|
escrito por touriño
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
O curso será impartido polo profesor Manuel Morán entre o 13 de xaneiro e o 03 de febreiro no IES Francisco Sánchez en Tui. Entre os contidos abordaranse estratexias para a migración a software libre do parque informático dun centro educativo e se informará sobre sistemas e aplicacións multiplataforma que propicien o coñecemento das tendencias de innovación e dos últimos desenvolvementos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Méixome
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
A Axencia de Comunicacións Educativas e Tecnoloxía británica (Becta), que vén sendo o corpo de goberno coa misión de xestionar "aprendizaxe fundamental para a próxima xeración" por primeira vez incluíu empresas provedoras de código aberto na súa lista de software oficial e de provedores de servizo para as escolas do país. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por touriño
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
Sun Microsystems acaba de liberar a versión final do seu sistema operativo libre derivado do código de Unix System V, que inclúe algunhas das características de calquera distribución GNU/Linux. OpenSolaris, desenvolvemento dirixido por Ian Murdock, fundador de Debian, libérase baixo licenza aberta Common Development and Distribution License Version 1.0 (CDDL). Segundo esta licenza, o código fonte está dispoñible e pode ser utilizado, copiado e redistribuído coa definición de software libre, aínda que non se plasmou de momento o uso de licenza dobre, que, coma se está a rumorear, afectaría á GPLv3 . |
|
Ler máis...
|
|
escrito por fjrial
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
|
Btrfs Está a piques de chegar xa ext4, a nova versión do sistema de ficheiros máis estendido no mundo GNU/Linux. No entanto, ext4 segue sendo un sistema de ficheiros "da vella escola" e non ofrece novas características como os "snapshots" en liña, versionado e máis cousas. Estas novas características si que son ofrecidas por ZFS pero non é unha opción para contornos GNU/Linux por motivos de licenciamento. Btrfs é un novo sistema de ficheiros que si prové estas características e que moitos desenvolvedores do Kernel de Linux piden que se inclúa no mesmo para acelerar o seu desenvolvemento. Durante o próximo ano espérase que se estabilice o formato de sistema de ficheiros e que publiquen unha versión beta para probas. oVirt oVirt é unha pequena imaxe dun servidor que prové servizos libvirt e que fornece máquinas virtuais. Ademais posúe un sistema de xestión baseado en web. O obxectivo deste proxecto é proporcionar ás empresas un servidor de máquinas virtuais listo para funcionar e que sexa capaz de manter desde grandes clústers cunha grande cantidade de máquinas virtuais ata configuracións moito máis simples... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Mércores, 03 de Decembro do 2008 |
Semella que a longa historia de demandas por parte da empresa SCO ao mundo linux achégase ao seu fin. O 7 de marzo do 2003, unha compañía chamada SCO Group fixo público que ían demandar a IBM por considerar que o xigante azul fixera contribucións ao núcleo de Linux con código da súa propiedade. En maio dese mesmo ano, os dirixentes de SCO comezaron a enviar cartas ás 1.500 corporacións máis importantes do mundo para advertirlles de que si utilizaban algunha distribución de GNU/Linux poderíanse ver involucrados en problemas legais con eles xa que estarían a atentar contra os seus dereitos de propiedade intelectual sobre o código orixinal de UNIX. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por itouriño
o Martes, 02 de Decembro do 2008 |
O martes día 2 de decembro, ás 13 horas no Salón de Actos do Centro de Investigación Biomédica (Campus da Saúde) terá lugar a presentación oficial da nova Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, despois de varios meses en funcionamento. Ao acto asistirán o vicerreitor do Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde (PTS), Ignacio Molina das Infantas; o xerente do PTS, Jesús Quero Molina; o delegado do Reitor para TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), José Luís Verdegay, e o director da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, o profesor Juan Julián Merelo Guervos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Martes, 02 de Decembro do 2008 |
|
Nesta páxina podemos atopar un interesante diagrama representando as diferentes capas e funcións do kernel. Dende aí, facendo zoom, e movéndonos polas partes que máis nos interesen, teremos ocasión de navegar por varias ligazóns, que nos levarán directamente a un sistema de navegación e busca no que poderemos consultar o código de linux, liña por liña, con abundantes ligazóns. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por fjrial
o Martes, 02 de Decembro do 2008 |
|
O centro da Rede de Dinamización da Sociedade de Información do Concello de Cuntis vai impartir un curso de iniciación á informática con GNU/Linux para persoas con diversidade funcional.
O curso comeza o día 9 deste mes e rematará o 15, e terá unha duración aproximada de 10 horas. Os obxectivos xerais do curso son que ao rematar, a persoa usuaria será capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas ...) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mar
o Luns, 01 de Decembro do 2008 |
 Gran parte das escolas cambodianas de educación secundaria está a empregar software libre grazas aos esforzos da organización non gobernamental Open Institute a través do proxecto KhmerOS. Este proxecto adícase a localizar ao idioma e escritura jemer aplicacións básicas como o OpenOffice.org, o Firefox ou o Thunderbird. Detrás da iniciativa está o aragonés Javier Solá , un informático que chegou a Cambodia en 2003 e que, á fronte de Open Institute, conseguiu facer máis accesible a informática á mocidade dese país asiático. Segundo conta el mesmo, conseguiron reducir "de 100 a 20 as horas necesarias para aprender informática, porque os mozos non teñen que memorizar conceptos noutro idioma e outra escritura como a do inglés, senón que traballan con nocións que xa coñecen". |
|
Ler máis...
|
|