Menu Content/Inhalt
» Inicio
Barcelona acolle a I Conferencia Internacional de Software Libre para promover a educación 
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Xullo do 2008
FkftBarcelona acollerá do 15 ao 17 de xullo a primeira conferencia Internacional entorno o Software Libre como instrumento que favoreza a educación, a Free Knowledge, Free Technology Conference (FKFT), No encontro participarán uns 200 profesionais de administracións públicas, empresas, do sector pedagóxico e de ONG de todo o mundo.

O congreso analizará, entre outros temas, as posibilidades de que as tecnoloxías libres contribúan a universalizar a educación, a abaratala e a aplicala, polo menos, na educación pública.

Ler máis...


Ciberirmandade da Fala extende a localización de SwL coa publicación dunha guía de localización  
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Xullo do 2008

CiberirmandadeNo seu propósito de facer extensible a tradución de software a calquera persoa, tanto do eido informático como allea a el, a Ciberirmandade da Fala vén de rematar a guía de “tradución de software na CIF”. Ademais, o colectivo fai un chamamento á colaboración para, segundo din, "podermos facer máis pola nosa lingua".

Esta guía trátase dun manual online, construído sobre a plataforma Moodle da asociación, onde os iniciados á tradución de software poden coñecer detalladamente o procedemento para traducir de forma online a través do traduCIF, o tradutor Entrans habilitado pola Ciberirmandade da Fala.

Ler máis...


Codeka, nova aplicación de facturación, terminal de punto de venda e control de almacéns para a PEME 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Xullo do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/codeka.jpgCodeKa é un software de facturación, terminal punto de venda (TPV) e control de almacén, deseñado especialmente para pequenas e medianas empresas. Desenvolvido en Estremadura, esta é unha nova versión do software Galopín presentado en 2004, e que mellora notablemente o rendemento e as funcionalidades deste, baseándose na experiencia acumulada dos propios usuarios do programa.

O seu funcionamento a través de contorna web permite o seu uso multiplataforma, tanto en sistemas Windows como GNU/Linux. O software foi desenvolvido en linguaxe PHP e utilizando como motor de base de datos MySQL...
Ler máis...


Ruben Díaz: "Se che gusta a ciencia e o coñecemento, como non sentirte atraído pola idea do SwL?" 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Xullo do 2008

Rubén Díaz Lázaro é técnico de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Clube de Astronomía Vega de Santiago. Mañá será o encargado de impartir en Rianxo un Obradoiro de Software Libre para Astronomía.

Este encontro, enmarcado dentro do curso de verán da USC sobre Astronomía e Contaminación Lumínica e organizado en colaboración con Mancomún, afondará no estudo e análise de aplicacións de tecnoloxía aberta vencelladas ao eido da astronomía.

Mancomún falou con Rubén Díaz para coñecer máis de preto os contidos deste obradoiro.

Ler máis...


Onte comezou un curso de bases de datos en Rianxo 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Xullo do 2008

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información está celebrando un curso de formación en base de datos de 40 horas de duración.

O curso desenvolverase até o próximo día 30 durante os martes, mércores, xoves e venres de 10.00 a 13.00 horas.

O lugar de celebración do mesmo será o Baixo da Biblioteca Pública Municipal, situada na Praza Rafael Dieste...

Ler máis...


Software para xestión de proxectos con Subversion integrado  
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xullo do 2008
fve Un grupo de estudantes da Universidade Complutense de Madrid desenvolveu a extensión FVE para DotProject. FVE é un módulo adicional para o sistema libre e de código aberto dotProject, o xestor de proxectos con interface web, e que introduce numerosas melloras. 

A extensión incorpora un asistente para a importación de definicións de proxectos (OpenUP, Scrum, XP e algún outro); a xestión de control de versións con Subversion (dotproject só permite etiquetar a man os ficheiros); o concepto de rol como responsable de tarefas; e a posibilidade de definir dependencias de tipo produce/consome entre tarefas e produtos do proceso de desenvolvemento.

O software distribúese baixo GPLv3 e pódese descargar en SourceForge. Os desenvolvedores habilitaron un sitio web no que está dispoñible o manual de instalación e de uso da extensión, as demos ou o wiki da extensión, entre outras cousas.

Ler máis...


Resolvendo Sudokus con Software Libre  
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xullo do 2008
sudokusSudoku-Savant é unha aplicación para solucionar e xerar quebracabezas Sudokus de xeito lóxico e con formatos de táboa de 3x3 , 5x6 ou 6x5 celas.

A aplicación funciona proporcionando paso a paso a solución de calquera quebracabezas Sudoku que poida atoparse nun xornal ou revista. Ademais, Savant recurre ao método do “ensaio-erro” para actuar cando se lle presenta unha opción realmente complexa.

Ler máis...


Dispoñible digiKam 0.10.0-beta1 para KDE4 
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xullo do 2008
digiKamOs desenvolvedores de digiKam veñen de facer pública a primeira beta da versión 0.10.0. da aplicación para KDE 4.

DigiKam é un xestor de fotografía dixital avanzado para Linux, que permite, entre outras funcións, visualizar, xestionar, editar, organizar e compartir fotografías entre sistemas Linux.

Esta versión, de momento, só está operativa para KDE 4 e en modo de desenvolvemento. 
Ler máis...


Mancomún imparte este mes un curso de contabilidade con AbanQ no concello do Grove 
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xullo do 2008

http://www.mancomun.org/images/banners/rededinamizacion.pngMancomún en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e máis o concello do Grove está impartindo un curso de contabilidade durante este mes.

Desde o día 7 até o 22 de xullo desenvolverase no Grove o curso de Contabilidade, no que se empregará o programa de software libre AbanQ, coñecido anteriormente como FacturaLux. O curso levarase a cabo na Aula da Rede de Dinamización situada no primeiro andar da Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey, en horario de luns a venres de 20 a 22 horas.

Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real...


Ler máis...


Innovación e Industria aposta pola implantación do SwL entre o colectivo de autónomos galegos 
escrito por mancomun.org o Luns, 07 de Xullo do 2008

dxpisiA Consellaría de Innovación e Industria promocionará o uso do Software Libre entre o colectivo de traballadores autónomos galegos, subvencionando a adquisición de ordenadores persoais con ferramentas de tecnoloxía aberta, especialmente no referente ás aplicacións ofimáticas e de acceso á internet (Linux, Firefox e OpenOffice).

Con esta medida, dotada cun orzamento próximo a un 1,7 milóns de euros, o goberno galego quere incrementar a presenza das tecnoloxías abertas entre o tecido empresarial galego como forma viable para o seu desenvolvemento sostible. A iniciativa enmárcase dentro das estratexias operativas do PEGSI 2007-2010, deseñado pola Consellaría de Innovación e Industria.

O programa de axudas, previsto para o bienio 2008-2009, convocarase proximamente, unha vez se faga público o listado de de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións.

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 145 - 160 de 2590

Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement