1
306
Dende GALPon infórmannos da súa nova iniciativa a prol da difusión do hardware e software libre entre entidades educativas e formativas da provincia de Pontevedra.
Trátase da convocatoria dunha axuda en forma de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de automática ou robótica empregando hardware e software libre.
A colaboración ofrecida consiste de forma resumida na cesión do hardware libre necesario para o proxecto ademais do asesoramento técnico para o correcto desenvolvemento. Se o proxecto acada os seus obxectivos o equipo recibirá un premio en metálico de 300€.
Orixe
A orixe desta idea vén do alto interese amosado polo hardware libre a raíz da celebración dos «Sábados Libres na Altamar» adicados a Arduino e a RaspberryPi organizados por GALPon. Dende GALPon, viron que este tipo de proxectos pode ser unha boa forma de chamar a atención dos mozos e a través deles achegalos ao Software Libre e aos conceptos da cultura libre en xeral.
Dado que un dos principais obxectivos da asociación GALPon é fomentar o emprego das tecnoloxías libres e apoiar o desenvolvemento en base á liberdade, tal e como preconiza a Free Software Foundation (FSF), decidiron embarcarse nesta nova andaina poñendo ao alcance dos mozos os coñecementos e ferramentas necesarias.
[Ler máis]
5
191 A Asociación GPUL vén de unirse aos patrocinadores da VI edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre cunha achega de 750€ que se unen aos 1.500€ que achega o CIXUG. Desta forma o gañador desta edición do premio recibirá 1.500€ e o proxecto recoñecido co accésit recibiría 750€.
Ambos patrocinios forman parte das actividades que o CIXUG e a asociación GPUL realizan con cargo aos respectivos convenios de colaboración asinados coa AMTEGA para a promoción e difusión do Software Libre en Galicia, no marco do Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia.
Dende a asociación GPUL queren contribuír deste xeito a aumentar o atractivo do premio para os posibles participantes, co obxectivo de que o número e a calidade dos proxectos presentados sexa maior.
Agardamos que os estudantes que estean en proceso de desenvolvemento do seu Proxecto de Fin de Carreira ou Fin de Grao, vexan que a elaboración do mesmo seguindo a forma de traballo das comunidades de software libre e seleccionando unha licenza libre para o seu proxecto pode permitirlles participar neste premio e recibir unha boa compensación económica polo seu traballo. Ademais serviralles tamén para que todos os participantes reciban o recoñecemento público do seu bo traballo, o que indirectamente pode permitirlles acceder a postos de traballo mellor valorados nun mercado laboral cada vez máis competitivo, onde a meritocracia e o recoñecemento son unha boa diferenciación co resto de competidores laborais.
[Ler máis]
5
223
A asociación GPUL organiza para este mércores día 12 de xuño un hacklab de iniciación ao desenvolvemento en Qt e KDE.
O obradoiro celebrarase no laboratorio 0.4w da Facultade de Informática da UDC a partir das 17:30 cunha duración aproximada de dúas horas.
O hacklab consiste nun encontro informal similar a un grupo de traballo para aprender e traballar todos xuntso sobre unha mesma tecnoloxía. Nesta ocasión o evento xirará en torno á programación de aplicativos para o contorno de escritorio KDE, onde se explicarán as bases técnicas do desenvolvemento en C++ e en python de aplicativos con Qt e kdelibs.
[Ler máis]
2
341 O vindeiro 22 de Xuño, vaise celebrar en Bouzas (Vigo) a versión española da Geocamp, unha xornada sobre temas "xeo" e software libre que se ven celebrando dende hai 3 anos en Portugal, en formato desconferencia que é organizada por un grupo de xeoinquedos galegos e a asociación GHANDALF.
Trátase dun día para o intercambio de experiencias, coñecementos e valores en torno a todo o que teña que ver con temas xeo e software libre, como localización, mapas, mapas sociais, programación, servizos na nube, usabilidade, deseño, ou calquera outro que xurda.
A orixe desta xornada vén dunha das participacións dalgúns dos membros dos grupos organizadores na Geocamp do ano 2012 en Campo Maior (Portugal). Logo desta participación, sabedores do cada vez maior interese en Galicia sobre este tipo de tecnoloxías, onde se está a vivir un certo movemento de xente con grandes inquedanzas sobre estes temas e onde están a aparecer grandes profesionais do sector que falan Galego e que participan en proxectos e xornadas de carácter nacional e internacional, xurdiu a idea de crear un evento no que compartir experiencias e coñecemento sobre temas “xeo” e software libre en Galicia.
[Ler máis]