|
escrito por mancomun.org
o Luns, 06 de Novembro do 2006 |
Mancomun.org puido falar con Pere Martínez, Partner Sales Manager de Novell , durante as pasadas Xornadas de Software Libre de Eganet. Novell ten entre outros produtos baseados en Software Libre a distribución Suse ou a solución para o sistema educativo catalán Linkat e é un caso significativo de grande empresa que aposta polo OpenSource. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 06 de Novembro do 2006 |
Mancomun.org estivo presente no SIMO, o evento máis importante en España sobre tecnoloxías da comunicación, o próximo día 9 de novembro ás 13 horas no stand de Hispalinux. Dentro do ciclo de charlas que se celebrou ese día sobre administración e Software Libre estiveron presentes representantes doutras comunidades coma Extremadura, Madrid e Castilla La Mancha. |
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 03 de Novembro do 2006 |
|
Mancomun.org presenta o seu repositorio APT para a suite ofimática do OpenOffice.org en galego para poder manterte actualizado coa última versión do OpenOffice de mancomun.org
Con este sistema, todos os usuarios que usen unha distribución de GNU/Linux baseada en paquetes DEB e que teñan instalada a nosa versión do OpenOffice.org poderán actualizarse facilmente ás novas versións que saquemos máis adiante... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 03 de Novembro do 2006 |
|
A FSF (Free software Fundation) fixo pública a súa primeira distribución GNU/Linux, libre de software propietario xa que este tipo de programas abunda na maioría das distribucións. A gNewSense está baseada en Ubuntu GNU/Linux e en Debian GNU/Linux e ofrece aos usuarios "a estabilidade de Ubuntu e Debian co aditivo da liberdade", din os desenvolvedores Brian Brazil e Paul O'Malley. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 02 de Novembro do 2006 |
|
Vaise celebrar na Facultade de Ciencias Sociais e da Información, no campus de Jerez de la Frontera (pertencente á Universidade de Cádiz) durante os días 7, 8 e 9 de marzo do 2007 o Congreso Internacional FLOSS.
As principais liñas de interese do congreso van ser a aplicación e uso de FLOSS nos seguintes campos: - Educación
- Tecnoloxía
- Investigación.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 31 de Outubro do 2006 |
Mancomun.org entrevista a Álvaro Del Castillo. Álvaro é vicepresidente de GNOME Hispano ademais de traballar coordinando proxectos de Software Libre para a Universidad Rey Juan Carlos da que foi profesor asociado durante tres anos. Del Castillo tamén traballou en Andago onde foi un dos principais responsables de desenvolvemento do proxecto Linex que se converteu nunha referencia no Software Libre español. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 02 de Novembro do 2006 |
|
Presentamos unha lista de historias exitosas e recentes de tódolos ámbitos nos que está involucrado o Software Libre. Pode ser pola marxe de beneficios que dou á empresa, ou o difundir a tecnoloxía en áreas onde parecía imposible ou simplemente por xerar unha fonte de coñecemento libre; pero o caso é que o Software Libre está en todas partes... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Xoves, 02 de Novembro do 2006 |
|
A mediados de novembro está previsto que se celebren na ETSE as Xornadas Libérate 06, organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da USC). Estas xornadas, amosarán as alternativas en Software Libre aos programas que se empregan habitualmente a través de pequenos obradoiros. En concreto, serán catro obradoiros, de dúas horas cada un, que tratarán sobre OpenOffice.org, Gimp, Inkscape, Firefox, Thunderbird e Gaim... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 31 de Outubro do 2006 |
|
Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao galego na aplicación Entrans. A partir de agora todos os usuarios rexistrados do Entrans de mancomun.org poderán colaborar tamén na tradución do navegador Firefox ao galego. A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada da tradución ao galego de Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x do Firefox. Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da tradución da interface do OpenOffice 2.0.4. Tamén recordar que acabamos de subir a guía de estilo de mancomun.org, e que é necesario ler a guía para manter a coherencia nas traducións que se realicen. |
|
escrito por Administrador
o Venres, 27 de Outubro do 2006 |
"Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" presenta a versión 2.0.4 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux como de MS-Windows. Queremos agradecer especialmente a todos os usuarios de Mancomun.org que estiveron traducindo a interface do OpenOffice na aplicación Entrans, e contamos con todos vós para colaborar nas vindeiras traducións tanto do OpenOffice coma doutras aplicacións. |
|
Ler máis...
|
|
|
 Inicio Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Remate  
|
| Resultados 2433 - 2448 de 2906 |