|
escrito por jchaves
o Martes, 18 de Novembro do 2008 |
|
O goberno de Noruega prometeu unha inversión para promover o uso no sector público de OpenOffice.org, co fin de reducir a súa dependencia dos programas proporcionados por outras empresas.  A ministra de Administración e Reforma Pública, Heidi Grande Roeys, dixo que concedería o equivalente a 285.000 $ ao centro nacional de programas libres, co fin de adaptar e promover OpenOffice.org para o seu uso na elaboración de informes públicos, contabilidade e arquivos. "Desexo un aumento na competencia no mercado dos programas para oficinas. OpenOffice.org é unha boa alternativa aos programas propietarios nesta área", afirmou. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Martes, 18 de Novembro do 2008 |
|
Xa está dispoñible a versión 2.3 do motor e a versión 2.2 dos módulos de Facturación e Contabilidade de AbanQ, un software libre con licenza GPLv2, anteriormente coñecido como FacturaLUX, orientado a ofrecer solucións ás empresas de tipo ERP (planificador de recursos), CRM (relacións con clientes), MRP (produción), comercio electrónico, facturación, financeira, almacén, etc. Aínda que todo o software de AbanQ é GPL, só están dispoñibles para a súa descarga gratuíta o motor 2.3 e os módulos 2.2. Para conseguir o resto dos compoñentes hai que compralos (ou conseguir que alguén que os teña regálechos, a GPL permite iso). Os módulos oficiais 2.3 de facturación e financeira (sen extensións), por exemplo, custan 49 euros. Os módulos especiais para empresas son algo máis caros. Un exemplo de que é posible establecer modelos de negocio de software libre baixo pago... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Martes, 18 de Novembro do 2008 |
|
Os desenvolvedores de Mozilla deixarán de dar soporte para a familia de navegadores Firefox 2.0.0.x, a anterior xeración deste desenvolvemento que conviviu con Firefox 3 durante meses e cuxo soporte oficial chega ao seu fin. De feito, ese fin de soporte baséase no fin do proxecto Gecko 1.8, o motor de render no que se baseaban non só Firefox 2.x, senón tamén outras aplicacións como Thunderbird ou Camiño. A chegada de Firefox 3 en xuño e a súa rápida popularidade acelerou os acontecementos: probablemente algúns usuarios previos de Firefox 2.0.0.x pensaban que aguantarían máis co seu navegador "de sempre", pero agora Mozilla está a tratar de acelerar esa migración de Firefox 2 a Firefox 3 con avisos aos usuarios das versións previas. Iso non impediu, no entanto, que o navegador seguise actualizándose con parches de seguridade e correccións de certas características, como demostrou a recente actualización a Firefox 2.0.0.18 que Mozilla puxo a disposición dos usuarios. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Luns, 17 de Novembro do 2008 |
|
Kdenlive é un editor de vídeo non-linear para o escritorio KDE. Ademais, acaba de saír a versión 0.7 que é a primeira versión para KDE 4. Esta é unha primeira lista de melloras sobre a anterior versión de KDE 3: - Aumento considerable en todas as operación da liña de tempo.
- Captura desde diversas fontes: DH, HDV, webcam e pantalla
- Máis efectos e transicións
- Característica de desfacer completa con historial
- Mellor integración con KDE
Kdenlive permite a edición de múltiples formatos, máis concretamente todos aqueles que poida editar FFmpeg: DV, HDV, mpeg, avi, mp4, mov, flv, ogg, wav, mp3 e vorbis. Referido aos formatos de imaxe, pode traballar cos seguintes: gif, png, jpeg, xcf, exr, tiff e svg... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mar
o Luns, 17 de Novembro do 2008 |
|
MuseScore é un programa de notación musical libre multiplataforma, con licenza GNU GPL do que xa falamos hai tempo.
Esta aplicación está a ter un desenvolvemento activo e acadando unha importante comunidade. O pasado setembro publicouse a versión 0.9.3 da que, segundo as estatísticas de sourceforge, xa houbo unhas 10.000 descargas. Esta aplicación vén de ser traducida ao galego polo voluntario “Xosé” quen a enviou ao proxecto á espera de que a inclúan no programa e tamén a incorporou no noso wiki na lista de aplicacións dispoñibles en galego. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Luns, 17 de Novembro do 2008 |
|
Na aula do Centro da Rede de Dinamización da S.I. de Monteporreiro (concello de Pontevedra) comeza hoxe un curso de Writer, procesador de textos da suite ofimática OpenOffice.org).
O curso ten unha duración de 6 horas e comeza hoxe día 17 de novembro e remata o día 21 deste mesmo mes. O horario do curso é: luns, mércores e venres de 11:00h á 13:00h... Evento engadido á "Axenda de Eventos" de Mancomún... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Venres, 14 de Novembro do 2008 |
|
Os relatorios versarán sobre o actual marco legal da informática e a información, a fenda dixital, a política interna da USC sobre licenciamento de contidos, privacidade e protección de datos, e propiedade intelectual. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Venres, 14 de Novembro do 2008 |
|
A aplicación do gañador, así como o do resto de participantes, está accesible na Forxa de Mancomún O Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira, organizado pola empresa galega Igalia co respaldo da Consellaría de Innovación e Industria, a través de Mancomún, así como das tres universidades galegas, deu a coñecer o pasado mércores ao seu gañador tras a exposición de todos os proxectos finalistas e a resolución do xurado, o cal fallou a favor da aplicación desenvolta por Miguel Álvarez Úbeda, “Ferramentas de análises de redes”.
Este proxecto trátase dunha ferramenta que estende a funcionalidade de gvSIG para permitir facer cálculos de análise de calquera rede. Por exemplo, do que podería ser a rede de estradas, a rede eléctrica ou a rede de abastecemento de auga. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Xoves, 13 de Novembro do 2008 |
|
750 novos membros e doadores antes do 31 de xaneiro 
“O noso obxectivo é conseguir 750 novos membros e doadores antes do 31 de xaneiro, para axudarnos a financiar os nosos obxectivos para a campaña do 2009” Tal como contan na súa páxina : "Hoxe lanzamos a nosa campaña para recadar fondos de fin de ano para conseguir os nosos obxectivos no ano 2009 para a liberdade do software." |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Xoves, 13 de Novembro do 2008 |
|
Acaba de saír a versión 3.0.4 de Firefox que contén as seguintes actualizacións: Lista completa de problemas arranxados... Podes descargar o Firefox en galego desde as seguintes ligazóns: |
|
Ler máis...
|
|