Menu Content/Inhalt
» Inicio
Firefox roza o 30% de uso en Europa 
escrito por mancomun.org o Mércores, 30 de Abril do 2008

O crecemento do navegador Mozilla Firefox segue aumentando segundo os datos recollidos por XiTI Monitor durante o mes de marzo deste 2008. Así, o uso do navegador Firefox acércase case ao 30% de media no continente europeo, gañando nun ano 4,5 puntos (período marzo de 2007 a marzo de 2008) para chegar ao 28,8% actual.

Analizando os datos, o uso do navegador Firefox crece no 70% dos países da comunidade, e o país con máis uso segue sendo Finlandia cun expectacular 45,9%. O índice de utilización de Firefox en España sitúase desta vez nun 23,5% dato bastante baixo comparado co obtido dos países nórdicos, aínda que indica un crecemento do 22,8% desde o mes de febreiro...

Ler máis...


 
Xa é posible asinar telematicamente con Software Libre 
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008
CryptoApplet A Universitat Jaume I de Castelló liberou recentemente o código de CryptoApplet , un applet para a realización de sinatura dixital avanzada no lado do cliente a través dun navegador, accedendo de xeito correcto a cada almacén de certificados, xa sexa local ou a través dun dispositivo externo (como no caso do DNI-e).

Este applet é capaz de xerar firmas e ofrecer a súa representación en PKCS#1, PKCS#7, XMLDsig, XAdES-X-L (JDigiDoc de OpenXAdES), PDF e PDF con selo de tempo.

 

Ler máis...


 
OpenOffice.org adscríbese ao Consorcio Unicode 
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008
O OpenOffice.org vén de adscribirse ao Consorcio Unicode. Con esta afiliación OpenOffice.org non só se compromete a traballar sobre un código estándar senón a contribuir á súa difusión.

O Consorcio Unicode é unha organización non lucrativa fundada para o desenvolvemento, a ampliación e a promoción do emprego do Estándar Unicode, o cal establece a representación de texto en aplicacións e estándares de software actualizados.
 

Ler máis...


 
Os estándares para o negocio serán o tema das xornadas do día da W3C 
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008

A Oficina do W3C de España celebra o Día W3C en España o próximo 27 de maio en Madrid cunha xornada co nome “Standards for Business”. O obxectivo da xornada é debater sobre o presente e futuro da Web, así como compartir e coñecer experiencias relacionadas coa aplicación dos estándares no mundo da empresa.

O congreso está estruturado en tres sesións:

  1. Web para todos,
  2. Web desde calquera lugar e
  3. Web como base de coñecemento,
nas que se tratarán temas como accesibilidade, independencia de dispositivo, web móbil e web semántica, entre outros.
Ler máis...


 
Como configurar diferentes fondos de escritorio para cada espazo de traballo en GNOME 
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/wallpapoz.pngWallpapoz é unha aplicación que nos permite configurar diferentes fondos de escritorio para cada un dos espazos de traballo de GNOME. Ademais tamén nos permite configurar que o fondo de escritorio rote cada certo tempo entre os fondos que nos elixamos.

Wallpapoz prové a GNOME da funcionalidade que KDesktop fornece por defecto a KDE sen necesidade de instalar ningunha aplicación a maiores.

A aplicación está baseada en 2 programas. O primeiro deles é "wallpapoz" que é o programa de configuración onde eliximos os fondos de escritorio, cada canto tempo queremos cambialos, etc...  Unha vez configurado o programa para lanzalo non teremos máis que executar o "daemon_wallpapoz"desde o propia configurador...

Ler máis...


 
Comezou a Ubuntu Open Week 
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu-openweekl.pngA Ubuntu Open Week é un evento que ten lugar en Internet, nunha canle IRC onde se imparten titoriais que cobren diversos temas todos arredor de como contribuír ao desenvolvemento de Ubuntu.

Ubuntu Open Week comezou o 28 de abril e rematará o 3 de maio. Pódese seguir o evento a través da seguinte canle do IRC #ubuntu-classroom. A axenda do evento está dispoñible na seguinte ligazón: Axenda de Ubuntu Open Week.

Para poder desfrutar deste evento debes usar o teu cliente de IRC (como xchat, irssi ou mIRC) para conectarte á rede Freenode IRC en irc.freenode.net...

Ler máis...


 
Os estudantes brasileiros utilizarán Linux Educacional 2.0 
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008
 Unha escola australiana alonga con KDE a vida de ordenadores anticuados

Linux EducacionalPreto de 52 millóns de nenos brasileiros empregarán Linux en horario escolar, grazas a iniciativa impulsada polo Ministerio de Educación de Brasil (MEC) para a instalación desta distribución nos laboratorios do país. Con este plan a entidade gobernamental márcase como obxectivo para este ano “un computador por alumno” e a instalación de 150.000 ordenadores con KDE e Linux.

O Linux Educacional 2.0 está baseado en Debian e inclúea KDE 3,5, KDE-Edu, KDE-Games e algunhas ferramentas de desenvolvemento. Ademais incorpora un novo lanzador de aplicacións que está situado na parte superior do escritorio de KDE, semellante ao AWN (Avant Window Navigator) , tamén usado polo gOS desktop .

Ler máis...


 
A nova versión de TYPO3 4.2 en galego 
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/logo-typo3.gifA semana pasada o proxecto TYPO3 publicou a súa última versión do xestor de contidos. O principal obxectivo da nova versión 4.2 é mellorar a usuabilidade, pero tamén inclúe novas características para os administradores e desenvolvedores. Esta liberación incorpora cambios substanciais no interface do backend de TYPO3 co obxectivo de facer máis amigable o seu uso.

A partires de agora TYPO3 virá coa tradución ao galego incorporada no propio proxecto grazas ao traballo de Igalia. Para configurar o CMS en galego pódense seguir as instrucións publicadas no blogue de Manuel Rego.

Algunhas das melloras incluídas son:
  • Interface do backend de TYPO3 redeseñada para ser máis amigable.
  • Última versión do editor de texto enriquecido “htmlArea” dando soporte para o navegador Safari.
  • O módulo “Template” inclúe un editor que resalta a sintaxe de TypoScript e o editor de constantes incorpora unha interface máis intuitiva.
  • Nova extensión para o sistema de login “felogin” que reempraza ao anterior “newloginbox” con máis opcións de configuración.
  • ... máis novidades
Ler máis...


 
Nova versión de Ubuntu 8.04 Hardy Heron LTS 
escrito por mancomun.org o Venres, 25 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngA nova versión de Ubuntu, a 8.04 LTS, con nome en chave "Hardy Heron" saíu oficialmente onte á luz. Para Mark Shuttleworth (blogue), o fundador de Canonical, con esta versión tiveron "o mellor ciclo de versionado da distribución desde o comezo da planificación hai xa un ano".

O estado actual da tradución ao galego desta nova Ubuntu é o seguinte:

Ítems a traducir: 411856
Sen traducir: 187828
 50.07% traducido e revisado,  0.73% changed,  3.59% novas traducións pendientes de revisar 45.61% sen traducir 

 

Esta nova versión, ademais de poder descargala desde a páxina oficial e outros mirrors, conta cun mirror moi cercano como é o de OUSLI (Ourense Software Libre). Entre outros, o mirror ofrece descargas de:

  • Ubuntu gutsy e hardy (i386):
    deb http://mirror.ousli.org/ubuntu main restricted universe multiverse backports proposed security updates
  • Debian etch (i386):
    deb http://mirror.ousli.org/debian main contrib non-free security
  • Fedora (i386, x86_64, sources)
  • CentOS (i386, x86_64, sources)
  • OpenOffice.org en galego
  • ...
Ler máis...


 
Axudas do IGAPE para proxectos en software libre 
escrito por mancomun.org o Venres, 25 de Abril do 2008

O Igape, mantendo a liña seguida estes últimos anos, inclúe dentro das súas axudas económicas para empresas galegas unha convocatoria de subvencións a fondo perdido para proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.

Para optar a estas axudas a peme desenvolvedora debe presentar un proxecto de parametrización dunha aplicación de xestión empresarial libre (con licenza GPL, LGPL, MPL ou BSD). Deberá contar coa participación de cando menos 5 empresas nas que desenvolverá a fase de ensaio e adaptación. Unha vez acadado o obxectivo desta fase procederá á implantación nestas empresas ademais de establecer un compromiso de cesión e adaptación gratuíta noutras 10 empresas galegas máis polo menos.

Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 33 - 48 de 2279

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement