|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 21 de Setembro do 2006 |
gvSIG é unha ferramenta para a xestión territorial con licencia GPL, multiplataforma e que está traducida a varios idiomas, entre eles ao galego. Caracterízase por unha interfaz amigable e soporta os formatos máis usuais, tanto ráster como vectoriais. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 21 de Setembro do 2006 |
|
Acábase de anunciar a aparición da versión 2.6.18 do kernel Linux. Entre as novidades destacan un soporte de herdanza de prioridades no espazo do usuario, unha ferramenta de depuración que valida "bloqueos", unha nova política de aforro de enerxía en sistemas multicore, SMPnice, melloras á infraestrutura SATA, migración de páxinas sen swap e un novo control de acceso dos paquetes para SELinux chamado "semarck". Máis información: LinuxChanges. |
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 20 de Setembro do 2006 |
Con versións para Linux, Mac e Win, Democracy é un software gratuíto e libre (licenza GPL) que pode recoller clips dos sitios típicos (YouTube, Google, Yahoo!, etc), descargalos mediante un cliente BitTorrent e organizalos. A Descarga pode igualmente programarse, ao estilo de programas como TiVo. Conta xa con 600 canles e cada día engádense novos, ademais dos que os usuarios queiran crear. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Mércores, 20 de Setembro do 2006 |
|
Os días 27 e 28 deste mes de setembro realizaranse as "Xornadas de Software Libre na USC", concretamente na Escola Técnica Superior de Enxeñería. Aulusc en colaboración con GLUG organizan estas xornadas orientadas fundamentalmente cara redes. ... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 20 de Setembro do 2006 |
|
a) Política e cambio social. b) Identidade e grupos sociais. c) Comunicación e cultura. d) Educación e aprendizaxes. e) Crítica e innovación. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 19 de Setembro do 2006 |
Snort é un popular programa para a detección de instrusos en redes de computadores. O seu creador, Marty Roesch, comezou a escribilo no ano 1998. Entón tiña 28 anos e decidiu montar unha empresa, Sourcefire, que vendería no ano 2005 por un prezo multimillonario: 225 millóns de dólares. A chave do seu éxito foi... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Luns, 18 de Setembro do 2006 |
UPCnet, fornecedor TIC da UPC, adaptou o Learning Management System Moodle ás necesidades específicas da UPC, creando a plataforma Atenea 4. Ao rematar a súa implantación en toda a universidade ao longo deste mes, 18 centros docentes, cun total de 34.000 usuarios, farán uso desta plataforma, o que a convirte na maior instalación de Moodle en España. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Luns, 18 de Setembro do 2006 |
|
Red Hat acaba de lanzar a versión beta de Red Hat Enterprise Linux (RHEL) 5, que ten integrada no seu código a máquina virtual Xen, co obxectivo de levar ao mercado masivo os sistemas de virtualización. Ademais de Xen, RHEL 5 inclúe un instalador mellorado, soporte para Infiniband, Kexec and Kdump, e integración smartcard. Espérase o lanzamento definitivo do produto para o día 21 de Decembro do 2006.
Fonte: Linux Magazine
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 18 de Setembro do 2006 |
Do 27 ao 29 de setembro celébrase o Open Education 2006. Este evento, que se celebra na Universidade de Utah está centrado nos aspectos sociais, culturais e técnicos dos recursos educativos libres. Un dos aspectos característicos deste evento é que todas as publicacións e presentacións que se acepten deben estar baixo unha licenza creative commons. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 15 de Setembro do 2006 |
|
O Concello de Santiago, en colaboración con mancomun.org Iniciativa Galega Polo Software Libre, organiza a xornada de traballo sobre localización de software “Producir, espallar, localizar... software en galego” o venres 29 de setembro a partir das 10 h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16). A xornada está orientada a persoas con actividades profesionais centradas nas áreas de educación, normalización lingüística e divulgación e formación das TIC. |
|
Ler máis...
|
|