Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
WordPress 2.7.0  
escrito por Mancomún o Xoves, 11 de Decembro do 2008

Unha nova actualización para WordPress , esta vez repleta de cambios e interesantes novidades.

http://mancomun.org/images/stories/wordpress-logo.jpgWordPress 2.7.0, "Coltrane", é unha actualización maior, que incorpora novas prestacións e melloras no deseño, tanto interno coma externo.

Esta actualización redeseña totalmente o panel de administración, incorporándolle múltiples e novas funcionalidades.

O Dashboard facilita a instalación de módulos, os bloques poden ser personalizados, e mesmo arrastrados e soltados...

A intención é facilitar o traballo ao usuario de Wordpress, para que este poida levar a cabo as tarefas máis comúns da forma máis rápida e cómoda.



Saiu Amarok 2.0  
escrito por Mancomún o Xoves, 11 de Decembro do 2008
Podemos ler en amarok.kde.org :

O mundo da administración da música dixital cambiou bastante dende o nacemento de Amarok fahttp://mancomun.org/images/stories/amarok-icon.pngi xa 4 anos e medio. Amarok 1 estableceu a súa reputación por innovación, pero manter o desenvolvemento co framework anterior volveuse máis dificil a medida que Amarok crecía, ás veces en formas que nunca imaxinamos. KDE4 trouxo moitas novas tecnoloxías e patróns de deseño, e decidimos usar esta oportunidade para mellorar o deseño orixinal de Amarok. Pensamos sobre como deseñar mellor un programa que nos permitiría estar á vangarda da administración de música dixital. Tamén buscamos distinguir Amarok nun saturado mercado de reprodutores de música. Para conseguir isto tomamos as mellores ideas da serie 1.x, e realizamos unha choiva de ideas sobre que facer para que os nosos usuarios "redescubriran a música". E así, o desenvolvemento comezou.
Agora, despois de 2 anos de desenvolvemento, estamos orgullosos de anunciar que Amarok 2 chegou. Pero esta chegada é só o comezo...

Ler máis...


III Xornadas de Software Libre en el FP Caixanova 
escrito por Mancomún o Xoves, 11 de Decembro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpgVisto na páxina de "OUSLI":

"OUSLI, de novo, volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 19 de Decembro.

Nos próximos días publicarase o programa final das Xornadas."

Polo de agora só está dispoñible o cartel da xornada, da cal Mancomún participa como patrocinador....

Ler máis...


Google Native Client: Aplicacións x86 no navegador  
escrito por Chamán o Mércores, 10 de Decembro do 2008

Logo de GoogleGoogle anunciou o lanzamento de Native Client, que permite encaixar aplicacións x86 nos navegadores.

Native Client é unha tecnoloxía libre e experimental para executar código nativo x86 nas aplicacións web, co obxectivo de manter a neutralidade nos navegadores, a portabilidade entre sistemas operativos e a seguridade que se espera das aplicacións web.

Ler máis...


Publicado Thunderbird 3 Beta 1  
escrito por Mancomún o Mércores, 10 de Decembro do 2008
Thunderbird 3 Beta 1 é unha publicaciThunderbirdón previa do que será a seguinte gran versión de Thunderbird. Está dispoñible para probas, e está dirixida a os desenvolvedores e á comunidade que queira axudar coas probas. 

Esta versión, tal como din na nota de lanzamento , non representa o producto final. Algunhas das características (que logo veremos) son aínda moi experimentais, e seguramente cambien antes da versión final. Pode que teñan bugs, e potencialmente poderían causar perdas de datos nos perfiles(datos de configuración, preferencias, e no correo descargado). Recoméndase que non se use o Thunderbird 3 beta1 nun contorno de produción.

Ler máis...


Curso de Pidgin no Concello de Sada 
escrito por touriño o Mércores, 10 de Decembro do 2008
Rede de DinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un cursos sobre o programa libre de mensaxería instantánea, Pidgin, no Concello de Sada entre os días 15 e 16 de decembro.

O obradoiro, que se impartirá o luns e o martes en horario de 9 a 11 horas, está orientado á poboación en xeral co propósito de acadar que, ao remate deste, os asistentes sexan capaces de utilizar esta aplicación para comunicarse en tempo real empregando unha conversa escrita. Para isto desenvolverase unha metodoloxía didáctica activa, dinámica e participativa atendendo ás características de cada colectivo.

Ler máis...


Mozilla mellora a seguridade e velocidade na nova versión beta do Firefox 3.1 
escrito por Mancomún o Mércores, 10 de Decembro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.png O motor de Javascript TraceMonkey e as melloras de seguridade na navegación son as grandes melloras que presenta o Firefox 3.1, do cal se presentou unha nova beta este luns. Esta é a segunda beta da futura versión do Firefox 3.1. A anterior versión beta saíu fai unhas sete semanas.

"Non acabaron de pasar 6 meses desde que lanzamos Firefox 3; e hai que ter en conta que a web evoluciona realmente moi rápido, polo que nos tamén. Incluso antes do lanzamento da versión 3, xa estabamos traballando na seguinte versión", dixo Mike Beltzner, director de desenvolvemento de Firefox.

Coa saída de Firefox 3, o navegador conseguiu un aumento drástico do seu rendemento con respecto á versión 2, e o mesmo pasará coa versión 3.1 con respecto á versión 3...

Ler máis...


"Vantaxes do Software Libre para as Pemes" por AGASOL na Confederación de Empresarios de Pontevedra 
escrito por Mancomún o Martes, 09 de Decembro do 2008

agasolVisto en Agnix.org :
"Baixo o título “Vantaxes do Software Libre para as Pemes“, a CEP (Confederación Empresarial de Pontevedra) acollerá a seguinte xornada de difusión de AGASOL para presentar o SwL.

O evento terá lugar o dia 17 de decembro ás 17 hs na sede da CEP (Avda García Barbón nº 104 Andar 1º, Vigo) ten como obxectivos presentar as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para a contorna empresarial (redución de custos, independencia de fornecedores, uso de estándares…), e maila súa viabilidade de implantación nas Pemes. Dar a coñecer casos de éxito da implantacións do SwL en empresas e gobernos.

Na web da CEP pódense obter o díptico do evento e mailo formulario de inscrición."



Vibuntu: Linux para persoas con problemas visuais 
escrito por Mancomún o Martes, 09 de Decembro do 2008

OrcaQue o Software Libre persiga a masificación do uso das TIC é un feito que ninguén pode negar, pero a idea detrás de Vibuntu vai un pouco máis aló integrando a quen posúen algún tipo de problema coa visión.

Vibuntu 1.0 é unha distribución que se basea en Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex) e que integra unha serie de ferramentas que buscan axudar ás persoas con dificultades visuais, como o lector de pantalla Orca ou unha aplicación que permite aumentar o tamaño da pantalla, todo isto controlado por medio dun conxunto de teclas.

Vibuntu pódese utilizar directamente desde un pendrive USB ou nun LiveCD e vén en dúas versións: unha versión 2D para ser instalada en calquera computador e unha versión 3D que require dunha tarxeta gráfica máis potente...

Ler máis...


Charla para a difusión sobre Software Libre en Arzúa 
escrito por touriño o Martes, 09 de Decembro do 2008
O Grupo de Usuarios de Software Libre (GGUL) de recente creación, a Asociación de Software Libre de Melide (MeLiSA), comeza a súa andaina organizando unha charla para a difusión do Software Libre o vindeiro 18 de decembro no Concello de Arzúa.

O encontro versará sobre as tecnoloxías abertas e terá unha duración dun total de 3 horas, as cales se impartirán entre as 19 e as 22 horas do xoves. A charla está enmarcada dentro das actividades promovidas dende a Rede de Dinamización da Sociedade da Información e terá como dinamizadora Olalla Calvelo Rico, con que se poderá contactar para máis información sobre o curso.

Ler máis...


Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 65 - 80 de 2906
Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...