|
escrito por mancomun.org
o Luns, 13 de Novembro do 2006 |
|
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 10 de Novembro do 2006 |
O libro de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto está á vosa disposición na sección de descargas en formato PDF. O libro supón unha excelente aproximación ao Software Libre e ao seu contexto para os non iniciados ademais dun gran alegato en favor desta opción tecnolóxica. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 10 de Novembro do 2006 |
 SIESTTA (Solución Informática Especializada no Seguimento Titorial do Alumnado) foi desenvolvido por Ramón Castro Pérez coma Software Libre publicado baixo licenza GPL. "É unha gran ferramenta para o colectivo dos profesores e para o ámbito educativo en xeral", comenta o seu autor. Este software libérase coa intención de crear unha comunidade de docentes interesados en mellorar e optimizar este software, sempre dentro do movemento do software libre. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 10 de Novembro do 2006 |
|
O ano 2006 foi o ano máis frutífero en canto a actividades relacionadas co Software Libre en Galicia. O número de actividades rexistradas andou ao redor do medio cento polo que practicamente se dobrou o número de eventos dos dous anos anteriores. Os grupos de usuarios de Linux foron os principais protagonistas deste aumento. A Consellería de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración con seis destes grupos, que en breve se ampliará con outros tres, o verán pasado e que serviu de acicate para este incremento. Coma novidade salientable, o sector empresarial amosou un grande interese polo Software Libre con diversos eventos orientados á PEME en xeral e ás empresas do sector TIC.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 09 de Novembro do 2006 |
|
O vicerreitorado de Tecnoloxía e Innovación Educativa da Universidade de Alacante organiza as "II Jornadas por el Conocimiento Abierto y el Software Libre (II Jornadas COPLA)" tendo lugar estas durante os días 9 e 10 de novembro no salón de actos da Escola Politécnica Superior da Universidade de Alacante. Estas xornadas queren reflectir a nova tendencia tecnolóxica, política e social, do movemento do software libre e do coñecemento libre que está afectando e revolucionando ás distintas contornas, dende as universidades ata a administración e as empresas. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 09 de Novembro do 2006 |
|
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 08 de Novembro do 2006 |
|
SQLyog é unha ferramenta que se comporta coma interface entre o usuario e o servidor de bases de datos MYSQL. É unha das ferramentas máis coñecidas polos desenvolvedores web xa que é de gran utilidade á hora de desenvolver aplicacións en entornos LAMP. Esta aplicación traballa coas versións de MySQL desde a 3.23 á 5.1.x, funcionando baixo Windows e Wine (para GNU/Linux e outras variantes de *nix onde este sexa instalable). |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Mércores, 08 de Novembro do 2006 |
|
Adobe Systems contribuirá con código fonte á Fundación Mozilla para que as dúas organizacións poidan establecer unha linguaxe de scripts común para que os desenvolvedores poidan crear aplicacións interactivas para Flash Player, de Adobe, e para o navegador Firefox, de Mozilla. ... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 08 de Novembro do 2006 |
|
Oracle fixo pública a súa distribución Oracle Enterprise Linux totalmente orientada ó ámbito empresarial. É un produto derivado de Red Hat Enterprise AS 4 polo que ten o mesmo aspecto que o sistema do "Sombreiro Roxo" pero sen logos.
A empresa di que a súa confianza en GNU/Linux é máxima e ofrece un servizo de soporte para GNU/Linux chamado "Oracle Unbreakable Linux" (Oracle Linux indestructible) para os clientes con produtos Oracle. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por USC
o Mércores, 08 de Novembro do 2006 |
|
Anunciouse o lanzamento da cuarta revisión da distribución estable Debian GNU/Linux 3.1 ("sarge").
Esta nova versión engade principalmente correccións a problemas de seguridade que apareceron na versión estable así como uns poucos axustes a problemas de seguridade. A actualización a esta revisión faise xeralmente por medio da ferramenta de paquetes APT, usando algún dos moitos mirrors FTP ou HTTP dispoñibles...
|
|
Ler máis...
|
|
|
 Inicio Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Remate  
|
| Resultados 2417 - 2432 de 2906 |