|
escrito por mancomun.org
o Luns, 16 de Outubro do 2006 |
|
O día 19 de outubro celébranse en Lugo e Santiago dúas xornadas sobre Software Libre dirixidas ás empresas. A de Lugo está organizada pola Sala de Innovación Tecnolóxica do Concello de Lugo e conta coa colaboración da Fundación Cel-Iniciativas por Lugo, Caixa Galicia, a Consellería de Innovación e Industria e a participación de R como socio tecnolóxico. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 16 de Outubro do 2006 |
|
Os Obradoiros Abertos que vén celebrando a xente de CompostelaWireless tódolos martes dende o mes de Xullo, veránse interrumpidos temporalmente durante os meses de Outubro e Novembro, segundo anuncian na súa web. Concretamente cancélanse os obradoiros dos días 17, 24 e 31 de outubro e o do día 7 de novembro. Despois destas datas reanudarase a actividade previa publicación dun novo anuncio. |
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 13 de Outubro do 2006 |
|
A Xunta de Extremadura dá un paso máis no seu pulo no Software Libre e decide incluír no temario das oposicións públicas o paquete ofimático OpenOffice.org. Esta ferramenta ten soporte 100% para o estándar Open Document Format (ODF) aprobado pola ISO con número 26300.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 11 de Outubro do 2006 |
|
Organizado por Galiza Nova, patrocinado pola Concellaria da Xuventude do Concello de Vilagarcia de Arousa e coa colaboración de AGNIX e Mancomun.org desenvolveranse no auditorio de Vilagarcía e no Centro Cultural da Torre os días 27 e 28 deste mes que andamos unha charla e un obradoiro sobre Software Libre co seguinte programa: -Charla Venres 27 de Outubro 20:30 h. Auditorio de Vilagarcía de Arousa
- Roberto Brenlla - Achegamento ao Software Libre.
-Obradoiro Sábado 28 de Outubro 12:00 h. Centro Cultural da Torre (Vilagarcía de Arousa)
- Xabier Alonso. Instalación e achegamento ao GNIX.
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 11 de Outubro do 2006 |
|
O labor dos voluntarios que empregaron o entrans para traducir a versión candidata ou release do OpenOffice.org 2.0.4 logrou que xa estea en galego o 100% da interface. Desde mancomun.org agradecemos de xeito especial o entusiasmo co que foi acollida esta iniciativa. Gracias a vós poderemos ter en pouco tempo a nova versión oficial do OpenOffice.org en canto sexa definitiva.
Pero aínda queda moito por facer. A localización das cadeas correspondentes ao novo contido da axuda está pendente. Cómpre lembrar que o galego é un dos poucos idiomas no mundo que dispoñen dunha axuda totalmente traducida. Ir ao entrans . |
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 11 de Outubro do 2006 |
|
Xa está á vosa disposición a charla que ofreceu Jordi Màs, coordinador xeral de Softcatalá, no taller de localización de software que se celebrou o pasado día 29 de setembro en Santiago. No seu relatorio expuxo a experiencia de Softcatalá coa tradución de diversos proxectos libres ao catalán a través do voluntariado. Entrar na zona de descargas.
|
|
escrito por GALPon
o Martes, 10 de Outubro do 2006 |
O alcalde do Porriño, Raúl Francés, presentou hoxe en rolda de prensa a segunda edición da Linux Party, un encontro de persoas interesadas na informática e o Sofware Libre que se desenvolverá do 12 ao 15 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes. Na presentación estivo acompañado de Carlos Rodríguez (presidente de GALPón) e Manuel Hermo (presidente de AGNIX). |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 09 de Outubro do 2006 |
|
Acabamos de poñer en marcha un novo servizo na web de mancomun.org ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón web: http://www.mancomun.org/entrans Con este novo servizo queremos implicar á maior cantidade de xente posible a que colabore na tradución de Software Libre, e para iso empezamos, poñendo á vosa disposición, as cadeas que quedan por traducir ao galego da próxima versión do OpenOffice. Unha vez teñamos estes ficheiros traducidos poderemos sacar a próxima versión do OpenOffice en galego gracias á vosa colaboración... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Martes, 10 de Outubro do 2006 |
|
Nunha entrevista publicada na páxina web de Nintendo, Satoru Iwata (presidente da compañía nipona) confirmou que por primeira vez nunha das súas consolas, Nintendo poderá seguir realizando melloras no sistema operativo a través de distintas actualizacións, ofrecendo novas características aos consumidores unha vez que xa mercaran unha Wii ... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Martes, 10 de Outubro do 2006 |
|
Despois dun ano de espera dende a última versión estable, Skype vén de publicar unha nova versión do seu cliente para Linux, con soporte ALSA para o son, limpeza xeral do código de interface de usuario, un filtro máis rápido de lista de contactos e outras melloras.
Esta nova versión pódese descargar da páxina web: http://www.skype.com/download/skype/linux/
Fonte: DiarioLinux
|
|
|
 Inicio Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Remate  
|
| Resultados 2481 - 2496 de 2906 |