|
escrito por mancomun.org
o Luns, 07 de Abril do 2008 |
Desde o próximo curso, 9.000 computadores das escolas de Xenebra (Suíza) pasarán a ter Ubuntu como único sistema operativo instalado. O xornal “ Tribune de Genève”, da devandita cidade informa que desde setembro deste mesmo ano, todos os computadores escolares que actualmente teñen instalado tanto Windows como GNU/Linux pasarán a ter instalado só GNU/Linux e usarase só Software Libre. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
ImpressCMS 1.0 é a primeira versión estable deste xestor de contidos (CMS) desenvolvido pola comunidade e que foi liberado o pasado mes. Esta ferramenta permite o mantemento dun sitio web dun xeito sinxelo e ideal para unha ampla gama de usuarios, dende grandes empresas ata usuarios que queren ter un simple blogue.
Características máis reseñables de ImpressCMS:
- Modular, os contidos da sitio web están xestionados por separados a través de módulos. Só é necesario instalar o módulo o cal conta coas características desexadas: foros, novas, álbum, módulos terceiros, ...
- Soporte para base de datos, para o almacenamento dos contidos emprega MySQL pero en breve soportará outros xestores de base de datos.
- Xestión de usuarios, os usuarios rexistrados empregan o sistema de ImpressCMS ou LDAP.
- Seguridade, os usuarios poden ser restrinxidos por IP, outras características de seguridade do backend, sistema de tokens de seguridade nos formularios e máis.
- Personalización de usuarios, perfís de usuario, selección de temas para o sitio por parte dos usuarios, ...
- Soporte de idiomas multi-byte, japonés, chino simplificado, coreano, ...
- Sistema de temas para personalización da interface
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
|
Preto dun centenar de escolas de Cataluña poderán utilizar o próximo curso 2008-09 a distribución Linkat nos seus computadores, sistema ideado para o seu uso nos centros educativos e que é gratuíto.
O departamento de Educació informou de que o uso deste programa estenderase a partir do próximo mes de setembro, despois de que no curso actual sexa posto a proba como proba piloto nunha vintena de colexios.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
|
Desktop Data Manager é unha aplicación que engloba as funcionalidades de portapapeis, xestor de descargas e capturador de pantallas. Está escrita para Gnome polo que se integra perfectamente nel. A icona principal agóchase na área de notificación para estar sempre accesible mais sen molestar. A continuación describimos as características máis innovadoras dentro de cada unha das súas 3 funcionalidades principais. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
 O mercado de software de código aberto para servidores terá un novo contendente: o ata agora insignificante (en servidores) Ubuntu Linux consegue a certificación de Sun Microsystems para os seus produtos, polo que poderá medirse de ti a ti con outros fabricantes como Red Hat e Novell. Mark Shuttleworth, fundador de Ubuntu Linux, anunciou onte que Sun Microsystems certificará pronto o seu software como compatible con algúns dos produtos Sun. Desta forma convértese no primeiro gran fabricante de servidores que permite que o seu hardware funcione con Ubuntu Linux. Grazas a estas certificacións, moitos desenvolvementos Linux empezarán a ser compatibles co hardware e o software vendido por Sun. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
Actualmente, Epiphany utiliza o motor Gecko, co que Epiphany é capaz de amosar as páxinas web coa mesma velocidade e precisión que o fai o navegador Mozilla Firefox... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 03 de Abril do 2008 |
|
O proxecto Decathlon é un proxecto coordinado polo organización de tradución de software de Suráfrica que ten como obxectivo principal conseguir traducir 10 ou máis programas a distintos idiomas.
Outros dos obxectivos son: - Crear ou asistir as comunidades de lingua a traducir software.
- Promover as distintas linguas facendo que o software estea dispoñible nas mesmas.
Os programas que se pretenden traducir, normalmente, terán unha cantidade de palabras a traducir entre 2.000 e 4.000. Non hai datas límites de tradución, senón o obxectivo global de lograr traducir durante este ano 10 programas a distintas linguas. O primeiro programa que comezarán a traducir será o FreeMind: http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/freemind. As traducións poderán facerse tanto de forma off-line, a través de ferramentas instaladas no computador como Kbabel, POEdit ou un simple editor de textos, así como de forma on-line e colaborativa a través dun servidor Pootle... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 03 de Abril do 2008 |
|
Visto en Glug Processing é unha linguaxe de programación de código aberto e un contorno de programación para persoas que queren facer imaxes, animacións e interaccións.
É utilizado por estudantes, artistas, deseñadores, investigadores e aficionados para o aprendizaxe, construción de prototipos e produción. Feito para ensinar os fundamentos da programación dentro dun contexto visual e para servir como un caderno de bosquexos de software e como ferramenta de produción profesional. Processing é desenvolvido por artistas e deseñadores como alternativa a ferramentas de software propietario do mesmo ámbito. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 03 de Abril do 2008 |
Menos dun ano despois de que a Free Software Foundation aprobase a versión 3 da Licenza GNU para código aberto, un informe de Palamida asegura que máis de 2.000 proxectos utilizan xa a licenza. Segundo Palamida, un vendedor de software e servizos para o seguimento de código de fonte aberta na base de código dos clientes, existen xa máis de 2.000 proxectos utilizando GPL v3. “A esta velocidade, a GPL v3 está sendo adoptada nunha proporción de 1.000 proxectos cada 4-5 meses, e se a tendencia continúa así, a licenza será utilizada por 5.000 proxectos ao final do ano”, explica Palamida no seu blogue. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 03 de Abril do 2008 |
Phoronix Test Suite é unha ferramenta, baixo GPL, para realizar diversos benchmarks de rendemento de hardware para GNU/Linux (aínda que podería chegar a funcionar noutros sistemas). Con PTS os desenvolvedores de aplicacións poderán construír facilmente os benchmaks do seu propio software e os usuarios poderán medir facilmente o rendemento dos seus equipos en devandito software. |
|
Ler máis...
|
|