Menu Content/Inhalt
» Inicio
Dispoñible todo o material gráfico do evento “G11n: eu traduzo o teu software” 
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008
 As persoas que non puideron asistir á sesión de portas abertas do “G11n: eu traduzo o teu software” poden coñecer xa de primeira man todo o referente ao mesmo a través do material gráfico dispoñible no wiki do evento.

As presentacións de cada un dos relatores poderán acompañarse de imaxes gráficas coa visualización das fotografías e os vídeos do evento facilitados por Mancomún. Todos estes vídeos están baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza 2.5

Asemade, están xa expostas as propostas realizadas polos participantes na xornada de debate interno que tivo lugar o domingo 11 de maio.

 

Ler máis...


 
Mozilla e Verizon únense á Fundación LiMo 
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008
LiMoUn total de oito compañías unirán os seus esforzos á Fundación LiMo co propósito de desenvolver unha nova versión do sistema operativo Linux para teléfonos móbiles. Verizon e Mozilla serán as empresas de referencia nesta alianza, pero xunto a elas estarán outras como Infineon, Kvaleberg, Red Bend Software, Sagem Mobiles, SFR e SK Telecom.

Segundo a informacion facilitada ao longo destes días, Verizon está tratando xa de incorporar no seu novo catálogo un dispositivo móbil LiMo que, de concretarse a operación, sería lanzado para o ano 2009. Pola súa banda, Mozilla intentará que o seu navegador logre posicionarse como o novo sistema operativo para terminais de telefonía móbil no mercado.

Ler máis...


 
Red Hat anuncia o lanzamento de Fedora 9 
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008

Esta última versión é a primeira distribución de Linux que integra KDE 4 e un USB activo non destrutivo

O Proxecto Fedora, unha iniciativa de código aberto con soporte da comunidade e patrocinio de Red Hat, anunciou onte a dispoñibilidade de Fedora 9, a última versión da súa distribución do sistema operativo de código aberto que levará por nome “Sulphur".

Fedora 9 continúa o crecemento baseándose na distribución comunitaria Linux, a cal ofrece as últimas características de tecnoloxía de punta cunha oferta continua de calidade. O nova versión ofrece o primeiro USB activo non destrutivo con persistencia, ademais de consolidarse como a primeira distribución importante con base en KDE 4. Outros aspectos destacables son a inclusión de melloras e optimizacións para Open JDK, GNOME 2.22, NetworkManager, PackageKit, o instalador Anaconda e o explorador Firefox 3 Beta 5, entre outros.

Ler máis...


 
Corrector ortográfico de galego dispoñible como extensión para OpenOffice.org 3 
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/extensions_ooo.png Unha das novas características que nos anunciaba Louis Suárez-Potts alá por setembro do ano pasado na OOoConf 2007 era que moitas das funcionalidades do futuro OpenOffice.org 3 serían a base de extensións. Con esa pretensión, hai un tempo que existe o portal http://extensions.services.openoffice.org onde podemos atopar diversas extensións que nos provén de novas funcionalidades.

A raíz disto, en Mancomún decidimos corrixir algúns erros pendentes do corrector actual do OpenOffice.org2 e portalo como extensión para OpenOffice.org3, instalable a través do “Xestor de extensións”.

A partir de agora temos que diferenciar os 2 correctores ortográficos dispoñibles para OpenOffice.org:

-Novo corrector 2.2 para OpenOffice.org2 (actualizados algúns erros)

gl_ES-pack.zip

-Novo corrector en forma de extensión para OpenOffice.org3 baseado no anterior. Decidimos distinguir esta versión co número 3.2 para diferenciar mellor os dous correctores.

Extensión Corrector galego OOo 3

Ler máis...


 
Curso de creación de páxinas web no Porriño 
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008
nvuA Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello do Porriño, co Concello de Salceda de Caselas e con Mancomún (Centro de Referencia e Servizos de Software Libre), organiza un novo curso de construción de páxinas web co programa libre Nvu.

O curso desenvolverase desde o vindeiro 2 de xuño até o 27 do mesmo mes, de luns a venres en horario de tarde (19:00 a 21:00) no Concello do Porriño.

Con esta nova convocatoria formativa preténdese achegar ao emprego desta ferramenta libre, coma alternativa viable ao uso de software privativo.

Ler máis...


 
O IES San Clemente promove a presenza do galego na Wikipedia 
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008

Con motivo da celebración, o 17 de maio, do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, os departamentos de galego e informática do IES San Clemente organizan na véspera desta data unha charla para fomentar a presenza do galego na Wikipedia, así como o seu uso.

O obxectivo da xornada céntrase en dar a coñecer a Galipedia ao profesorado do centro, informando do carácter colaborativo deste proxecto de ámbito internacional e das súas posibilidades como recurso educativo.

Asemade, búscase, con esta iniciativa, a participación activa do persoal docente do centro na mellora e creación de novos artigos, poñendo en valor os contidos das distintas materias xa preparados para as clases cotiás.

Ler máis...


 
As tres universidades galegas traballarán coordinadamente con Mancomún 
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008

Unha comisión de coordinación técnica conciliará a labor realizada por cada un dos organimos

Blanco e reitoresO Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) traballará de xeito coordinado e continuado coas tres universidades galegas. Será posible grazas ao convenio de colaboración asinado onte polo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, cos reitores das tres universidades galegas para a creación e consolidación de oficinas de software libre en cada unha das institucións académicas.

Segundo este convenio, dotado cunha partida orzamentaria de 240.000 euros para o bienio 2008-2009, cada unha das oficinas disporá dun coordinador a tempo completo responsable da coordinación con outras oficinas de software libre universitarias e co propio Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Para este efectos, fixarase o marco de coordinación e colaboración con Mancomún mediante a creación dunha comisión de coordinación técnica das actividades desenvolvidas polas entidades referenciadas.

Ler máis...


 
Splashtop sae ao mercado integrado nas placas base ASUS 
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008
Device VM, desenvolvedor de Splashtop, anunciou onte a difusión deste innovador proxecto a través de catro modelos novos de placas ASUS. Esta marca integrou Splashtop na súa familia de produtos P5Q, estendendo a posibilidade de uso a un total de doce. Os novos modelos son, concretamente, P5Q Deluxe, P5Q-WS, P5Q3 Deluxe e P5Q-E.

SplashTop é un escritorio Linux lixeiro que, baseado nun microsistema GNU/Linux preinstalado na placa base, é capaz de proporcionar en cinco segundos acceso a Internet e VOIP sen necesidade de instalación previa.

Ler máis...


 
Mozilla lanza a primeira versión de desenvolvemento do Thunderbird 3 
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008
 A comunidade desenvolvedora de Thunderbird xa pode acceder á primeira versión de desenvolvemento de Thunderbird 3. Esta versión está dirixida exclusivamente á comunidade desenvolvedora para a súa validación e está encamiñada á introdución de melloras para a actualización do xestor de correo.

O lanzamento desta nova versión foi inesperadamente adiantado por Mozilla debido a presentación do que deron en chamar Mozilla Messaging. Esta trátase da nova fundación subsidiaria creada por Mozilla coa intención de que o desenvolvemento de Thunderbird non quedase estancado por mor do grande éxito de Firefox. Deste xeito, Mozilla Messaging orientarase cara a aplicacións de caracter comunicativo  (axenda de eventos, busca optimizada...)

Baixo esta perspectiva de mellora, a versión de Thunderbird 3 opera sobre Gecko 1.9, un motor de renderización que actúa igualmente como plataforma. Este sistema xa foi empregado anteriormente no desenvolvemento de Firefox 3 ofrecendo soporte para JavaScript 1.8
Ler máis...


 
A versión 2.0 de Mono facilitará a migración de aplicacións a plataformas libres 
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008
O proxecto Mono vén de anunciar que o API Windows.Forms é funcional e compatible co dispoñible en .NET 2.0. Este API, que conta con 12.776 métodos, é no que recaen as funcionalidades do manexo de ventás na plataforma .NET, e o feito de dispoñer dunha API ao 100% permitirá que aplicacións ata o de agora dispoñibles unicamente en plataformas Windows poidan ser executadas noutros sistemas (GNU/Linux, Mac OS, Solaris, ...).

O desenvolvemento desta implementación dera comenzo o 8 de Xullo de 2004 e levou máis de 6.400 engadidos no SVN ata a actual versión 1.9.1 (2.0 Beta). Actualmente hai tres backends para X11, OSX e Win32, estanse a facer melloras no marco do Google Summer of Code para a integración cos sistemas operativos, mellorando o soporte para accesibilidade e automatización da interface gráfica, incluíndo soporte RTL e outras novas características.
Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 1 - 16 de 2300

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement