|
escrito por Mancomún
o Martes, 16 de Decembro do 2008 |
|
Como xa anunciaba Mancomún o pasado mes de xullo, o Cabildo de Gran Canaria acollerá o vindeiro verán un dos maiores congresos de software libre, a Gran Canaria Desktop summit: Guadec+Akademy 2009. Serán, en realidade, dous congresos paralelos, os das dúas maiores comunidades que desenvolven escritorios para Linux -KDE e Gnome- e que por primeira vez buscarán tamén espazos de traballo en común.O encontro, que reunirá a máis dun milleiro de programadores de todo o mundo, terá lugar entre o 3 e o 11 de xullo. Ao longo destes días membros da comunidade de GNOME a KDE están a visitar a illa co propósito de manter diversos encontros co equipo de organizadores locais e preparar adecuadamente o encontro. Gran Canaria aloxa este encontro despois de gañarlle a partida á candidatura da Coruña presentada conxuntamente pola Universidade da Coruña, Igalia e GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux). Os desenvolvedores de KDE e GNOME valoraron a ubicación xeográfica de Gran Canaria, tal e como explica Sebastian kügler, de KDE, un dos seus organizadores, polo apoio do Cabildo da illa, así como pola relativa fortaleza do Arquipélago en materia de sotftware libre -só nos colexios hai 35.000 aplicacións que funcionan con Linux-. «Ademais, todos os asistentes estarán encantados de vir a un sitio así», engade o directivo de Gnome, Dave Neary. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Martes, 16 de Decembro do 2008 |
|
A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, OUSLI, organiza o vindeiro xoves 18 de decembro a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense, Este encontro, como xa informara anteriormente Mancomún, ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión deste. Con este propósito a xornada estará patrocinada por Mancomún, en virtude do convenio asinado coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e a empresa Igalia. Asemade, colaborarán na xornada o GLUG , Thinetic Systems , Openhost , CGA, TEGNIX e a OSL-USC . O programa das xornadas é o seguinte: |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Martes, 16 de Decembro do 2008 |
|
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información fai esta mañá entrega en Cambados dos galardóns correspondentes ao II Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización. Estes premios, que teñen como obxectivo promover tanto o uso do galego como o das Tecnoloxías da Información e da Comunicación entre os diferentes sectores da poboación en xeral, adicarán especial atención, como xa sucedera na pasada edición, ao eido do software libre.
Nesta ocasión a iniciativa vencedora, pertencente ao ámbito das tecnoloxías abertas, foi "II Xornadas de Software Libre: Software Libre e Asociacións". Esta celebrouse o 5 de maio na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei, no Grove, e nela abordáronse aspectos como o software libre e as asociacións, ferramentas de software libre: Mozilla Firefox, Thunderbird, GRUVI (cesión de equipos obsoletos da Universidade de Vigo a entidades sociais totalmente equipados en software libre), virtualización de Linux sobre Windows e mitos sobre Linux. Tamén se presentou a proposta da creación dun Portal Web para as asociacións da comarca (por parte da Sociedade Comarcal). A xornada foi levada a cabo por Ana María Rosales García, dinamizadora no Concello do Grove, Ana Lorenzo Rivas, dinamizadora no Concello de Sanxenxo, Alberto Fandiño Mariño e Eliana Bouzas Collazo, dinamizadores no Centro Comarcal do Salnés. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Chamán
o Martes, 16 de Decembro do 2008 |
|
Coa finalización e publicación das especificacións finais de USB 3.0, o novo porto de interconexión de periféricos que promete aumentar en dez veces a velocidade de transferencia de datos e mellorar a xestión enerxética, chegan os primeiros controladores e probas de prototipos funcionando baixo Linux.
Na demostración, a velocidade de transferencia de datos superaba en 3,5 veces ao estándar USB 2.0, aínda afastada dos prometidos 600 MB/s, aínda que se trate da primeira etapa da implementación. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Martes, 16 de Decembro do 2008 |
|
Ao igual que o Firefox, o reprodutor multimedia Songbird da Fundación Mozilla ten a opción de ser ampliado a través de complementos que é un dos puntos diferenciadores cos seus principais rivais.
Agora que xa é oficial a versión 1.0 do Songbird, pasamos a detallar algúns complementos que farán que a túa experiencia con este aplicativo sexa máis pracenteira. Os desenvolvedores de Songbird recomendan que unha vez teñas instalado Songbird instales os seguintes complementos: Pero, ademais destes complementos que che permiten escoitar a música de distintos formatos propietarios, hai outros tamén de especial interese como poden ser... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Luns, 15 de Decembro do 2008 |
|
Agora que Google Chrome xa non está en fase beta, Google acaba de engadilo ao seu Google Pack como o navegador predeterminado. Firefox coa barra de Google preinstalada está aínda dispoñible, pero será necesario que o selecciones explicitamente. Segundo se di no seguinte blogue: "Google contribuíu significativamente á popularidade de Firefox promocionándoo na súa páxina web, incluíndo o software no seu Google Pack e animando aos publicistas a promocionar Firefox. Pero agora, a alternativa oficial de Google a Internet Explorer é Chrome." Polo de agora parece ser que isto só se está aplicando ás versión en Inglés destas aplicacións... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Luns, 15 de Decembro do 2008 |
|
Kiwix é un aplicativo de software libre dispoñible para Linux, Windows e Mac que permite descargar por completo a Wiktionary, Wikisource, Wikibooks, Wikiquote e Wikipedia en distintos idiomas, para poder consultalas sen conexión a Internet. O programa é moi sinxelo e aínda sendo unha primeira versión beta, cumpre coa súa función de maneira correcta. Permite consultar o contido da Wikipedia como si se fixera dende un navegador web, iso si, de forma offline (sen conexión a Internet). Inclúe algunhas funcións avanzadas de búsqueda e historial de consultas, así como catro skins diferentes para cambiar o deseño da súa interface. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Luns, 15 de Decembro do 2008 |
 A World Wide Web Consortium (W3C) acaba de lanzar novas directrices para axudar a deseñadores e desenvolvedores de páxinas web a crear sitios máis accesibles para persoas maiores e/ou con discapacidade. Trátase das " Pautas para a accesibilidade do contido na web WCAG2.0", que teñen por obxectivo eliminar as barreiras para acceder a Internet que atopan as persoas con discapacidade visual, física, cognitiva e neurológica, así como os maiores. Segundo W3C, estas directrices melloran as súas medidas actuais e estándares de accesibilidade para todo tipo de contido 'online', xa sexa texto, imaxes, son e vídeo e aplicacións web. Tamén explican como facer devandito contido máis fácil de navegar e ler, utilizando alternativas de texto para as imaxes, subtítulos para o audio, contrastes de cor, comandos de teclado, así como compatibilizalo co uso de axudas técnicas... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Luns, 15 de Decembro do 2008 |
|
A cidade de Cáceres será a sede da novena reunión anual de desenvolvedores de Debian, Debconf, que se celebrará o vindeiro 2009. A candidatura foi presentada este ano en Edimburgo (vídeo, vídeo en alta calidade) sendo considerada unha das mellores opcións para a DebConf9 (vídeo promocional).
Debian, e o software libre en xeral, levan contando dende fai tempo co apoio decidido de Estremadura. A DebConf8 celebrarase o vindeiro ano na cidade de Mar da Plata, en Arxentina, entre os días 2 e 17 de agosto. Ademais de numerosas charlas técnicas, sociais e políticas sobre Debian, DebConf ofrece unha oportunidade para que desenvolvedores, colaboradores e outras persoas interesadas poidan reunirse en persoa, coñecerse e traballar xuntos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Luns, 15 de Decembro do 2008 |
|
Visto na páxina de Ousli: "Despois de varios intentos e de moito deliberar que tipo de mirror iamos ser, conseguimos ser mirror oficial do proxecto Eclipse.
Como dato anecdótico poderiamos dicir que o mirror de Ousli é o único mirror de España que integra o proxecto Eclipse: A forma de acceso é moi sinxela: http://mirror.ousli.org/eclipse" Outros proxectos dos que Ousli é mirror: |
|