Menu Content/Inhalt
» Inicio
Dell vende máis de 200 equipos con Ubuntu ao día 
escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Abril do 2008
UbuntuUn ano despois de que Dell comezara a vender computadores co Ubuntu como sistema operativo, vemos que segundo informes da empresa xa venderon unhas 40.000 unidades, o que equivale a uns 220 equipos por día.

Hai que ter en conta, que a única publicidade que tiveron estas máquinas foi o “boca a boca”.  Estímase que un de cada 500 computadores que vende Dell ten Ubuntu, o que parece que é o bastante bo para Dell. Recordar que dende hoxe xa podemo facer os pedidos da nova versión de Ubuntu 8.04 vía shipit, e temos a posibilidade de pedir o cd para escritorio e servidor.
Ler máis...


 
Ubuntuzilla permite a instalación sinxela de Firefox, Thunderbird e SeaMonkey en Ubuntu 
escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Abril do 2008

Ubuntuzilla é un script de python que permite aos usuarios de Ubuntu instalar as últimas versións de Mozilla Firefox, Mozilla SeaMonkey e Mozilla Thunderbird. O proxecto conta cun foro de soporte nos foros de Ubuntu na área de proxectos de terceiros onde animan a enviar calquera pregunta, comentario ou suxestión.

O proxecto naceu da necesidade dos usuarios de obter as últimas versións do software de Mozilla con actualizacións de seguridade ou con novas características que todavía non foran incorporadas aos repositorios oficiais...

Ler máis...


 
Crean unha impresora 3D con Software Libre capaz de autoreplicarse 
escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Abril do 2008
Un equipo multinacional de informáticos e enxeñeiros desenvolveron, baixo o paraugas do proxecto RepRap, unha impresora en 3D que foi capaz de autoreplicar parte dos seus compoñentes. Esta é a gran novidade deste prototipo, chamado Darwin, e que o fai diferente doutras impresoras en 3D que xa se comercializan. Un dos maiores intereses do proxecto RepRap é que esta tecnoloxía sexa totalmente accesible, por iso os seus creadores apostaron polo open-source para que, en teoría, calquera poida construír as súas propia impresora. Ao ser de código aberto, os desenvolvedores de software poderán mellorala constantemente.
Ler máis...


 
3º Hack Meeting de GNU/Linux no Ateneo Ferrolán 
escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Abril do 2008

Visto no blogue do Ateneo Ferrolán:

"Estes sábado 26 e domingo 27 de abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria."

O programa do Hack Meeting é o seguinte:

"Sábado 26
Mañá

  • 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
  • 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
  • 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartíndoo ou non con Windows.
Tarde
  • 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
  • 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de son e video.

...


Ler máis...


 
O OpenOffice.org 3 xa está dispoñible na súa versión Beta en galego grazas aos voluntarios do XGN08 
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008
OpenOffice.org 3 logo betaO OpenOffice.org 3 Beta en galego xa está dispoñible para descarga. E ademais conta cunha interface totalmente traducida ao galego grazas ao traballo de todos aqueles voluntarios que durante o Xuventude Galiza Net 08 colaboraron na tradución da interface a través da aplicación web Entrans.
Esta versión é unha Beta polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios sen experiencia xa que non é unha versión estable.
Hai xa unhas semanas falamos das futuras características do OpenOffice.org 3, aínda non están todas implementadas; pero van camiño de facelo e aínda quedan uns meses para a súa versión final...
 
Ler máis...


 
Open Dialect, IDE opensource para desenvolvemento Flash en Linux 
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008
Open Dialect é un IDE libre para desenvolvementos Flash en GNU/Linux feito en C# usando o framework .Net 2.0. Aínda está nunha versión 0.2 e só está dispoñible para GNU/Linux, pero xa permite a creación e proba de ficheiros .SWF . Podes ver un exemplo de Open Dialect en acción en http://www.t21northamerica.com/T21NorthAmerica.html

Podes descargar o código, instalalo e seguir a súa evolución a través da web oficial.
Ler máis...


 
OpenSUSE lanza a nova versión de "openSUSE Build Service" (OBS) 
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/opensuse.jpgNas roldas de correo de openSUSE atopamos o seguinte anuncio:
"O equipo de openSUSE está orgulloso de presentar a nova versión de openSUSE Build Service (OBS). Esta nova versión ofrece un novo nivel na escalabilidade a OBS grazas á nova funcionalidade que é a habilidade de interactuar entre diversas estancias de OBS.

A versión 0.9 axudará a crear a unha rede global de instancias de OBS que interactuarán entre elas e detectarán se determinado proxecto está residindo xa en outra instancia de OBS. As novas instalacións de OBS estarán configuradas por defecto para traballar co servizo de compilación principal de openSUSE. Esto fará máis sinxelo a instalación de novos servizos e diminuirá o tráfico de rede ao mesmo tempo que mantén os datos sincronizados automaticamente..."

Ler máis...


 
Open Source Census abre as súas portas 
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008

O Open Source Census é un novo proxecto que pretende ofrecer estatísticas completas e concretas acerca da adopción de Software Libre en todos os países do mundo.

A través da web www.osscensus.org, todo o que o desexe, tanto empresas como usuarios, pode acceder a un completo compendio de estatísticas que se irá actualizando grazas á colaboración dos propios usuarios.

Para contribuír tan só hai que usar unha ferramenta que escanea o computador en busca de Software Libre instalado e subir os resultados á web. Os que o fagan poderán acceder a informes detallados sobre o uso que se lle dan a estos programas, así como comparativas cos datos de outras empresas similares...

Ler máis...


 
Comezou a competición de programación en Software Libre "Hackontest" 
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/hackontest.pngO "Hackontest" é un concurso de programación organizado por un grupo de usuarios suízo e esponsorizado por Google. Hackontest é unha competición de programación de 24 horas de duración. Na competición compiten 3 equipos de distintos proxectos de Software Libre. Os seus obxectivos son mellorar diversos proxectos en Software Libre de acordo as necesidades dos usuarios e demostrar ao público o entusiasmo dos desenvolvedores en Software Libre.

Comezando este mes, os usuarios e desenvolvedores de proxectos en Software Libre xa poden envíar aquelas necesidades futuras dos seus proxectos favoritos, puntualas e/ou comentalas.

A lista de proxectos presentados actualmente pódese consulta na seguinte ligazón: http://www.hackontest.org/. Entre os proxectos xa rexistrados destacan Ubuntu, TYPO3, phpMyAdmin, Moodle, OpenOffice.org, Debian, Squeak!, Scribus e Gnome...

Ler máis...


 
Curso de follas de cálculo con OpenOffice.org Calc en Valga a partir do 21 de abril 
escrito por mancomun.org o Mércores, 16 de Abril do 2008
http://www.mancomun.org/images/OpenOffice/calc.jpg O vindeiro día 21 de abril comeza o curso de "Folla de Cálculo II" en Valga, curso que será impartido pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración con Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.
O curso está dirixido á mulleres e desenvolverase desde o próximo día 21 de abril até o 19 de maio de luns a venres en horario de tarde (20:00 - 22:00) na Aula de Informática de Cordeiro (Ferreirós nº 1, Cordeiro, Valga)...
Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 65 - 80 de 2279

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement