|
escrito por mancomun.org
o Martes, 06 de Maio do 2008 |
Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por sétimo ano consecutivo a posibilidade de realizar prácticas na empresa durante este verán nas súas instalacións de A Coruña ou Pontevedra, a estudiantes de Enxeñería en Informática ou Enxeñería Técnica en Informática con máis do 50% dos créditos superados. “Por que o facemos?
- A maioría de nós fixemos prácticas en empresa cando eramos estudiantes.
- É unha boa forma de devolverlle algo a Universidade da que vimos.
- Tamén é unha boa maneira de contratar xente. Case o 50% das persoas que fixeron prácticas connosco no pasado forman parte da empresa na actualidade.” [Igalia]
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 06 de Maio do 2008 |
|
Wine finalmente está listo para conxelar o código e publicar a primeira versión candidata de wine 1.0.
Wine é unha implementación da API de Windows que fai posible executar aplicacións para Windows dende o sistema GNU/Linux, por exemplo, Photoshop, Iexplorer, e o seu punto forte, multitude de xogos populares, sendo esta última a categoría con maior número de aplicacións. O desenvolvemento de Wine remóntase ao ano 1993 coma un intento de dar soporte a aplicacións de Windows 3.1 en Linux. Dende entón, ano a ano, o equipo de desenvolvemento foi acadando soporte a un maior número de aplicacións de Windows e actualizándose ao tempo que o facía o sistema de Microsoft. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Maio do 2008 |
A celebración desta data inscríbese dentro da campaña Máis Internet, Máis Galego, Máis Futuro O Software Libre será protagonista indiscutible na celebración do 17 de maio ao incorporarse esta iniciativa dentro do programa de eventos que a Consellaría de Innovación e Industria celebra con motivo do día das Letras Galegas. Máis Internet, Máis Galego, Máis Futuro é o nome da campaña que ao longo das primeiras semanas do mes de maio botará a andar actividades orientadas á reflexión sobre o emprego das TIC (Tecnoloxías da Información e do Coñecemento) e do seu desenvolvemento no ámbito do galego. A directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, presentou este mediodía o programa de actos que comporán a iniciativa. Entre eles, dun total de sete eventos previstos, o Centro de Referencia e de Servizos de Software Libre de Galicia organizará a xornada G11n: eu traduzo o teu software . O encontro, con ocasión do segundo aniversario de Mancomún.org, reunirá os días 10 e 11 de maio aos membros máis activos da comunidade de tradución de software en Galicia. Con esta iniciativa, xunto coa súa incorporación ao programa de actividades do Día das Letras Galegas, a Consellaría de Innovación e Industria quere poñer de manifesto a súa aposta decidida polo Software Libre como elemento fundamental de dinamización do idioma galego e como forma indiscutible de superación do desarraigo da poboación máis nova coa cultura galega. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Maio do 2008 |
DBJMIN é un cliente de base de datos, inspirado no popular phpmyadmin, que permite administrar múltiples sistemas de base de datos. Inicialmente foi creado para traballar contra DB2, pero agora xa soporta os seguintes motores: MySQL (>= 5.0), Postgres (>= 7.3), Firebird (>= 1.5), Derby embebido e en rede (>= 10.1), Oracle (>= 10g) e DB2 (>= 8.1). DBJMIN está dispoñible en dúas versións, como aplicación de escritorio e como aplicación web. A versión de escritorio está desenvolvida en Java para traballar como aplicación Java/Swing. A versión web funciona baixo un servidor de aplicacións Tomcat, preferiblemente na súa versión 5.5. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Maio do 2008 |
|
Seis meses despois da última versión oficial de Puppy Linux, a nova versión, a 4.0 sae finalmente ao público. Nesta nova versión os desenvolvedores fixeron un gran traballo con esta versión minimalística de Linux que tan só ocupa 87,1 MB.
A nova versión inclúe todo o necesario para usar escáners, cámaras dixitais, impresoras ou gravación/edición/conversión de son. Puppy Linux é agora un sistema operativo moi estable para contornos multimedia. Esta versión, debido ao seu pequeno tamaño e baixos requirimentos, é óptima para computadores vellos, para resolución de problemas ou para instalar nunha chave USB... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Maio do 2008 |
|
Hai uns días faciámonos eco do lanzamento de VIA-LINUX, o portal de Software Libre dun dos maiores fabricantes de procesadores x86, VIA. Pois ben, VIA xa comezou a publicar software no portal e xa hai dispoñibles controladores para a nova Ubuntu 8.04LTS e SUSE Linux Enterprise Desktop 10 do chipset VIA CN896. A documentación e o código fonte aínda non están dispoñibles máis esperan presentalo nas próximas semanas, e contra finais de ano implementarán os foros e ferramentas de notificación de erros... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 05 de Maio do 2008 |
|
Mañá martes día 6 de maio ás 17:20 horas terá lugar un relatorio de achegamento ao Software Libre e coñecemento libres dirixido ao alumnado de 3º da ESO e que dará o grupo de usuarios AGNIX no IES Eduardo Pondal de Compostela.
Ademais, na páxina de GPUL xa están preparando a segunda edición da Dudesconf, reunión oficial de desenvolvedores de Debian. Para iso contan cun blogue onde se pode seguir as actividades que se levarán a cabo... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Maio do 2008 |
|
Adobe vén de anunciar a liberación das especificacións de SWF, FLV e F4V para traballar conxuntamente con outras empresas (ARM, CISCO, Intel, Motorola, Nokia, LG, Sony Ericsson, ...) no proxecto Open Screen Project. Este novo proxecto pretende facilitar o desenvolvemento e deseño de novas aplicacións e contidos en formato Flash, de modo que sexan compatibles con todo tipo de dispositivos, e eliminando as restricións existentes sobre a tecnoloxía Flash. Ata o de agora a tecnoloxía de Adobe presentaba importantes inconvenientes como: - O primeiro, o reprodutor Flash pódese descargar gratuitamente pero as empresas e operadores de móbiles tiñas que pagar unha licenza para usar esta tecnoloxía nos seus dispositivos.
- A segunda e máis importante e que cando unha empresa quere desenvolver unha aplicación que corra en múltiples dispositivos ten que ter a distintos equipos traballando nas respectivas versións para a móbiles, para a web, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Maio do 2008 |
|
A folla de ruta comunitaria de GNOME é unha "gran foto" da funcionalidade que se espera incluír nas futuras versión de GNOME, tanto a curto como a longo prazo. A folla de ruta está baseada no "feedback" dos actuais desenvolvedores de GNOME e distintos membros da comunidade.
A folla de ruta está organizada segundo os grupos obxectivos: usuarios, desenvolvedores, administradores e todos. Moitos dos cambios a nivel usuario non conlevan un cambio visible pero si melloran a experiencia do usuario dalgunha maneira... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 02 de Maio do 2008 |
|
Acaba de saír a versión 6.1 da plataforma de desenvolvemento NetBeans. Con esta nova versión veñen a dar soporte a novas linguaxes de scripting ademais dun rendemento mellorado (até un 40% máis rápido). Esta versión mellora o soporte das linguaxes, provendo un conxunto moito máis amplo de características para C/C++, JavaScript e a linguaxe de programación Ruby, incluíndo o framework Ruby on Rails. Tamén inclúe un mellor soporte para bases de datos MySQL no explorador de bases de datos.
Actualmente as tecnoloxías soportadas por NetBeans son: Ajax, C/C++, Databases, Debugger, Desktop, Editor, GUI Builder, Java EE, Java ME, Java SE, JavaScript, Mobile, PHP, Profiler, Refactor REST, Rich Client Platform, Ruby, SOA, SOAP, UML, Web, WSDL, XML... |
|
Ler máis...
|
|