presentaron a nova ferramenta informática de Software Libre Gesticam, creada especificamente para os 120.000 pequenos empresarios da rexión... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 05 de Xullo do 2006 |
 A fundación Eclipse anuncia unha nova revisión da súa contorna de programación. Esta versión 3.2 de Esclipse é lanzada baixo un matiz moi singular e é a súa incorporación con Callisto, sendo moito máis transparente e adaptable. Callisto é o nome en clave dun conxunto de proxectos da Fundación Eclipse e son lanzados nesta nova versión 3.2. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 05 de Xullo do 2006 |
A xornada centrarase nos aspectos empresariais relacionados co Open Source e tentará achegar experiencias exitosas aos asistentes e modelos de negocio posibles. A xornada está orientada a empresarios e profesionais das novas tecnoloxías e terá lugar o xoves 13 de xullo ás 17 horas no auditorio da Zona Franca de Vigo. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Mércores, 05 de Xullo do 2006 |
|
Segundo datos da Asociación Música Internet (AMI), actualmente máis dun millón de músicos independentes promocionan a súa música por sistemas de descarga gratuíta en Internet, ben a través do seu propio website ou a través de sites que publican as súas cancións baixo licenzas copyleft, basadas en Creative Commons. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 04 de Xullo do 2006 |
|
Cada vez máis, Cinelerra estase a converter nun potente editor de vídeo e empézase a utilizar no sector empresarial, facendo unha forte oposición ás súas alternativas privativas. Heroinewarrior, que así se chama a empresa que fai posible este proxecto, lanza unha nova versión de Cinelerra, a 2.1 corrixindo varios erros e dando soporte a OpenGL. Deste xeito, aproveitarase todo o poder da tarxeta gráfica.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 04 de Xullo do 2006 |
A UNESCO, a través de Cláudio Menezes, Experto Principal de Programa na División para a Sociedade da Información, manifestou o seu apoio á Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Esta Rede pretende coordinar esforzos entre as administracións co obxecto de cooperar nas diferentes accións que se están levando a cabo no eido do Software Libre. A Xunta de Galicia forma parte desta Rede dende o pasado mes de maio.
|
|
|
 Inicio Ant. 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seg. Remate  
|
| Resultados 2081 - 2096 de 2300 |