Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Curso de Writer no Concello de Pontevedra 
escrito por Mancomún o Venres, 02 de Xaneiro do 2009
Rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza no Concello de Pontevedra un curso en torno ao procesador de textos da suite ofimática OpenOffice.org, o Writer. O obradoiro impartirase os días 19, 21 o 23 deste mes en horario de 11 a 13 horas no Centro da Rede de Dinamización da S.I. de Monteporreiro.

 Serán un total de 6 horas nos que os asistentes aprenderán a crear e modificar un documento de texto empregando o Writer: formatar un texto, inserir imaxes e táboas no documento, crear encabezados e pés de páxina, imprimir...

Para máis información os interesados deberán dirixirse á Rede de Dinamización ou ben aos propios dinamizadores da actividade Cristina Conde Escaloni e Ana María Pérez Martínez.

Ler máis...


A Rede de Dinamización inaugura este sábado un novo centro en Vilagarcía de Arousa 
escrito por Mancomún o Venres, 02 de Xaneiro do 2009

 VilagarciaA Rede de Dinamización da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria, inaugura o vindeiro sábado, día 3, un novo centro en Vilagarcía de Arousa, que se ubicará na Avenida Juan Carlos I, nº 21 (Esquina Rúa Castor Sánchez).

A nova aula estará totalmente preparada para que o persoal dinamizador da Rede poida achegar as Novas Tecnoloxías á poboación. Comporán o equipamento un total de trece computadores con lectores de DNI, unha impresora a cor e outra en branco e negro, un proxector, unha cámara de fotos dixital, un escáner e doce cámaras web que estarán á disposición de quen desexe utilizalos.

Ler máis...


Software libre para tendas virtuais 
escrito por mar o Martes, 30 de Decembro do 2008
Existe un amplo abano de posibilidades para implantar un servizo de tenda virtual ou de carriño da comprhttp://mancomun.org/images/stories/carrito.pnga empregando ferramentas libres en función de gustos e necesidades.

Por un lado existen unha serie de complementos para os CMS se xa dispoñemos dun. Por exemplo o Virtuemart como complemento perfecto para o Joomla ou o Ubercart para o Drupal.

Doutra banda, para todo o conxunto de blogueiros que usan Wordpress e que teñen a necesidade de vender algunha que outra cousa dende o seu blogue teñen varias opcións para escoller: eShop con integración con Paypal powered store, Quick Shop para ter un carriño de compra tipo widget, para a venda rápida de produtos concretos, WP e-Commerce que permite montar un sistema de tenda virtual sobre wordpress máis avanzado, para venda de produtos tanto físicos como virtuais como mp3, pdf, etc. ou IAC para Wordpress unha solución de carriño para wordpress que converte os posts e páxinas en produtos.

Mais se o que se pretende é montar unha tenda de zero hai outras opcións máis recomendables.

Ler máis...


AMD libera código 3D dos chips R600 e R700 
escrito por Mancomún o Martes, 30 de Decembro do 2008

Podemos ler en TheInquirer :

http://mancomun.org/images/stories/amd_logo_es-es.gifAMD liberou o código encargado da aceleración 3D nos chips das familias R600 e R700, correspondentes ás gráficas Radeon HD 2xxx/3xxx e ás actuais Radeon HD 4xxx.

AMD ven de liberar un DRM (Direct Rendering Manager) funcional traballando con aceleración EXA e unha implementación inicial X-Video. Tamén liberou o programa r600_demo.

Ler máis...


BBpress traducido ao galego 
escrito por Mancomún o Luns, 29 de Decembro do 2008

O sistema de blogues BBPress  vén de ser traducido ao galego na súa versión 1.0.4 Alpha grazas á labor realizada polo equipo de egalego.com.

Segundo informan na propia páxina da iniciativa, o proceso de tradución de BBPress ao galego é o seguinte:

Descarga o ficheiro da tradución e descomprímeo no teu ordenador
Sube o arquivo ‘gl_ES.mo’ ó cartafol ‘/bb-includes/languages/’ (se non existe creao)
Modifica o ficheiro de configuración de bbPress (bb-config.php) e cambia esta liña …

define('BB_LANG', '');

por esta outra …

define('BB_LANG', 'gl_ES');

Ler máis...


Planet OUSLI accesible online 
escrito por Mancomún o Luns, 29 de Decembro do 2008

OusliOUSLI, Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, fixo pública na rede o planet da asociación no que se indexan as rss dos socios de OUSLI que queiran formar parte.

O planet, accesible dende a url http://planet.ousli.org, está baseado en qplanet, desenvolvido por queru e ao que se engadiron algunhas achegas do propios membros de OUSLI.

Ler máis...


Liberada nova versión do navegador social Flock 
escrito por Mancomún o Luns, 29 de Decembro do 2008
FlockA comunidade de desenvolvemento de Flock vén de publicar unha versión final e estable deste novo navegador social baseado en Mozilla Firefox. Trátase concretamente da versión 2.0.3, a cal incorpora o parche da versión 3.0.5 de Firefox, actualiza Flash ou elimina os servizos Piczo e Pownce, entre outras novidades que poden ser consultadas no listado de cambios .

Como xa informara Mancomún na súa aparición, este navegador integra servizos sociais como Flickr, del.icio.us, Wikipedia, editor de weblogs ou lector de RSS e pretende perfilarse como outra alternativa aos grandes navegadores do momento. Funciona en Linux, Mac e Windows.

Ler máis...


Os colexios de economistas contarán cunha web unificada e "social" baseada en SwL 
escrito por Mancomún o Venres, 26 de Decembro do 2008

As catro entidades territoriais e o Consello Galego de Colexios de Economistas terán os seus sistemas de xestión integrados mediante unha nova ferramenta web baseada en software libre. A iniciativa contou co financiamento da Consellaría de Innovación e Industria.

Durante o acto de presentación, o presidente do Consello, Roberto Pereira, salientou a importancia "deste salto cara ao equilibrio", para que todas as persoas colexiadas "estean en contacto mediante unha ferramenta común". O subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Rafael Juanatey, salientou a "crecente presenza do galego" nas TIC e lembrou que a consellaría achegou o 80% do financiamento do servizo.

Ler máis...


2ª Edición do plan de capacitación TIC 
escrito por Mancomún o Martes, 23 de Decembro do 2008
  • Aberto o prazo de inscrición para a 2ª edición do plan de capacitación TIC en SwL promovida pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre – Mancomún.
  • A segunda edición do plan de capacitación TIC terá lugar en Vigo do 10 de xaneiro de 2009 até o 14 de febreiro de 2009.
  • O prazo de inscrición remata o 8 de xaneiro de 2009

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través do Centro de Referencia e DVD da PEMEServizos de Software Libre puxo en marcha o pasado mes de xuño o Plan de capacitación TIC co obxectivo de capacitar á empresa TIC galega para que sexa quen de abordar proxectos de implantación e soporte de servizos básicos en Software Libre (ofimática, internet, ferramentas de traballo colaborativo e de publicación web).

A edición piloto deste plan celebrouse en Santiago de Compostela do 13 de xuño ao 19 de xullo de 2008 co fin de dispor dunha primeira experiencia que permitira adaptar os contidos do curso ás necesidades reais de formación en SwL das empresas TIC galegas.

Logo das valoracións positivas recibidas por parte do empresariado TIC galego, tanto durante a celebración do curso, como recentemente na Xornada de traballo sobre a implantación de solucións libres para a PEME” e unha vez realizadas as oportunas modificacións no plan en base á experiencia piloto, celebrase unha segunda edición do Plan de Capacitación TIC en SwL na cidade de Vigo entre o 10 de Xaneiro e o 14 de Febreiro. Serán un total de 65 horas que se impartirán en sesións intensivas de 4-5 horas os venres de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas.

O número de prazas dispoñibles é de 15 persoas para lograr un bo aproveitamento da formación. As empresas que estean interesadas en participar deberán enviar o documento de inscrición a formar @ mancomun.org antes do día 9 de Xaneiro co asunto "Inscrición en Capacitación TIC". A asignación de prazas atenderá rigorosamente á orde de recepción da inscrición.

Ler máis...


A Consellaría do Medio Rural migra ao xestor de contidos de código aberto Typo3 
escrito por Mancomún o Martes, 23 de Decembro do 2008
A Consellaría do Medio Rural acaba de renovar a súa páxina web. O servizo migrou ao xestor de contidos Typo3, de código aberto, seguindo a estratexia de racionalización da Consellaría de Innovación e Industria. Co novo portal auméntanse os servizos e as funcións que se ofrecían dende o departamento da Xunta.A web que se acaba de estrear centraliza toda a información relacionada coa Consellaría do Medio Rural e os numerosos organismos que dependen dela. Deste xeito, Medio Rural segue os pasos que xa deron outras webs da Xunta como o Observatorio Galego da Sociedade da Información, ByGalicia, Galiciapms ou, máis recentemente, Sociedadedainformacion.eu, que xa empregan o xestor de contidos (CMS) Typo3.

Coa renovación do portal da Consellaría de Medio Rural introducíronse novas características de accesibilidade. Por exemplo, integra o sintetizador de voz Cotovía, un sistema bilingüe de conversión de texto, útil para persoas con discapacidade visual, desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías do Sinal da Universidade de Vigo e por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades.

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 17 - 32 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...