Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
O portal web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega estará desenvolvido en Software Libre 
escrito por mancomun.org o Martes, 26 de Setembro do 2006

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega desenvolverá o seu novo portal de xeito íntegro en Software Libre. Esta web contará con contidos educativos en galego e un xogo tipo trivial ademais de diversas utilidades para docentes e estudantes.

A AS-PG asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria de máis de 50.000 euros para o desenvolvemento deste novo portal.   

Máis información: AS-PG  Código Cero



O goberno catalán lanza Linkat 1.0 
escrito por mancomun.org o Martes, 26 de Setembro do 2006

Cataluña lanza a súa propia distribución chamada Linkat 1.0 que se basea en Suse 9.0 e será distribuída entre todos os centros de educación pública desta comunidade. Linkat chega despois de meses de proceso de proba no departamento de educación da Generalitat e as universidades públicas catalás. Este sistema podería ser implantado en máis de 120.000 ordenadores de toda Cataluña.

Ler máis...


Mobilinux 4.1: móbiles con GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Martes, 26 de Setembro do 2006
Nesta mesma web de mancomun, puidemos ler, hai varias semanas, que existen solucións para dispositivos móbiles baseados en GNU/Linux e que son unha aposta seria de futuro polas grandes compañías de telecomunicacións.
Mobilinux é outro proxecto con este mesmo perfil e a compañía que está desenvolvendo este proxecto MontaVista Software, ten a ambición clara de facer desta distribución a máis competente de todas as existentes dentro do mercado baseado en GNU/Linux para dispositivos móbiles.
Ler máis...


Lista dos 10 mellores xogos libres para GNU/Linux 
escrito por USC o Martes, 26 de Setembro do 2006

O sitio Techgage contén un artigo destacando os 10 mellores xogos libres para GNU/Linux. Os criterios que teñen que cumprir estes xogos son:

  1. Deben ser gratuítos
  2. Non deben precisar o Wine
  3. Sexan Open Source
  4. Teñan unha instalación sinxela
  5. Non sexan complemento dun xogo comercial 

Atendendo a estes criterios a lista de xogos escollidos é...

Ler máis...


Open Source nas telecomunicacións. 
escrito por UDC o Martes, 26 de Setembro do 2006

Recentes movementos próximos ao Open Source das compañías Digium e Vyatta fan especular coa introdución do Open Source dentro do mundo das telecomunicacións. ...

Ler máis...


A Corte de Casación francesa estrea sitio web baseado en Open Source 
escrito por UDC o Luns, 25 de Setembro do 2006

A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo "website" baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. ...

Ler máis...


Curso "Experto en Implantación de Software Libre na Peme" 
escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Setembro do 2006
Abriuse a convocatoria para o curso "Experto en Implantación de Software Libre na Peme" do INEM. Este curso impartirase en Vigo na Academia Tecnos (López Mora 85) nos meses de outubro e novembro. A convocatoria é o Xoves 28 ás 11:30 na mesma academia.

Os requisitos para poder optar ao curso son estar inscrito no INEM e ter un FP2 de Informática ou ter cursado algun curso do plan FIP que garantice algunha base de coñecementos ou similar

Para coñecer o programa podedes chamar ao teléfono 986299952.

Ler máis...


Os servidores Augment de AMD contarán con arquitectura Open Source 
escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Setembro do 2006

O fabricante de microprocesadores AMD adoptará unha solución Open Source para o seu procesador de servidores Opteron. Esta decisión levará a outros fabricantes de chips a deseñar compoñentes compatibles con placas Opteron coa esperanza dunha integración a longo prazo en Opteron.

Ler máis...


Eclipse consigue un novo apoio de IBM 
escrito por UDC o Luns, 25 de Setembro do 2006
IBM anunciou a sua intención de expandir o seu soporte e ferramentas para a plataforma de desenvolvemento Eclipse Open Source. Dende o seu lanzamento en xuño, a última versión de Eclipse (Eclipse 3.2) foi descargada cerca dun millón e medio de veces e segundo un recente estudo do IDC, está sendo usada por máis de 2 millóns de usuarios ...
Ler máis...


O 71% dos desenvolvedores utilizan código aberto 
escrito por USC o Luns, 25 de Setembro do 2006

Unha pesquisa realizada pola IDC, empresa especializada en enquisas e análises en TI, apuntou que o 71% dos desenvolvedores de software en todo o mundo utilizan código aberto, aínda que, segundo o estudo, so o 54% deles producen sistemas con esa tecnoloxía...

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2513 - 2528 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...