|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 24 de Abril do 2008 |
 O público da rede de bibliotecas de Galicia terá que interactuar, a partir do verán, con Software Libre para calquera consulta que queira realizar a través dos terminais destas entidades. Esta realidade confírmase unha vez que a Consellería de Cultura e Deporte vén de facer público o procedemento, por concurso aberto , para o contrato de subministración de equipamentos informáticos para as bibliotecas públicas de Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 24 de Abril do 2008 |
|
A aplicación KryoMol é unha ferramenta para a visualización de información química, desenvolvida dende o ano 2003 polo Dr. Armando Navarro, actualmente investigador Parga Pondal na Universidade de Santiago de Compostela. Esta aplicación permite visualizar formatos populares como pdb, mol ou Gaussian. Ademais tamén soporta tamén a visualización de programas de uso mais restrinxido como poden ser ACESII ou NwChem.
Unha das características máis destacadas e a capacidade de obtención de distintos tipos de espectros teóricos de infravermello ou ultravioleta-visíbel en formato JCAMP-DX a partir de cálculos mecano-cuánticos. Finalmente, KryoMol dispón dun visor básico de espectros de RMN monodimensionais así como soporte parcial para ficheiros JCAMP-DX. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 23 de Abril do 2008 |
ModSecurity (Open Source Web Application Firewall) é un módulo de Apache que permite a detección e prevención de intrusos nun servidor web Apache.
As aplicacións web son vulnerables a ataques (sql injection, XSS, command injection, buffer overflows, ...) que poden comprometer os datos e a dispoñibilidade do servizo.
O funcionamento de ModSecurity é similar ao dun Sistema de Detección de Intrusos (IDS) o cal é utilizado para analizar o tráfico de rede co fin de detectar anomalías, pero coa diferenza que este traballa no nivel de HTTP. Grazas a isto pode facer cousas que son simples desde o punto de vista do protocolo HTTP, pero moi difícil para un IDS clásico.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 23 de Abril do 2008 |
|
A Rede de Dinamización continúa a promover por toda a xeografía galega o uso do sistema operativo Linux coa convocatoria de sete novos cursos de iniciación á informática sobre este software. Actualmente xa son once concellos galegos os que están a impartir os obradoiros, os cales se prolongarán na maior parte dos casos ata finais do mes de maio. Estes cursos, de carácter gratuito, están orientados a amosar o contorno básico do sistema operativo Ubuntu, así como a familiarización coas ferramentas básicas informáticas. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 23 de Abril do 2008 |
 O Concello de O Grove, a través da Rede de dinamización, impartirá un curso de edición de imaxes en GIMP a partir do vindeiro 20 maio. O obradoiro, de acceso gratuíto e cunha duración de 12 horas, orientarase a dar a coñecer o contorno do programa de edición de imaxes máis popular de software libre, o GIMP. Este curso poderá realizarse, por aqueles que o desexen, con software en galego grazas á labor de tradución realizada, o pasado mes de xaneiro, por Mancomun.org en coordinación oficial co proxecto Trasno . Este traballo realizouse a través do Entrans de Mancomun.org e está dispoñible no repositorio oficial do GIMP (na páxina de tradución de GNOME ). |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 23 de Abril do 2008 |
|
SymmetricDS é unha solución de sincronización/replicación de datos entre base de datos relacionais en tempo real. Por medio dunha interface web é posible replicar táboas entre varias bases de datos relacionais (MySQL, Oracle, SQL Server e PostgreSQL) .
O software foi deseñado para ser escalable e traballar cun gran número de bases de datos, traballar con conexións con pouco amplo de bandas e resistir períodos de interrupción da rede.
Mentres o grupo de traballo do proxecto SymmetricDS estaba traballando no desenvolvemento dun sistema de TPV para soportar gran cantidade de vendas, o equipo deuse conta da necesidade dun sistema que levase a cabo as tarefas de sincronización/replicación, deste xeito naceu o proxecto SymmetricDS.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 23 de Abril do 2008 |
DeSmuMe é un emulador de Nintendo DS, aínda que un pouco limitado xa que non permite sacar capturas ou configurar de forma axeita o mando, pero pode executar un gran número de Roms. É un emulador estable que nos permite gozar dunha gran colección de xogos para DS, en calquera plataforma, sexa GNU/Linux, Mac ou até Windows. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 22 de Abril do 2008 |
|
A revista Sólo Programadores , Sun Microsystems Ibérica e a organización sen ánimo de lucro javaHispano organizan a segunda versión do torneo virtual de fútbol JavaCup onde cada equipo é unha clase Java que implementa unha interface predefinida. Para crear un equipo o único que hai que indicar é que movementos queres que realice o teu equipo en cada situación, o cal é sinxelo grazas á API que expón aos equipos o software. O gañador do concurso recibirá 1500 €, o segundo clasificado 1000 €, o terceiro 500 € e o cuarto 250 €. Os gañadores do concurso anunciaranse no evento tecnolóxico OpenJavaDay, que se celebrará a finais de xuño en España, Madrid. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 22 de Abril do 2008 |
|
Dentro dos proxectos do Google Summer Of Code deste ano, para a comunidade tradutora destaca o proxecto "Translate Toolkit & Pootle" que pretende mellorar as ferramentas de tradución "Translate Toolkit" e máis o "Pootle".
O proxecto xa ten algunha tarefa asignada como "Effective user experience for Pootle" que pretende mellorar e estender as capacidades de Pootle ademais de mellorar e engadir novas características sempre coa finalidade de que sexa sinxelo de usar e provea unha experiencia de uso máis produtiva. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 22 de Abril do 2008 |
|
Os plans de Adobe baséanse nunha cooperación co formato DNG (Dixital Negative Specification) de arquivos para fotografías dixitais. DNG foi iniciado polas empresas Panavision, Silicon Imaging, Dalsa, Weisscam e ARRI, todas as cales participan activamente na industria cinematográfica.
No proxecto conxunto participan ademais o fabricante de software Iridas e o provedor de codecs CineForm. Actualmente, Adobe desenvolve as especificacións de formato, cuxa data de lanzamento será anunciada nos próximos días. |
|
Ler máis...
|
|