|
escrito por Mancomún
o Venres, 09 de Xaneiro do 2009 |
- Fernando Blanco presentou esta mañá as convocatorias de axuda dirixidas a empresas e entidades sen fin de lucro para a extensión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación
- Dúas das liñas de axuda, dotadas de 1,5 millóns de euros, destínanse especificamente ao desenvolvemento do sector TIC galego
A Consellaría de Innovación e Industria valorará con especial relevancia o uso das tecnoloxías e os estándares abertos na convocatoria das dúas ordes de axuda que, este ano, promoverán a extensión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas e no conxunto da sociedade galega.
O titular da Consellaría, o nacionalista Fernando Blanco, presentou as convocatorias ante o tecido empresarial do sector e anunciou que a dotación orzamentaria das axudas se incrementa un 46% con respecto ao ano pasado, ata acadar un importe global de 7,3 millóns de euros. En presenza da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade de Información, Helena Veiguela, o conselleiro considerou que a medida contribuirá a mellorar a competitividade do tecido produtivo do país, a xerar riqueza e a actuar contra os efectos da crise económica. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Venres, 09 de Xaneiro do 2009 |
|
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre fai un chamamento a toda a comunidade de desenvolvemento galega para a presentación de actividades Un ano máis, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre asumirá os labores de coordinación de todas as actividades relacionadas coas tecnoloxías e os estándares abertos que teñan lugar no transcurso do Xuventude Galiza Net, a maior maratón informática de Galiza que se celebrará entre o 3 e o 5 de abril. Esta iniciativa será posible grazas ao convite da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, do cal Mancomún quere facer partícipe á toda a comunidade de desenvolvemento galega de software libre, erixíndose como canalizador das propostas achegadas.
Todos os axentes integrantes da comunidade, tanto a título indiviual, de asociación ou de empresa, poderán propoñer actividades que polas súas características e polo seu interese teñan cabida no programa da nova edición do Xuventude Galiza Net. As suxestións deberán ser enviadas antes do 15 de febreiro ao enderezo eventos @ mancomun.org cos seus detalles e coa indicación do tipo de actividade: obradoiro, relatorio, actividade no posto de Mancomún, actividade na LibreZona ou outras. A maiores, Mancomún está a manter actualizado un wiki no que se irá dando conta de todas das novidades que se produzan en volta do evento. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Venres, 09 de Xaneiro do 2009 |
|
A iniciativa , enmarcada dentro da nova estratexia de accesibilidade electrónica para o cidadán , concretarase nun estudo de viabilidade e nun plan de adaptación O Concello de Santiago de Compostela apostará polo software libre na súa nova estratexia de cara á mellora do acceso electrónico aos servizos públicos ofertados polo consistorio aos cidadáns. Así o puxo onte de manifesto a concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, durante a presentación dos plans que rexeran todo o proceso.
Este proxecto concretarase a través de dous plans directores, que darán como resultado unha maior accesibilidade e navegabilidade do portal web, a renovación da intranet municipal, a integración das aplicacións informáticas do Concello e unha serie de servizos específicos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por fjrial
o Venres, 09 de Xaneiro do 2009 |
|
Ubuntu Eee é unha distribución alternativa de Linux baseada en Ubuntu, a cal foi modificada exclusivamente para correr nos ultraportátiles Asus Eee PC.
Para evitar problemas legais con Canonical, empresa detrás de Ubuntu, durante os últimos meses o seu creador estivo a buscar un novo nome, ata que finalmente decidiu rebautizalo como Easy Peasy, idea que xurdiu do lema "Sinxelo para aprender, traballar e xogar" do Asus Eee PC. Este proxecto naceu en decembro de 2007 como un simple script para corrixir algúns problemas que tiña a distribución estándar de Ubuntu ao ser instalado en ditos ultraportátiles, para logo ser lanzado en xuño de 2008 como unha distribución completa recibindo aproximadamente 60.000 descargas. Algúns meses máis tarde, precisamente en setembro, saíu á luz a versión Ubuntu Eee 8.04.1, moito máis rápida e estilizada que a súa antecesora, e que até o día de hoxe foi descargada máis de 225.000 veces. A súa próxima versión, baseada en Ubuntu 8.10, estará dispoñible para descargar en xaneiro de 2009 xa baixo o nome de Easy Peasy. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Xoves, 08 de Xaneiro do 2009 |
|
Na páxina de de recursos para programadores de IBM podemos atopar un interesante artigo no que, a modo de proba de concepto, se nos presenta a idea de visualizar redes sociais de forma gráfica e sinxela. Un resumo do proceso levado a cabo sería máis ou menos así: - Extracción de datos empregando a API de Twitter
Twitter ten unha API e documentación moi claras, o que proporciona métodos excelentes para acceder á “información social” dos usuarios. Descárgase o perfil completo do usuario que especifiquemos, así como a imaxe de usuario, e os seus “amigos”. Os ficheiros xml con estes datos só se descargarán se non existen xa, así que se se quere contar con información recente, será necesario borralos á man se xa existen. O seguinte será conseguir a información referente aos “amigos dos amigos”.Como se poderá ver, moitos “amigos” comparten tamén algúns “amigos” entre si, o que reducirá o número de peticións aos servidores... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por fjrial
o Xoves, 08 de Xaneiro do 2009 |
|
O lanzamento de Yo Frankie! non marcou o remate do proxecto Apricot, que mesmo despois de entregar un excelente xogo, aínda precisa de melloras e pode ser ampliado. Así como acontece con outros xogos comerciais, o xogo precisa e pode recibir melloras, e Barton Campbell, un dos membros do equipo de desenvolvemento do xogo, lanzou un pequeno concurso, para incentivar ás persoas ao redor do mundo a traballar no deseño dun novo nivel para o xogo.
Haberá premios de 250, 150 e 100 euros respectivamente para os tres gañadores e para todos os participantes queda a posibilidade de que o nivel enviado para o concurso sexa incluído na próxima actualización do xogo. Para saber máis sobre o concurso, as regras para o desenvolvemento e a maneira na que serán xulgados os proxectos, visite: http://www.yofrankie.org |
|
escrito por Mancomún
o Xoves, 08 de Xaneiro do 2009 |
 Activista pola liberdade do coñecemento, Marcelo Branco é unha das persoas de referencia á hora de falar do software libre no Brasil pero tamén no resto do mundo. Dende o ano 2003 até xaneiro de 2005 foi consultor da Presidência da República de Brasil para a articulación da Sociedade da Información. Posteriormente trasladou a súa actividade profesional a España, onde traballou até o ano 2007 no goberno da Generalitat de Catalunya como asesor responsábel da Estratexia de Software Libre do Goberno a través da Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información, coordinando o proxecto Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. A súa experiencia tanto no Brasil, un dos países exemplares no proceso de migración ás tecnoloxías abertas, coma en España fan da súa opinión unha información a ter en conta. Mancomún falou con Marcelo Branco no transcurso da Conferencia Internacional de Software Libre en Málaga, onde participou na mesa redonda “Existe a neutralidade tecnolóxica? é posíbel a convivencia? ”. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 07 de Xaneiro do 2009 |
|
A medida busca achegar a un maior número de empresas TIC galegas á participación no programa
 O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, acaba de estender o prazo de inscrición para o 2º Plan de Capacitación TIC co obxecto de facilitar a asistencia dun maior número de empresas TIC, que puideran ter permanecido alleas á convocatoria por mor das festas do Nadal. De acordo con este aprazamento, a primeira sesión teórica do curso terá lugar o sábado 17 na Cámara de Comercio de Vigo (Rúa República Arxentina 18A, Vigo) e continuará nas vindeiras sesións prácticas, tamén na cidade olivica, no Colexio Vivas (Rúa Príncipe 17 e Policarpo Sanz 20, Vigo). As persoas interesadas poderanse anotar no enderezo formar @ mancomun.org enviando o documento de inscrición antes do vindeiro día 15 de xaneiro. Co propósito de acadar un aproveitamento óptimo da formación, o número de prazas ficará restrinxido a 15 persoas. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por fjrial
o Mércores, 07 de Xaneiro do 2009 |
|
Derivados dos traballos de galeguización dos aplicativos da suite Mozilla, atopámonos cunha nova extensión de ficheiro: os .mar, dispoñíbeis para descarga desde os FTP de Mozilla.
Un ficheiro .MAR (Mozilla Archive) é un tipo especial de ficheiro usado polo sistema de actualizacións automática dos produtos Mozilla
Por que non usar ZIP ou algún formato estándar? Segundo explican no wiki de Mozilla, "esta cuestión xa foi considerada e decidiuse finalmente optar por un formato de ficheiro propio xa que sería máis doado escribir código novo para darlle soporte a este formato que modificar o existente (libjar). Máis aínda, o sistema de actualizacións tampouco necesita un formato de ficheiro estándar. Os elementos almacenados son diffs de ficheiros binarios comprimidos en bzip2 polo que se podería descomprimir o ficheiro usando ferramentas estándar."
Máis detalles a continuación sobre o formato do ficheiro... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 07 de Xaneiro do 2009 |
|
O equipo de desenvolvemento web do OGSI rematou coa migración a software libre do portal da Estratexia Galega da Sociedade da Información O equipo de desenvolvemento web do OGSI rematou nas últimas semanas coa migración a software libre do portal da Estratexia Galega da Sociedade da Información (sociedadedainformacion.eu), segundo anunciaron hoxe fontes da entidade. Este proceso consistiu en reproducir e mellorar o portal existente utilizando Typo3, unha avanzada ferramenta de xestión de contidos (CMS ) en código aberto.
Typo3 permite realizar sitios web con estrutura multinivel, motor de procura, xestión de autoría, mecanismo de xestión de modelos para maquetación, personalización de páxinas segundo a identidade do usuario. É unha ferramenta enteiramente extensible mediante un elevado número de módulos que fai dela unha das máis importantes na súa categoría. O portal do PEGSI foi realizado na súa totalidade en software libre, seguindo os pasos doutras webs impulsadas desde a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información como Observatorio Galego da Sociedade da Información, ByGalicia ou Galiciapms que xa foron realizadas con Typo3 e empregan esta aplicación libre para a xestión diaria dos seus contidos. A nova web do PEGSI incorpora entre outras melloras un potente buscador que é unha das súas achegas orixinais a este desenvolvemento colaborativo. |
|
Ler máis...
|
|