Menu Content/Inhalt
» Inicio
II Xornadas Sobre Software Libre en Ferrol 
escrito por mancomun.org o Mércores, 16 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/gpul_10.pngVisto na páxina de GPUL:

"O ano pasado en GPUL decidimos organizar unhas das actividades máis arriscadas da nosa historia.Non dependíamos de ponentes internacionais, nin era un evento de varios días. Nin sequera esixía unha gran preparación técnica pola nosa parte. ¡Eran unhas xornadas de iniciación!
A nosa asociación nunca organizara unhas actividades fora da Facultade de Informática, o cal facía que non superamos canta xente estaría interesada.
A nosa sorpresa o comprobar como a asistencia superaba con moito as nosas expectativas, e ademáis con asistentes que tiñan un grande interese, foi maiúscula. Así que, ¿Cómo non íamos querer repetir a experiencia?"

Ler máis...


 
Tenis de mesa con Tennix 
escrito por mancomun.org o Martes, 15 de Abril do 2008

TennixTennix é un xogo de pimpón feito en C usando Simple DirectMedia Layer. Algunhas das características son a posibilidade de xogar contra o computador ou contra outro contrincante.

O código fonte de Tennix está dispoñible baixo GNU General Public License, Version 2 ou posterior, e pode executarse en GNU/Linux, MacOS X e Windows, pero pode portarse a outras plataformas que soporten SDL.



 
Nova ferramenta de groupware Tine 2.0 
escrito por mancomun.org o Martes, 15 de Abril do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/tine20.jpgTine 2.0 é un esforzo para crear unha ferramenta usable e estable que sirva de reemprazo de eGroupWare, o líder en software de servidores groupware en Software Libre.
O proxecto pretende refacer eGroupWare desde cero. A vantaxe da que dispoñen é que con este procedemento teñen un software maduro para produción mentras preparan o novo que cubrirá as necesidades futuras do mercado...
Ler máis...


 
Canonical anuncia un servizo de soporte para escritorio 
escrito por mancomun.org o Martes, 15 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngCanonical Ltd., o sponsor comercial de Ubuntu, anunciou onte o soporte a usuarios domésticos e de empresas para Ubuntu.

O programa "Ubuntu Desktop Training" prové simulacións, exercicios prácticos e información para facer as tarefas diarias moito máis sinxelas. Non é necesario ningún coñecemento previo de sistemas operativos baseados en Linux. O curso é máis efectivo se Ubuntu 7.10 está instalado no computador antes de comezar.

Ler máis...


 
Open Geospatial Consortium acepta a linguaxe de Google para mapas 
escrito por mancomun.org o Martes, 15 de Abril do 2008
Google anuncia que a súa linguaxe para mapas KML foi aceptada polo organismo internacional Open Geospatial Consortium, cambiando o seu nome a OpenGIS KML Encoding Standard or o OGC KML. O anuncio non sorprende a ninguén xa que é a linguaxe principal de Microsoft Live e Yahoo! Maps. Con todo, a súa adopción como estándar marca unha nova era de innovación neste campo.

O máis importante é que Google cede control da linguaxe ao organismo, e asegura a súa adopción en entidades públicas e gobernos. Cabe destacar que Google adquiriu Keyhole e practicamente nuns poucos anos fixo público o seu material que doutro xeito fose bastante caro para usar.
Ler máis...


 
Pencil, software para animación clásica en 2D 
escrito por mancomun.org o Martes, 15 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/pencil_logo.pngPencil é un software para animación en 2D baseado en debuxos a man alzada e técnicas de animación clásicas cunha interface sinxela de usar pero que dá un resultados de grande calidade.

A ventá da aplicación contén un liña do tempo que che permite navegar por cada un dos frames da animación incorporando capas (en formato de mapa de bits ou vectorial). As ferramentas dispoñibles están limitadas ás básicas: lápiz, boli, pincel, poliliña, goma e caldeiro de recheo; pero para aqueles posuidores dunha tableta dixitalizadora, estas ferramentas son todas sensibles á presión exercida na mesma de maneira que os trazos que usemos co lápiz poden definirse como visibles na animación final ou non...

Ler máis...


 
Oferta de traballo para Wireless Galicia 
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Abril do 2008

En Wireless Galicia precisan dun analista/programador PHP con ampla experiencia en contornas LAMP. Requírese unha persoa familiarizada con metodoloxías de desenvolvemento áxiles e con gusto pola programación e o Software Libre. As funcións do posto serán principalmente a consultoría e desenvolvemento de aplicacións baseadas en LAMP e a implantación e personalización de aplicacións libres como Joomla, Typo3, osCommerce. 

Os requirimentos son:
  • Estudos mínimos: A partir de FP de grado superior.
  • Experiencia mínima de 2 años en contorno PHP.
  • Coñecementos amplos da plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP, Perl), HTML, XHTML/CSS, XML, PostgreSQL e JavaScript.
  • Experiencia en PHP 4/5 orientada a obxectos.
  • Experiencia no uso do repositorio PEAR de extensións PHP (QuickForm, Pager…).
  • Os candidatos deberán presentar o seu portfolio ou referencias de proxectos nos que teñan participado.
Ademais destes requirimentos obrigatorios valorarán:
Ler máis...


 
Eroski e o concello de Amorebieta empregan o ERP Openbravo 
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Abril do 2008
OpenbravoOpenBravo, unha empresa con sede en Navarra e fundada por varios vascos, estase convertendo nun fenómeno mundial no campo do Software Libre. O seu programa de xestión de empresas (ERP) considérase equiparable a moitos de pago e empeza a ser adoptado por grandes organizacións, como as vascas Eroski e Arrasate ou o Concello de Amorebieta. Recordar que Openbravo é unha das ferramentas incluídas no DVD para a Peme.

No caso da cooperativa de consumo, utilizan este software unha unidade de loxística e outra de alimentación. Trátase de feito, duns dos casos de estudo que emprega a firma navarra para dar a coñecer a solvencia da súa proposta, que aínda por riba é gratuíta e incorpora funcionalidades tan avanzadas como a xestión de produción MRP.
Ler máis...


 
Ecuador aproba o uso do SwL na administración pública 
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Abril do 2008
O Presidente da República de Ecuador, Rafael Correa, establece, mediante decreto, que a política pública para as entidades da administración pública central sexa a utilización do Software Libre nos seus sistemas e equipamentos informáticos. Neste decreto establécese tamén que, previamente á instalación do SwL nos equipos, as entidades da administración deberán comprobar a existencia da capacidade técnica para brindar soporte no uso deste tipo de software.

Permiten o emprego do software privativo unicamente no caso de non existir unha solución libre que cumpra os requirimentos necesarios, no caso de risco para a seguridade nacional ou cando se trate dun proxecto nun punto de non retorno.

Ler máis...


 
Nova versión dos foros phpBB3 
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.pngA Ciberirmandade da Fala nos avisa da nova versión dun dos sistemas para foros máis estendidos, o phpBB3. Esta nova versión tamén conta con unha nova tradución ao galego revisada por eles mesmos a raíz dos erros detectados: "aproveitamos a ocasión de actualizar a tradución ao galego para facer unha pequena revisión xeral na que corriximos algúns erros da mesma, seguindo co traballo de mantemento que vimos facendo de continuo."...

Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 81 - 96 de 2282

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement