escrito por Mancomún
o Martes, 11 de Novembro do 2008
Despois dunha longa espera e moitos intentos de ter un 'toolkit' unificado para o manexo do estándar ODF (OpenDocument Format), IBM e Sun Microsystems anunciaron na OpenOffice.org Conference 2008 o lanzamento de ODF Toolkit, unha nova iniciativa que unificará todos os esforzos despregados ao redor de ODF.
O ODF Toolkit proverá de bibliotecas que permitirán o desenvolvemento de aplicacións compatibles co estándar ODF. O rango de proxectos que están dispoñibles no ODF Toolkit vai desde ferramentas pequenas que simplifican o uso de ODF no desenvolvemento de software, hasta grandes aplicacións Java e .NET de validación de ODF...
escrito por Mancomún
o Luns, 10 de Novembro do 2008
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza - Mancomún, convida ao empresariado TIC a participar nunha xornada de traballo sobre a Implantación de solucións libres para a PEME galega.
O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 13 de novembro de 2008 coa seguinte axenda:
16:00 - Presentación do evento a cargo de Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
16:45 - Demostración do prototipo da Intranet da PEME.
17:00 - Sesión de traballo co empresariado TIC.
Por motivos de aforo requírese que as empresas interesadas en asistir o notifiquen mediante un correo electrónico a eventos @ mancomun . org antes do día 11 de Novembro para poder confirmarlles a asistencia.
escrito por Mancomún
o Luns, 10 de Novembro do 2008
"enfeitizador" avísanos de que acaba de rematar a tradución das liñas do programa Celtx. Para facer a tradución contou coa axuda doutros dous usuarios Tblijo e Ana3tri.
A tradución de Celtx fíxose a través do seguinte wiki: http://wiki.celtx.com e foi enviada posteriormente ao enderezo de correo que se menciona no wiki.
Sobre Celtx dicir que é unha ferramenta libre que permite xestionar todo o proceso de preprodución dunha película, curtametraxe, videoclip ou calquera outra obra audiovisual. Está pensado para que produtores e guionistas poidan realizar a planificación, o guión, o storyboard de xeito conxunto a través da rede e publicalo nunha web pública ou privada coa fin de promover o proxecto e compartir ideas.
escrito por Mancomún
o Luns, 10 de Novembro do 2008
Visto na páxina da Rede de Dinamización: "A Rede de Dinamización da Sociedade da Información e o Centro Comarcal de Valdeorras, en colaboración con Mancomún, organizan un curso de Contabilidade que comezará o día 24 de novembro no Barco de Valdeorras.
Dito curso de Contabilidade dará comezo o día 24 de novembro e se prolongará até o día 18 de decembro, de luns a xoves en horario de 20:00h a 22:00 horas na Academia Epsilon, Rúa Eloy Rodríguez 57 - Baixo (fronte á Estación de Renfe).
Con esta actividade preténdese que os/as asistentes adquiran uns coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a cabo a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contable e analizando os resultados e balances empregando ferramentas libres como é Facturalux..."
escrito por touriño
o Luns, 10 de Novembro do 2008
Os electores do país sudamericano usaron máquinas de votación con software libre, que se poden probar mediante un simulador na web
Máis de 120 millóns de habitantes do Brasil votaron nos recentes comicios locais, en primeira e segunda volta, de xeito electrónico, como levan podendo facer dende hai unha década. Pero a principal característica das máquinas de votación é que funcionan mediante Linux.
O feito de usar software libre posibilitou que expertos informáticos de cada partido puidesen previamente controlar e revisar todo o software da máquina, da que se distribuíron 430 mil unidades por todo o país.
Os dispositivos comezaron usando o sistema operativo VirtuOS, dende 1996, pero, por problemas de licenzas, pasáronse no ano 2002 ao Windows CE. Finalmente, en 2004 decidiuse reducir custos e pasarse a Linux. As próximas previsións son que se poida identificar o votante mediante as súas pegadas dixitais nos comicios de 2012.
escrito por touriño
o Luns, 10 de Novembro do 2008
Un litixio entre un profesor ruso e a empresa Microsoft aceleraron o proceso de implantación de SwL por parte da Administración rusa
O responsable da carteira de telecomunicacións e medios de difusión da federación rusa, Igor Shchyogolev, anunciou recentemente a definitiva implantación do software libre en todas as escolas rusas durante a sesión plenaria referente a “Sociedade da Información” da feira Infocom.
A decisión remóntase a comezos de ano, cando un litixio entre un profesor dunha escola remota do país, acusado do pirateo do sistema Windows, e o xigante Microsoft, acabou desembocando en que a Administración rusa se decidira por anunciar a próxima instalación de paquetes informáticos non comerciais en todas as escolas.
escrito por Mancomún
o Luns, 10 de Novembro do 2008
Visto na páxina de GLUG: Un grupo de usuarios e desenvolvedores do proxecto Inkscape, patrocinados por Google e baixo o marco do proxecto FLOSS Manuals, crearon un manual completo liberado baixo licenza GPL sobre esta completa ferramenta de deseño vectorial.
O programa do evento pódese consultar na seguinte ligazón: Programa da Ludus Party .Net 2008 e está dividido nas seguintes seccións:
Xogos
Arte dixital
Hardware
Software Libre
Outros
Dentro da programación, no apartado de software libre atopamos o "Real Time Battle" que é un xogo de intelixencia artificial no que se debe programar o comportamento dun robot para que loite contra outros, programados á súa vez por outras persoas.
escrito por Mancomún
o Venres, 07 de Novembro do 2008
Unha entrevista realizada na recente OSWC (Conferencia Internacional de Software Libre) en Málaga co gallo da presentación a nivel estatal da versión 1.1 de GALPon MiniNo: