Menu Content/Inhalt
» Inicio
Kicad, creación de circuítos e esquemas electrónicos 
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Abril do 2008
Kicad é un programa de código aberto (GPL) para a creación de esquemas electrónicos e circuítos impresos. Esta “suite” (baseada en WXWIDGETS), funciona en GNU/Linux e Windows e actualízase de forma regular.


Concibido e creado por Jean-Pierre Charras, a suite Kicad é un conxunto de catro programas e un xestor de proxectos para realizar circuítos electrónicos:

  •  Eeschema: Creación de esquemas.
  •  PcbNew: Realización de circuítos impresos.
Ler máis...


 
Novos cursos de SwL na Rede de Dinamización 
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Abril do 2008

Durante este mes de abril darán comezo novos cursos de SwL en distintos puntos da xeografía galega organizados polos dinamizadores da Rede de dinamización en colaboración con Mancomún e os organismos onde desenvolven a súa actividade os dinamizadores.  

  • Curso de Introdución ao OpenOffice.org en A Illa de Arousa. O obxectivo é dar a coñecer as opcións de traballo ofrecidas polo paquete ofimático OpenOffice.org, así como a finalidade de cada unha das aplicacións contidas no mesmo. Impartirase do luns 14 de abril até o venres 18 de abril, en horario de 20:00 a 22:00 na Aula de Informática do CEIP A Torre de A Illa de Arousa.
  • Curso de Procesador de textos OOo Write en Burela. O obxectivo deste curso é dar a coñecer os fundamentos da aplicación de procesamento de texto da suite ofimática OpenOffice.org. Impartirase do 14/04/08 ao 29/04/08 de luns a venres  de 17:00 a 19:00 .
Máis información: Rede de dinamización

 



 
GreenSQL, firewall de código aberto para bases de datos 
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Abril do 2008
GreenSQL é un firewall deseñado para dar protección a bases de datos, especificamente MySQL fronte a ataques do tipo SQL injection. GreenSQL traballa en modo proxy intervindo as conexións á base de datos e avaliando os comandos SQL que se envían.

O que fai a ferramenta é avaliar os comandos SQL recibidos, baseándose nunha lista que podemos definir como sentenzas perigosas para a integridade da nosa aplicación web e base de datos, por exemplo: DROP, CREATE, ALTER, INSERT, etc..
Ler máis...


 
A Junta de Extremadura desenvolve novas aplicacións libres de SIX 
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Abril do 2008
O pasado día 8 de abril a Junta de Extremadura anunciou que en breve publicará baixo licenza EUPL todas as aplicacións de xestión de recursos de información xeográfica que integra a infraestrutura de datos espaciais (IDE) desenvolvida ao abeiro do Proxecto de Observatorio Territorial do Alentejo e Extremadura (OTALEX), cofinanciado con fondos do INTERREG III e a Junta de Extremadura a través da Dirección General de Urbanismo e Ordenación del Territorio de la Consejería de Fomento.

A decisión de acometer o desenvolvemento da IDE acorde aos esquemas do SwL foi consensuada e referendada polos oito socios do Proxecto OTALEX. A IDE incluirase na forja extremeña desde onde poderá ser descargada libremente e estará dispoñible para formar unha comunidade de desenvolvedores que garanta a constante mellora da súa potencialidade e prestacións.

Ler máis...


 
Xestor de descargas masivas para Firefox 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
DownThemAll é un complemento libre para o navegador Firefox que o dota da capacidade de xestionar descargas masivas de ficheiros. A instalación deste complemento inclúe novas entradas no menú Ferramentas de Firefox así como a posibilidade de amosar tamén iconas de acceso rápido na barra de ferramentas.
 
Entre as súas características podemos destacar:
  • Xestión de listas de descargas. Ao premer co botón dereito nunha páxina web amosa unha ventá cunha lista de todas as imaxes e ficheiros multimedia que contén e permite seleccionar todos os que nos interese descargar de forma manual e rápida ou ben mediante filtros por tipo de ficheiro. Isto pode ser moi útil cando queremos descargar moitos ficheiros dun mesmo sitio, evitando ter que facer a descarga individual de cada un.
Ler máis...


 
O tribunal electoral de Brasil migra 430.000 terminais a GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
O tribunal electoral de Brasil anunciou a migración de 430.000 terminais de votación electrónica a GNU/Linux e aplicacións abertas.

As máquinas migrarán desde Microsoft Windows CE e VirtuOS a GNU/Linux, segundo citan co obxectivo de “cumprir os requisitos legais de seguridade e permitir auditorías”, ademais da redución do custo das licenzas. Expertos dos partidos políticos terán acceso ao software desde os meses de abril a setembro na procura de fallos e propostas de mellora.
Ler máis...


 
Máis información sobre a Guademy 2008 e propostas de relatorios 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
Ademais xa está dispoñible o cartel das xornadas: Cartel Guademy 2008.
Recordamos que o evento contará con presenza galega grazas ao patrocinio de Igalia e á colaboración de GPUL.


 
O fabricante de procesadores e chipsets VIA anuncia a súa nova estratexia baseada en Software Libre 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
A compañía VIA, un dos maiores fabricantes de procesadores x86 do mundo acaba de anunciar a súa nova estratexia coa que pretende mellorar a colaboración coa comunidade de Software Libre coa apertura oficial dunha nova web para Linux sobre os seus produtos.

A nova web abrirá as súas portas durante este mes. Nesta web aloxaranse inicialmente drivers, documentación técnica, código fonte e información relacionada cos chipsets VIA CN700, CX700/M, CN896 e os novos chipsets VIA VX800. Ademais en breve contan con engadir foros oficiais e soporte para máis produtos.
 
Nos próximos meses, VIA traballará coa comunidade para habilitar aceleración 2D e 3D na reprodución de vídeo para asegurar a mellor experiencia posible coas súas plataformas con Software Libre...
Ler máis...


 
Hp saca outro "minicomputador" con GNU/Linux 
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Abril do 2008
Onte HP lanzou o seu primeiro Mini PC, similar ao coñecido Asus eee. Este pasado  luns, ademais, Airis anunciou tamén unha máquina de 300 euros.

Este HP está enfocado ao mercado educativo. A pantalla ten 9 polgadas e ten maior disco duro. Pode configurarse cun disco de memoria sólida de 64 GB ou un tradicional de 160 GB e do mesmo xeito que o Asus pódese funcionar con SUSE Linux ou con Windows.
Ler máis...


 
AVISO: Mancomún está realizando tarefas de mantenemento 
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/aviso.pngEstamos realizando tarefas de mantemento no noso servidor de correo e no día de hoxe é posible que aparezan problemas coas listas de Mancomún. Traballamos para que se reestableza o servizo o máis rápido posible.
Calquera dúbida ou suxestión podedes enviala aos foros.

Desculpas polas molestias 



 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 97 - 112 de 2282

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement