|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 26 de Outubro do 2006 |
|
O día 24 de outubro, o Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica entregou ao Ministerio de Administracións Públicas, o Primeiro Infome. Neste informe recóllense, entre outras cousas, denuncias relativas á falla de interoperatividade e neutralidade tecnolóxica dos servizos públicos sobre estruturas informáticas. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 26 de Outubro do 2006 |
|
SQO-OSS desenvolverá un conxunto de ferramentas de avaliación de software coas que se poderá analizar e comparar a calidade do código fonte e probar a súa idoneidade para o seu despregue empresarial... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 25 de Outubro do 2006 |
|
Gromacs GUI é unha interface gráfica para o programa de simulación de dinámica molecular Gromacs. A interface permite a edición visual dos ficheiros MDP, gardar os comandos que máis uses e logo executalos de forma visual. Está escrita en Python usando PyQT, por iso para poder usala debes ter instalado no teu sistema Qt e PyQT (versión maior que a 3.0)... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por UDC
o Mércores, 25 de Outubro do 2006 |
 O Free Standards Group (FSG) creou a pasada semana a Linux Standard Base Developer Network, un movemento para promover a interoperabilidade das aplicacións xurdidas a través das distintas distribucións Linux e co obxectivo de favorecer o código aberto de sistema operativo. ... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 24 de Outubro do 2006 |
|
Durante a pasada ponte do Pilar celebrouse no Porriño a LinuxParty2006 organizada polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) coa colaboración de AGNIX e o Concello de Porriño. Esta party tiña o obxectivo de dar a coñecer o mundo do Software Libre e de compartir coñecemento. Falamos co presidente de GALPon Carlos Rodríguez que nos comentou o desenvolvemento das xornadas e das actividades da súa asociación. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 24 de Outubro do 2006 |
|
O Centro de Supercomputación de Galicia e a Universidade de Santiago traballan para implantar un campus virtual na Universidad Nacional Agraria de La Molina en Perú. Este sistema de e-learning basearase no uso de ferramentas libres. A iniciativa é coordinada pola área de e-learning do CESGA e cofinanciada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta. O proxecto busca crear unha aula con hardware e software para poñer en marcha un entorno virtual de aprendizaxe a distancia. Fonte: Xornal.com |
|
escrito por USC
o Martes, 24 de Outubro do 2006 |
|
A Fundación Mozilla pon ao dispor dos usuarios, dende hoxe na súa web, a versión final do navegador Firefox 2.0. Esta versión chega apenas seis dias despois da versión RC3, a última co selo de candidata a lanzamento.
O Firefox 2.0 trae algúns recursos interesantes, como corrección ortográfica no cadro de texto e soporte a suxerencias no cadro de busca. Mesmo coa segunda versión do navegador recén lanzada, a Fundación Mozilla xa traballa no Firefox 3.0, nun wiki de desenvolvemento... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Martes, 24 de Outubro do 2006 |
NVPerfKit é unha suite de ferramentas de rendemento para axudar a depurar e mapear aplicacións que usen OpenGL e Direct3D. Proporciona acceso a contadores de rendemento de baixo nivel dentro do driver e contadores de hardware de dentro da propia GPU (Unidade de Procesamento Gráfico). Os contadores poden ser usados para determinar exactamente como a súa aplicación está usando a GPU, identificar problemas de rendemento e confirmar que problemas se resolveron correctamente. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por GULO
o Luns, 23 de Outubro do 2006 |
|
Durante os días 30 e 31 de outubro, GULO organiza as I Xornadas de Introdución ao Software Libre. As Xornadas son totalmente de introdución e destinadas á xente que quere iniciarse no mundo de GNU/Linux e no Software Libre.
Estas xornadas realizaranse no Salón de Actos do Edificio Politécnico da Universidad de Vigo (Campus Ourense). A asistencia é totalmente GRATUÍTA. |
|
Ler máis...
|
|
|
 Inicio Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Remate  
|
| Resultados 2449 - 2464 de 2906 |