Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
O Concello de Santiago repartirá 500 cd de OpenOffice.org entre as empresas da comarca 
escrito por mancomun.org o Venres, 17 de Novembro do 2006

Onte o coordinador do proxecto Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre ofreceu unha charla introdutoria sobre Software Libre orientada a empresarios da  comarca de Compostela.  A  Rede de Cooperación Local dependente da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago organizou este acto que tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre .

O Concello de Santiago repartirá ademais 500 cd con OpenOffice.org 2.0.4 en galego e cun corrector lingüístico incluído entre as empresas de Compostela e a súa área de influenza. Ademais do OpenOffice.org tamén se obsequiou ás empresas co libre de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto.   

Ler máis...


Un tradutor en código aberto recibe o Premio á Mellor Aplicación TIC do ano en Galicia 
escrito por mancomun.org o Xoves, 16 de Novembro do 2006
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia decidiu outorgar a imaxin|software o galardón á Mellor Aplicación TIC realizada este ano polo tradutor automático de código aberto Opentrad . Esta aplicación foi desenvolvida por varias empresas e universidades de toda España entre elas a Universidade de  VIgo.

Ler máis...


Mancomun.org amplía o seu convenio de colaboración con tres LUG máis 
escrito por mancomun.org o Xoves, 16 de Novembro do 2006
Mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre vén de ampliar o seu convenio de colaboración cos grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia a tres asociacións máis. Son a Asociación de Amigos da Informática Amigus das Pontes de García Rodríguez, Inestable de Ordes e Compostela Wireless da capital de Galicia. Con esta ampliación Mancomun.org tenta obter unha maior difusión do código aberto por toda a comunidade.
Sinatura do convenio
Ler máis...


Drupal 4.7 en galego 
escrito por mancomun.org o Xoves, 16 de Novembro do 2006
O Drupal é un dos CMS ou sistema xestor de contidos máis populares. Nun concurso celebrado recentemente para determinar cal era o mellor CMS de código aberto saíu elixido en segundo lugar despois de Joomla!. Agora acaba de aparecer a versión 4.7 de Drupal en galego.
 
Ler máis...


Preséntase o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información 
escrito por mancomun.org o Mércores, 15 de Novembro do 2006
Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, presentou con Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, as principais conclusións do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información. Grazas a este traballo pódese establecer un diagnóstico fiable da situación das novas tecnoloxías da información e da comunicación na nosa comunidade.  Tamén se presentou a web Sociedade da Información que recolle a estratexia para acadar a plena integración na era dixital así coma informes, estatísticas, novas, ferramentas e outros recursos. O Software Libre será unha liña prioritaria na política tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Sociedade da Información
Ler máis...


"Non se pode ser neutral co Software Libre igual ca non se pode ser neutral ante o progreso" 
escrito por mancomun.org o Mércores, 15 de Novembro do 2006
Mancomun.org tivo a oportunidade de falar con Juantomás García, presidente de Hispalinux e coautor  con  Alfredo Romeo do libro La Pastilla Roja, durante as pasadas Xornadas de Software Libre de Eganet. Na súa intervención no evento amosouse convencido de que o Software Libre é non só a mellor opción pola súa capacidade tecnolóxica senón tamén por ser xusta e de progreso.
Hispalinux
Ler máis...


Prohibido Pensar, Propiedade Privada 
escrito por mancomun.org o Mércores, 15 de Novembro do 2006

Xa está accesible, para libre copia e libre distribución o libro Prohibido Pensar, Propiedade Privada da Fundación Vía Libre.

Este libro mostra as discusións máis relevantes referidas á apropiación monopólica da vida e o coñecemento a través de reximes de patentes e copyrights. Foi editado pola Escuela Marina Vilte, o Programa Argentina Sustentable e a Fundación Heinrich Boell.

Os autores que interveñen neste trabajo son James Boyle, Silvia Rodriguez, Richard M. Stallman, Federico Heinz, Beatriz Busaniche, Bill Joy e as organizacións Grain e FSFLA.

Ler máis...


130 participantes no Concurso de Software Libre 
escrito por mancomun.org o Martes, 14 de Novembro do 2006

 O concurso Universitario de Software Libre organizado pola Universidade de Sevilla conta xa con casi 100 proxectos de 130 participantes espallados por toda a xeografía española.

O obxetivo principal é estimular aos estudiantes universitarios a que participen na creación proxectos de Software Libre, xa que eles son os futuros profesionais da Sociedade da Información

Ler máis...


Joomla! gañou un premio ao mellor CMS en Software Libre do 2006 
escrito por mancomun.org o Martes, 14 de Novembro do 2006

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpgDespois dunha rolda de nominacións e 8 semanas de votación, a tenda de libros on-line Packt acaba de publicar o gañador do premio ao mellor xestor de contidos en Software Libre do 2006. O premio recaeu en Joomla!, seguido de Drupal en segundo posto e Plone en terceiro lugar...

Ler máis...


Precisamos da vosa axuda para traducir as últimas cadeas do Firefox 
escrito por mancomun.org o Martes, 14 de Novembro do 2006

FirefoxO traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Precisamos da vosa axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma o antes posible. É o segundo proxecto de localización de software que se pon no Entrans tralo éxito da tradución OpenOffice.org 2.0.4. A interface deste conxunto de aplicacións ofimáticas foi traducida en tan só dous días aínda que quedan pendentes cadeas da axuda.

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2401 - 2416 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...