Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A Free Software Foundation preto de alcanzar os 5000 programas no seu directorio 
escrito por mancomun.org o Venres, 25 de Agosto do 2006
A Free Software Foundation está preto de alcanzar os 5000 programas no seu Directorio de Software Libre (o número actual é de 4960). Con motivo deste acontecemento, durante o período que abrangue dende o 21 de agosto ata o 21 de setembro levarán a cabo un pequeno concurso. Cada novo rexistro na páxina do Directorio de Software Libre será analizado e pasará a formar parte do sorteo...
Ler máis...


extendedPDF: PDF profesionais con OpenOffice.org 
escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Agosto do 2006
O paquete ofimático OpenOffice.org permite exportar un documento como PDF de xeito sinxelo dende o menú Ficheiro. Algunhas das opcións que podemos escoller ao facer a exportación é a calidade do PDF, a vista inicial do documento e a interface de usuario para visualizar o ficheiro resultante.
Ler máis...


Protexe as túas aplicacións con AppArmor 
escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Agosto do 2006

AppArmor ("Application Armor") é un produto de seguridade para GNU/Linux actualmente mantido por Novell. AppArmor permite aos administradores de sistemas asociar a cada programa un perfil de seguridade que restrinxe as capacidades do programa, definindo por exemplo a que recursos do sistema pode acceder e con que permisos...

Ler máis...


Enquisa sobre GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Agosto do 2006

DesktopLinux.com lanzou no 2006 unha enquisa sobre GNU/Linux e a súa contorna o 21 de Agosto, preguntando aos seus usuarios cal é a distro que utilizan, o escritorio no que soen traballar, cal é o seu cliente de web favorito e varias cousas máis.

Ler máis...


GNOME abre a veda de caza de erros na súa contorna de escritorio 
escrito por mancomun.org o Martes, 22 de Agosto do 2006

En GNOME acaban de comezar unha iniciativa curiosa, á que chaman "Bug Hunt Season" ou "BugSquad", algo así como "Tempada de caza de erros", para que todos aqueles usuarios desta contorna de escritorio envíen os erros que atopen no uso diario do GNOME.

Según relatan en GNOME, é unha boa maneira de que aqueles usuarios que non teñen os coñecementos técnicos para desenvolver GNOME, poidan axudar na súa mellora...

Ler máis...


Proxectos OpenSource alternativos ao Mac Media Center 
escrito por mancomun.org o Martes, 22 de Agosto do 2006
En NewsForge veñen de publicar unha revisión sobre dous recentes proxectos open source alternativos ao Mac Media Center. Trátase de iTheater e CenterStage que engaden ao Front Row de Apple compatibilidade hardware, características adicionais e a dispoñibilidade do código fonte.
Ler máis...


A comunidade PalmSource aposta forte por GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Luns, 21 de Agosto do 2006
Palm, a empresa de dispositivos móbiles e PDAs, estivo moi presente na xa coñecida LinuxWorld en San Francisco.
Alí presentaron a súa comunidade PalmSource e exhibiron a Plataforma Access Linux (ALP). Estiveron moi atarefados mostrando aplicacións nativas nos seus dispositivos PALM móbiles baseados en GNU/Linux.

Ler máis...


Crece o número de empresas adicadas ao Software Libre 
escrito por mancomun.org o Luns, 21 de Agosto do 2006
Cada vez son máis as empresas adicadas a traballar a prol do SoftwareThe image “http://libroblanco.com/joomla/images/stories/libroblanquito.jpg” cannot be displayed, because it contains errors. Libre e a dar soporte a esta comunidade. A cifra destas empresas ascendeu a un total de 500 entidades privadas. Todas elas engloban a empresas que ofertan soporte ou servizos baseados en software libre.
Ler máis...


Libros sobre DNS e LDAP con licenza aberta 
escrito por USC o Luns, 21 de Agosto do 2006
"DNS for Rocket Scientists" é un libro colaborativo, de licenza aberta, promovido por Zytrax.com, sobre a configuración DNS (sobre todo BIND 9.x) dun sistema Linux e BSD. Orientado ao administrador que comenza, é a base do libro "Pro DNS and BIND". Do mesmo xeito, o libro "LDAP for Rocket Scientists" trata de ofrecer información intelixible sobre este tema, para levar a cabo solucións estratéxicas (e non tácticas) con LDAP.


Premios aos mellores produtos na LinuxWorld 
escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Agosto do 2006
 Linux Journal, a revista mensual da comunidade GNU/Linux, xunto con IDG World Expo anunciaron onte os gañadores do concurso "Produto Excelente" na LinuxWorld. A LinuxWorld Conference tivo lugar en San Francisco en Agosto do 14-17 no Moscone Center.
Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 2497 - 2512 de 2823
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...